• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

Almudena Quereda é a mente detrás deste proxecto, que ten como obxectivo visibilizar á súa vida como nadadora discapacitada

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
22/01/2022
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

3k
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

No 2019, tan só uns meses antes do inicio da pandemia, a vida de Almudena Quereda deu un xiro. Un accidente fixo que lle tiveran que amputar media perna por debaixo do xeonllo e reconstruír a parte dereita do corpo, pero a base de actitude e a través do deporte, a coruñesa segue a recuperarse e é un exemplo de superación con A de Atenea.

Enxeñeira de camiños e agora tamén nadadora, Quereda adestra no CN Liceo ás ordes dun adestrador do talle de Jesús de la Fuente, preparador da internacional María de Valdés e o paralímpico Jacobo Garrido.

Fóra da piscina, Almudena é a creadora do proxecto @a_de_atenea, un perfil de Instagram onde baixo tres piares da visibilidade á súa nova vida.

Almudena Quereda / ALBA DEIBE
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A natación, un deporte sen limitacións

O período de recuperación de Almudena Quereda comezou á vez que a pandemia de COVID-19, e ela mesma sinala que “o proceso físico como mental de recuperación está sendo moi duro. Agora estou moito mellor”.

Como parte desta rehabilitación, a coruñesa retomou a natación, que antes practicaba por ocio, e na piscina “empecei a ver que na auga non tiña a limitación da perna e que de mellor ou peor maneira avanzaba”.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Almudena Quereda (@a_de_atenea)

@a_de_atenea

Co inicio da pandemia e as corentenas, Almudena Quereda estaba aínda dando comezo ao seu proceso de rehabilitación, nun contexto no que a saúde mental saltou á palestra.

“A raíz da COVID comezouse a falar de problemas de motivación, de saúde mental, de que a xente o pasaba mal e ese é un proceso polo que pasei. Aínda non estou totalmente recuperada, pero entendo de motivarme día a día para seguir adiante e de ter que levantarme e dicir: “Esta é a miña nova vida, con novas circunstancias, que foron así impostas”. Entón empecei a pensar en como axudar a outras persoas a raíz da miña experiencia”, recorda a nadadora sobre aqueles meses.

Almudena Quereda / ALBA DEIBE
Almudena Quereda / ALBA DEIBE

Así foi como naceu A de Atenea, nome que recibe a súa conta de Instagram, pero tamén o seu xeonllo. “Cando me apuntaron a perna dereita o equipo de traumatoloxía do CHUAC díxome que ían apuntala por riba do xeonllo e o equipo de ciruxía plástica dixo que como era xove, que ían intentar facelo por debaixo. Ter ou non xeonllo cambia a vida, pero a perna estaba moi moi dañada. Cando entrei na operación, non sabía se ía sair con xeonllo ou sen el e cando espertei na sala de rehabilitación, que é completamente branca, víñome á mente o Olimpo dos deuses e acordeime de Atenea, que é a deusa da sabiduría e a estratexia en combate”, explica Almudena Quereda.

Almudena Quereda: “Cando espertei na sala de rehabilitación, que é completamente branca, víñome á mente o Olimpo dos deuses”

No momento, por mor da anestesia, a coruñesa non sabía se tiña xeonllo ou non, pero tomou a decisión de que, se o tiña, chamaríalle Atenea. “Ademais, o meu nome é Almudena, polo que o A é o compoñente de Atenea, Almudena e actitude. Engloba as tres partes”, apunta.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Almudena Quereda (@a_de_atenea)

Os tres piares de Atenea

Coa conta de Instagram creada, Almudena Quereda apostou por dividir o seu feed, ou as publicacións do seu perfil, en tres ramas: reflexións “con frases propias ou que me inspiran”, ioga “que me axudou a rehabilitar o meu corpo para adquirir flexibilidade e forza” e natación “porque foi o meu salvoconducto”.

