• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

Vigo acollerá o European Féile 2024 con ata cinco equipos galegos dun total de 11

Boqueixón, Esquíos F.G., IES Xelmírez I, Keltoi Montecastelo e O Resío Turonia xogarán este gran torneo europeo nas categorías infantil e cadete

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
25/04/2024
en Máis fútbol, Fútbol
Féile fútbol gaélico 2023 / AGFG

Féile fútbol gaélico 2023 / AGFG

204
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • Neste European Féile haberá equipos chegados de cidades como: Berlín, Vannes, Luxembourg, Basel e Bruselas ademais dun combinado europeo, o GGE Team
  • Esta cita deportiva inclúese no proxecto ‘Gaélico Escolas PuntoGal’ que busca a divulgación e formación desta modalidade entre os nenos e nenas

Este sábado, 27 de abril, o Campo de Montecastelo, no Concello de Vigo, acollerá o European Féile de fútbol gaélico 2024 nas categorías infantil e cadete mixtas. Neste torneo participarán 11 equipos chegados a Galicia desde diferentes puntos do Continente. Cinco deses clubs son galegos.

Tres das catro provincias galegas terán representación neste European Féile de fútbol gaélico 2024. Nesta competición farán parte os equipos: Boqueixón (Boqueixón – A Coruña), Esquíos F.G. (Toén – Ourense), IES Xelmírez I (Compostela – A Coruña), Keltoi Montecastelo (Vigo – Pontevedra) e O Resío Turonia (Vigo / Gondomar – Pontevedra). Todos eles estiveron competindo no torneo Pre – Féile que acolleu hai unhas semanas o Concello de Boqueixón.

O European Féile chega a Galicia para a disputa da súa terceira edición, logo das levadas a cabo en Bretaña  (2022) e Berlín (2023), e o escenario escollido para o desenvolvemento da acción foi o Colexio Montecastelo (Vigo), até onde se desprazarán numerosos combinados europeos.

Berlín, Vannes, Luxembourg, Basel e Bruselas serán as cidades europeas representadas neste torneo, acompañadas do GGE TEAM (Gaelic Games Europe), un combinado conformado por nenos e nenas de diferentes clubs de toda Europa.

Todos estes equipos encadraranse en 3 grupos diferentes, medindo o diferente nivel dos conxuntos:

GRUPO A GRUPO B GRUPO C
Keltoi Brussels Resío
Berlín Xelmírez GGE TEAM
Vannes Basel Esquíos
Luxembourg Boqueixón

 

Formato de competición do European Féile de fútbol gaélico 2024 

O torneo xogase integramente en Montecastelo, Vigo. Para a fase de grupos pártese o campo de fútbol 11 en 2 campos de fútbol 8, e para as fases finais xogase no de fútbol 11, pero reducido (de área a área).

Os partidos disputaranse entre equipos de 7 xogadores cada un en formato liga, todos contra todos (dentro dun mesmo grupo)  a unha soa volta. A vitoria valerá tres puntos, o empate 1 punto e a derrota 0. Esta fase de grupos comezará ás 9:45 horas e terminará sobre ás 14:00 horas.

Unha vez rematada a fase de grupos terán lugar os cruces posteriores que dependerán da clasificación de cada equipo. O cadro de equipos e horarios é o seguinte:

PITCH A
Horarios comezo Partidos
9:45 Keltoi – Berlín
10:15 Resío – GGE TEAM
10:50 Brussels – Boqueixón
11:20 Keltoi – Vannes
11:50 Esquíos – Resío
12:25 Brussels – Basel
12:55 Keltoi – Luxembourg
13:25 GGE TEAM – Esquíos
14:00 Brussels – Xelmírez

 

PITCH B
Horarios comezo Partidos
9:45 Vannes – Luxembourg
10:50 Basel – Xelmírez
11:20 Berlin – Luxembourg
12:25 Boqueixón – Xelmírez
12:55 Vannes – Berlín
14:00 Basel – Boqueixón

Tras a finalización da fase de grupos, ás 14:45 horas terá lugar a fase final.

Xogarase en primeiro lugar as semifinais Shield entre os primeiros e segundos do grupo C contra os terceiros clasificados dos grupos A e B. A continuación terá lugar o partido de consolación entre o terceiro clasificado do C cunha amalgama dos grupo A e B. Para rematar, disputaranse as semifinais restantes entre os primeiros e segundos dos grupos A e B.

Estes enfrontamentos darán uns vencedores da semifinal Shield, que xogará a final ás 16:45 horas e, unha final das outras semifinais, que rematará, ás 17:15 horas, co gañador do torneo.

