• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Máis FutSal

O Poio Pescamar FS conquista a 4ª Copa Galicia da súa historia impoñéndose na prórroga ao ENCE Marín Futsal

As conserveiras conseguiron derrotar nunha final vibrante, que constituiu outro 'derbi da ría', e que finalizou o tempo regulamentario cun 1-1 | Ale de Paz foi a MVP da final

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
28/03/2024
en Máis FutSal, Fútbol Sala
Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

96
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • A Copa Galicia feminina de fútbol sala viaxa cara a vitrina do Poio Pescamar FS que levou a final do torneo nun partido que constituiu, ademais, un novo ‘derbi da ría’.

O conxunto poiense conquistou este Xoves Santo o seu cuarto título autonómico tras derrotar nunha grandísima final e na prórroga ao ENCE Marín Futsal (1-2).

OLA @PoioPescamarfs!!

Temos a sensación de que será un Xoves Santo moi longo en Poio…

Aquí van unhas FOTOS que vos gustarán…#CopaGalicia | #MarínPoio pic.twitter.com/cS3B9g3vIU

— Futsal RFGF (@FutsalRFGF) March 28, 2024

Un tanto de Rocío Gómez nos primeiros compases do tempo extra bastou para que o elenco preparado por Luis López-Tulla alcanzara a gloria no Polideportivo Príncipe Felipe de Pontevedra ante máis dun milleiro de espectadores nas bancadas na que foi, sen dúbida, a gran festa do futsal feminino galego.

⚽ ℂℙ ℂ⚽

➖ de nuestro equipo.

➖ de nuestra afición.#

¡¡¡ , ́ ❗❗❗

#xuntadegalicia #concellodemarin pic.twitter.com/NkLjOr3GSl

— Marín Futsal (@marin_futsal) March 28, 2024

O que había en xogo quedou patente desde o bocinazo inicial. Ritmo, electricidade, intensidade e unha continuo toma e daca entre dous finalistas cun claro obxectivo: converterse nas raíñas do fútbol sala galego.

ENCE Marín Futsal, subcampión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF
ENCE Marín Futsal, subcampión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

As primeiras en avisar foron as futbolistas adestradas polo técnico Luis López-Tulla cun disparo que pegou no traveseiro e con outro zapatazo de Ale de Paz que mandou a córner Patri Arruti cando aínda non se cumpriu o minuto 5 da primeira parte.

O Poio Pescamar apertaba e o ENCE Marín Futsal non estaba cómodo no partido. As futbolistas adestradas por Ramiro Díaz apenas se aproximaban á meta defendida por Elena. O conxunto conserveiro seguía insistindo e axexando a meta local ata que Irene García, a falta de sete minutos para o descanso, desataría a tolemia na bancada vermella ao poñer por diante ás súas cun zapatazo desde fóra da área.

O tanto fixo dano nas ringleiras do ENCE Marín Futsal, que se viu obrigado a remar contracorriente na gran final. Co 0-1 chegouse ao descanso en Pontevedra.

Tras o parón, o ENCE Marín Futsal foise arriba á procura do empate e o Poio Pescamar, pola súa banda, tamén saíu coa idea de encarrilar a contenda.

As deportistas que prepara Ramiro Díaz dispuxeron dunha boa ocasión tras unha gran acción individual de Débora que sacou a gardameta Elena.

Tamén avisaría Poio Pescamar no minuto 25 de partido cun disparo de Rocío Gómez que se foi ao lateral da rede cando en Pontevedra xa se cantaba o segundo tanto da gran final. A final estaba viva, moi viva, e máis cando Débora Lavrador foi quen de empatar o encontro a falta de 7 minutos para a conclusión ao superar a Elena nun man a man para desatar a tolemia na bancada marinense.

O gol de empate espoleu ás futbolistas do ENCE Marín Futsal que prepara Ramiro Díaz, que un minuto despois tiveron o 2-1 con outra acción de Débora, pero cruzou demasiado ante a saída de Elena.

A recta final do partido foi unha tolemia. ENCE Marín Futsal creceuse co empate, pero Poio Pescamar dispuxo dunha ocasión clarísima nas botas de Rocío Gómez a menos dun minuto para o final e cando ENCE Marín Futsal xogaba en inferioridade pola expulsión de Débora. Co empate (1-1) chegouse ao final do tempo regulamentario.

