Que é As Nosas?

As Nosas é un xornal deportivo pensado para darlles o protagonismo que reclaman e merecen as mulleres no deporte en Galicia. É un medio no que as mulleres son as protagonistas e que está dirixido a toda a sociedade galega, non só segmento feminino. Creemos que o deporte ten un público desexoso de consumir información máis aló do xénero de quen o practique.

Nacemos en soporte dixital e contamos con presenza activa en diferentes redes sociais como Twitter, Facebook, Instagram ou YouTube.

Dende a nosa liña editorial pretendemos aportar unha clara visión de xénero que fomente na sociedade valores de igualdade, sororidade, respecto, superación, competitividade sá, e práctica do deporte dentro duns hábitos de vida saudables.

As Nosas quere ser o xornal do deporte feminino en Galicia.

Pretendemos ofrecer información profesional e rigurosa nun eido informativo, o deporte feminino, que está a gañar pulo, pero segue a carecer da suficiente visibilidade. As Nosas pretende encher ese baleiro poñendo en valor as actividades deportivas que se fan na nosa comunidade. Todo iso resúmese en tres ideas:

  • Informar.
  • Visibilizar.
  • Empoderar.

Nos tempos nos que vivimos a muller está presente en diferentes ámbitos do deporte asumindo diferentes papeis e roles. Elas son:

  • Seareiras.
  • Directivas.
  • Xuízas.
  • Adestradoras.
  • E por suposto, deportistas.

Méritos deportivos que precisan visibilidade

Non pensemos só na elite. É certo que aumenta o número de licencias competitivas, pero tamén se rexistra un crecemento na práctica deportiva cotiá. Con todo, os resultados das nosas deportistas son cada vez máis reseñables tanto no ámbito estatal coma no galego. En eventos deportivos coma mundiais, europeos ou XX.OO. as deportistas amosan que, a pouco que se aposte por elas, a súa progresión é enorme.

Reclaman visibilidade e o certo é que é de xustiza dárllela, por compromiso, pola necesidade de concienciar sobre a igualdade en todos os ámbitos da sociedade, e porque ademais son noticia e hai que contalo.

 

En As Nosas queremos falar das mulleres galegas no deporte por algo moi sinxelo: son noticia.

Se ti tamén consideras que é tempo de coñecer máis e mellor o papel da muller no deporte en Galicia, tes chegado ao sitio idóneo. Esta web está pensada para persoas coma ti. Benvido/a!

Súmate Ás Nosas!