Dado que estamos ante unha cita de deporte base, esta parte de convivencia con xogadores e xogadoras, que veñen de diferentes países, cobra unha especial relevancia. A competición, sendo importante, pasa a un segundo plano nestas idades nas que é importante compartir xogos, vivencias e a práctica deportiva con outras persoas. Esa promoción de valores está no xermolo do proxecto ‘Gaélico Escolas PuntoGal’.

Gaélico Escolas PuntoGal

O torneo European Féile intégrase no proxecto ‘Gaélico Escolas PuntoGal’ que nace á procura de formación e divulgación desta modalidade deportiva entre a rapazada.

Conscientes da importancia que isto ten na continuidade e supervivencia de calquera modalidade deportiva, o obxectivo principal deste proxecto que patrocina PuntoGal é fomentar a práctica do fútbol gaélico entre as nenas e nenos que se atopan en idade escolar, promovendo os valores que leva intrínsecos este deporte e formando futuros xogadores e xogadoras.

Exerce como anfitrión deste European Feile a Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) é o organismo regulador oficial do fútbol gaélico en Galicia, dende a súa aprobación oficial na convención Europea dos deportes gaélicos en decembro de 2013, o cal garántelle de carácter oficial internacional recoñecido polo máximo órgano, a Gaelic Athletic Asociation (GAA).

Boa parte das actividades da AGFG intégranse dentro da RFGF (Real Federación Galega de Fútbol).

PuntoGal é un dos patrocinadores da AGFG que ademais emprega na súa web o dominio www.gaelicogalego.gal.

Etiquetas Asociación Galega de Fútbol GaélicoEuropean FeileFútbol Gaélico
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Seleccións Galegas de fútbol gaélico nos World Games 2026 desfile / AGFG

Galicia regresa dos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con tres trofeos

por Redacción As Nosas
17/07/2026
0

Tres dos catro equipos que presentaba Galicia aos World Games 2026 de fútbol gaélico conseguiron cadansúa final. Pablo da Silva,...

Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

por Redacción As Nosas
11/07/2026
0

Galicia participará con dúas seleccións masculinas e outras tantas femininas en Waterford (Irlanda) na competición internacional máis importante do calendario...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

Foto de arquivo da copa galega 2026 feminina / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO

O municipio de Xove acolle á I Celtic Cup U17 de Fútbol Gaélico

por Redacción As Nosas
03/07/2026
0

Trátase da primeira competición desta categoría de base do fútbol gaélico en territorio galego. Unha alerta vermella por altas temperaturas...

Lugh e Estrela Supernova, campións do torneo Feile 2026 de fútbol gaélico- AGFG

Lugh e Estrela Supernova, campións de Europa de fútbol gaélico en categoría cadete

por Redacción As Nosas
05/05/2026
0

  O conxunto masculino do Lugh GAA e o feminino da Estrela Supernova acadaron a vitoria no torneo de base...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade
Plugin Install : Widget Tab Post needs JNews - View Counter to be installed
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Baxi Ferrol no encontro fronte o Pozuelo / BAXI FERROL

O Baxi Ferrol e o Celta Zorka Recalvi acadan sendos triunfos na novena xornada da Liga Feminina 2 de Baloncesto

0
CRAT Residencia Rialta contra o CR Olímpico de Pozuelo na 6 xornada de liga

O CRAT segue invicto e axexa os postos de ‘play off’

0
Falas Dépor / RCD

‘Falas Dépor’, unha serie de conversas arredor dun RC Deportivo que é moito máis que fútbol

13/11/2026
Podio da proba do Superprestixio Ciclocross no Porriño / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO - LUZ IGLESIAS

Rebeca Fontela e Néstor Frías asaltan o Superprestixio na dobre xornada vivida esta fin de semana no Rosal e no Porriño

10/11/2026
Minuto de silencio en memoria de María del Carmen Díaz, socia nº 49 do RCD, e Jesús de Miguel, futbolista do CD Tenerife, antes da disputa do partido Dépor ABANCA vs Valencia CF Femenino, Liga F, partido disputado no Estadio ABANCA - Riazor / S.M.

Infortunio para o Dépor ABANCA que non atina co gol e acaba derrotado en Riazor ante un Valencia que colle folgos (0-2)

10/11/2026
A Carreira Popular San Martiño celebrase en Ourense / FGA

Máis de 11.000 participantes na Carreira Popular do San Martiño en Ourense

09/11/2026
Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.