As Nosas son, todas as mulleres que protagonizan as informacións que neste espazo dixital se recollen. Pero se o que vos preguntades é quen elaboramos as novas, reportaxes, entrevistas e crónicas que podedes atopar neste site chamado www.asnosas.gal, velaí as persoas que compoñen o noso equipo de redacción.
Directora
Silvia Carregal (A Coruña, 1973)
Licenciada en Xornalismo e máster en xornalismo dixital.
En 1994 iniciu súa andaina como xornalista deportiva. Ten traballado en televisión, prensa, radio, medios dixitais e axencias, asumindo diferentes responsabilidades entre das que estivo a de xefa de deportes.
Nos anos oitenta participa, como xogadora, na fundación do Sal-Lence Fútbol Sala.
Como xornalista puxo en marcha o espazo Ellas También Juegan adicado á visibilización do papel da muller no deporte en Galicia.
En 2013 o colectivo MUDEGA (Mulleres Deportistas Galegas) premia a súa traxectoria xornalística pola achega á hora de visibilizar o deporte feminino galego. Por iso dirixir As Nosas supón un reto para o que levaba tempo traballando.
Na súa formación multidisciplinar figuran tamén outras titulacións como Graduado Social (USC), Técnico Superior en Producción de Audiovisuais, espectáculos e radio (EIS A Coruña) ou Técnico Especialista en Informática de Xestión, entre doutras.
Equipo de redacción
Carmen Gómez (A Coruña, 1998)
Graduada en Xornalismo pola USC, cun TFG inspirado no colectivo As Xornalistas Galegas.
Socia do Dépor desde 2011, comezou no 2016 no ámbito da comunicación deportiva colaborando con Somosdepor. Máis adiante estivo durante o verán do 2019 e o de 2020 en La Voz de Galicia.
Agora, en As Nosas, un proxecto que xunta a súa afección polo deporte e pola visibilización da muller en todos os ámbitos.
Colaboradores habituais
Iago Cerezuela (A Coruña, 1991)
Licenciado en Comunicación Audiovisual e máster en xornalismo deportivo. Nivel 2 de adestrador de fútbol.
En 2010 deu os seus primeros pasos no xornalismo deportivo cun programa de radio e un blog adicado ao fútbol. Catro anos máis tarde, colabora en Marca como redactor, na sección do Real Madrid.
Na tempada 2017-18 adestra ao equipo infantil B do Trival Valderas de Alcorcón. Xogador dos modestos do CD Calasanz e da Agaela FS da liga local de fútbol sala da Coruña.
Natalia Pablo (Carral, 1992)
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce desde hai media década a profesión. Primeiro en medios como Televisión de Galicia e La Voz de Galicia, e, agora, como responsable de prensa de diferentes institucións en Ártabra Comunicación.
Nadadora e mergulladora nos seus tempos mozos. Especialización en comunicación con enfoque social para que, algún día, alcancemos unha igualdade real.
Íñigo Rolán (Verín, 1997)
Dobre Grao de Xornalismo e Comunicación Audiovisual.
Ligado ao xornalismo e fotografía deportiva desde fai oito anos, realizando crónicas do RC Deportivo para diversos blogs.
Estivo durante catro meses exercendo como fotógrafo de La Voz de Galicia en Ourense.
Xogador dos modestos do SP Meicende.