Tocaba prórroga para decidir quen erguía a Copa Galicia de futsalfem desta volta.

Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF
Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

O Poio Pescamar que prepara Luis López-Tulla aproveitaría a superioridade numérica nos primeiros compases da prórroga para poñerse de novo por diante na final grazas ao tanto de Rocío Gómez no segundo pau.

Ese gol sería definitivo para que as poienses acabaran ocupando o trono do futsal feminino galego por cuarta vez na súa historia, tal e como informa a RFGF.

O festa das CAMPIOAS!!

O @PoioPescamarfs xa ten a súa cuarta Copa Galicia!!#CopaGalicia pic.twitter.com/Q15QoIQKOU

— Futsal RFGF (@FutsalRFGF) March 28, 2024

Ale de Paz, MVP da final da Copa Galicia

A futbolista Ale de Paz foi elixida a mellor xogadora da final da Copa de Galicia de fútbol sala feminino nesta edición de 2024.

, , !!@AledePazG, elixida mellor xogadora da gran final da Copa Galicia feminina#CopaGalicia | #MarínPoio pic.twitter.com/zza1O5Tflr

— Futsal RFGF (@FutsalRFGF) March 28, 2024

FICHA TÉCNICA

1) ENCE MARÍN FUTSAL: Patri Arruti; Débora Lavrador, Carolina Bravo, Café e Carolina Pedreira. Tamén xogaron María Estévez, Adriana García, Gi Portes, María Domínguez, Giba e Inés Mayán.

2) POIO PESCAMAR FS: Elena; Laura Uña, Ale de Paz, Martita e Rocío Gómez. Tamén xogaron Elena Aragón, Carla Ayensa, Irene García e Saki.

EQUIPO ARBITRAL: Adrián Figueroa Veiga, Álvaro Sobral Moreno e Clara Díez Gil. Cartón amarelo para Adriana por parte local e a Ale de Paz e Elena Aragón por parte visitante. Expulsaron por dobre cartón amarelo a Débora.

GOLES: 0-1 | Irene García, min. 13. 1-1 | Debora Lavrador, min. 32. 1-2 | Rocío Gómez, min. 41.

INCIDENCIAS: Final da Copa Galicia feminina de fútbol sala da RFGF disputada no Polideportivo Príncipe Felipe de Pontevedra ante un milleiro de espectadores. Ale de Paz foi elixida mellor xogadora da final.

Parabéns ao @marin_futsal pola extraordinaria final que nos brindou este xoves en Pontevedra

Cabeza arriba, EQUIPAZO!#CopaGalicia | #MarínPoio pic.twitter.com/XGDOBj0eZs

— Futsal RFGF (@FutsalRFGF) March 28, 2024

Etiquetas Ale de PazCopa de GaliciaENCE Marín Futsalfútbol salaLuis López-Tullapoio pescamarRamiro Díaz
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

FSF Castro Bloques Cando na Copa da Raíña de fútbol sala / FSF CASTRO IG

Poio Pescamar e Castro Bloques Cando selan o pase a cuartos de final na Copa da Raíña 25-26

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  Poio Pescamar e FSF Castro Bloques Cando continúan na Copa da Raíña de fútbol sala, mentres que o Ourense...

A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

por Redacción As Nosas
07/12/2025
0

  España pechou o Mundial de Filipinas cunha medalla de bronce cunha representación galega notable nas súas filas. No partido...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem / POIO PESCAMAR

MUNDIAL FUTSALFEM | O Poio Pescamar, o club con máis representantes en Filipinas con 7 futbolistas

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

  O Poio Pescamar converteuse no equipo con maior presenza no Mundial de Filipinas. O conxunto galego achegou sete xogadoras...

España xoga o Mundial de futsalfem / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, en semifinais tras vencer a Marrocos 6-1

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

  España segue paso a paso no Mundial de fútbol sala feminino e xa está en semifinais con ampla representación galega...

Ale de paz, futbolista galega coa Selección Española no Mundial nun partido contra Canadá / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM 25 | Goleada de España a Canadá para finalizar a fase de grupos con tantos de Ale de Paz, Antía Pérez e Martita

por Redacción As Nosas
29/11/2025
0

  España pechou a fase de grupos do Mundial 2025 de futsalfem coa goleada máis cómoda ata o momento (0-7)....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.