O Poio Pescamar anuncia a renovación de Laura Uña e Elena González para a campaña 2023-24. Luis López-Tulla seguirá á fronte do banco pero non contará coa achega de Kevin. A entidade conserveira anunciou a baixa de Dupuy.
Elena González de Pablos permanecerá para a próxima tempada nas filas vermellas. “A porteira de 24 anos callou unha magnífica campaña alternándose coa cancerbeira Sandra Buzón, unha sana competitividade que deu os sus froitos ó club”, apuntan desde o Poio Pescamar ao falar do papel de Elena González neste último curso.
“A segoviana contribuíu de forma esencial para que fósemos o equipo menos goleado do curso, un fito histórico para a entidade conserveira. Sen esquecer que tamén anotou un gol. Grande Elena, exemplo de profesionalidade!”, apuntan desde o Poio Pescamar.
No caso de Laura Uña o Poio Pescamar salienta que “despois do magnífico rendemento mostrado nun curso de tan alto nivel, toda nova debía pasar pola continuación de Laura Uña Canales defendendo a camisola vermella un ano máis (polo menos). A cántabra, de 26 anos, rematou a competición como a nosa máxima goleadora, con 19 tantos en liga, 1 en Copa da Raíña e 1 en Copa Galicia”.
Luis López-Tulla confirmado á fronte do banco do Poio Pescamar para a campaña 2023-24