Así, instantáneas na piscina altérnanse con frases motivadoras e posicións de ioga nunha rede social que para a nadadora do Liceo serviu de ponte para chegar a máis persoas.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Almudena Quereda (@a_de_atenea)

“Instagram paréceme unha ferramenta coa que podes contactar con persoas de todo o mundo, dunha maneira moi sinxela e que ten os teus mesmos intereses”, sinala. Co seu perfil, Quereda quere “axudar a outros e relacionarme con xente cos meus mesmos intereses, xa sexa no mundo da natación ou do ioga”. 

Un proxecto de superación e inclusión, 100% coruñés

A de Atenea é un proxecto con alma coruñesa. Así mesmo o define a propia Almudena Quereda, que traballa por facer medrar esta iniciativa, pero precisa de axuda externa.

No relativo ás subvencións, a deportista explica que “estou pendente de cara ao 2022 da FEGAN ou do Concello da Coruña, que xa lles pasei un dossier de patrocinios e dixéronme que para o orzamento do 2022 seguramente si recibiría algún tipo de axuda”.

Iso desde o ámbito público, xa que co privado, Quereda está en negociacións: “Estou negociando con empresas galegas e coruñesas para que apoien o meu proxecto como un proxecto de superación e inclusión de persoas discapacitadas e do deporte como forma de rehabilitación. Nos tempos que corren e na pospandemia é algo que se viu que é moi necesario e saudable”, apunta.

Etiquetas A CoruñaA de AteneaAlmudena QueredaCN Liceodeporte adaptadoNATACIÓN
Comparte12Chía8
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

'Maiores en Plena Forma', un programa de envellecemento activo / CONCELLO DA CORUÑA

‘Maiores en Plena Forma’ fomenta o envellecemento activo na Coruña

por Redacción As Nosas
23/10/2025
0

  O Concello da Coruña activa o programa 'Maiores en Plena Forma', con actividades gratuítas en 15 centros A Concellería...

María Nogueira, xogadora das Celtas / RC CELTA DE VIGO

As Celtas dobregan As Nosas deportivistas na Madroa e levan o duelo de rivalidade Vigo – Coruña do futfem galego (1-0)

por Redacción As Nosas
14/10/2025
0

As Celtas impuxéronse pola mínima ante un Dépor Abanca B que aguantou o primeiro tempo pero na segunda metade viuse...

IV Trofeo Internacional Ferenc Szabó de halterofilia en A Coruña / CH CORUÑA

O IV Trofeo Internacional ‘Ferenc Szabó’ de halterofilia celebrouse na Coruña con participación dos clubs galegos CH Coruña e CH Cambre

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

Esta fin de semana o Pavillón Polideportivo Municipal dos Rosales na Coruña acollía o IV Trofeo Internacional 'Ferenc Szabó' de...

Karina Callón, gañadora da San Silvestre Coruña 2021 / SAN SILVESTRE CORUÑA

Queres inscribirte na San Silvestre Coruña? Ábrese prazo o 15 de outubro

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

O prazo de inscrición para a XVI San Silvestre Coruña, a edición do ano 2025, abrirase este mércores 15 de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
HC Coruña vs CP Vila-Sana / MANU BOUTUREIRA

O CP Vila-Sana imponse ao HC Coruña 1-4 deixando claro por que son as millores do mundo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
HC Coruña vs CP Vila-Sana / MANU BOUTUREIRA

O CP Vila-Sana imponse ao HC Coruña 1-4 deixando claro por que son as millores do mundo

06/12/2025
As futbolistas do Dépor ABANCA festexan un gol de Ainhoa Marín en Riazor ante o Granada | @wykazszkowski

Dépor ABANCA acada tres puntos de ouro e reconcíliase coa súa mellor versión ante o Granada CF (2-0)

06/12/2025
Partido do HC Coruña disputado en Riazor contra o CP Las Rozas / MANU BOUTUREIRA

O ‘Tourmalet’ comeza en Riazor para o HC Coruña que se mide ao CP Vila-Sana Coop D’Ivars

06/12/2025
Plan Patrocinio Equipos Alta Competición Galicia Tempada 2025/2026 da Xunta de Galicia, 1.ª Fase / XUNTA DE GALICIA

O Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición da Xunta chega á súa 17ª edición con 2,2M€ e 117 equipos convidados para a 1.ª fase

05/12/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.