• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de Galicia
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

Chega a recta final na liga 2023-24 para os equipos galegos da Primera Iberdrola de fútbol sala

Dous dos seis equipos de Galicia están la loita polos postos que dan dereito a estar no 'play-off' polo título, outros tres atópanse na lea por evitar o descenso e só un ocupa unha situación tranquila nesta fase final da competición

Silvia Carregal por Silvia Carregal
05/04/2024
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Balón fútbol sala futsal

Balón fútbol sala / SABELA MOSCOSO

147
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Esta fin de semana dispútase a 24ª xornada da Primera Iberdrola do fútbol sala estatal. Dos 16 equipos que militan nesta competición, a máxima categoría do futsalfem español, seis son galegos. Cada un deles está inmerso nunha situación diferente nesta recta final da competición de liga neste curso 2023-24.

Hai por diante pouco máis de media ducia de partidos para a medida ducia de equipos galegos que xogan na máxima categoría do fútbol sala español e cada quen está nunha posición diferente, con aspiracións distintas e retos dispares. Estamos na xornada 24 dunha liga regular con 30 encontros. Restan, polo tanto, sete partidos.

Dous deles xogan por entrar no play-off que dará dereito a loitar polo título de Liga nesta Primera Iberdrola de fútbol sala. É o caso do Pescados Rubén Burela, o único que neste momento se sitúa en postos de play-off. De feito, as Guerreiras Laranxas son líderes da competición con 65 puntos. Teñen asegurada unha das catro prazas que dan dereito a estar nesa final a catro polo entorchado ligueiro. Un trofeo que o Pescados Rubén Burela sabe o que é erguer en non poucas ocasións. Sen ir máis lonxe son as actuais campioas.

O Burela FS, campión de Liga futsalfem 2022-23 / MANU GIL - BURELA FS
O Burela FS, campión de Liga futsalfem 2022-23 / MANU GIL – BURELA FS

Un equipo galego en postos de descenso

O rival desta xornada das Guerreiras Laranxas é o ENCE Marín Futsal que xusto é o único equipo galego que ocupa postos de descenso. É dicir, nesta xornada o duelo de rivalidade da nosa terra mide ás futbolistas galegas en postos de play-off contra as futbolistas galegas en postos de descenso. O cumio e a zona baixa da clasificación estarán fronte a fronte. Será o sábado 6 de abril a partir das 17:00 horas.

O ENCE Marín Futsal acaba de disputar a final da Copa Galicia na que caeu derrotado co Poio Pescamar. Pero as conserveiras tiveron que loitar moito para vencer o derbi da ría. Chegouse á prorroga e as vermellas levaron o título grazas a un gol nese tempo extra.

Na Liga o ENCE Marín Futsal é 14º na clasificación. Logo de xogarse 23 partidos atesora 16 puntos no seu haber froito de 4 triunfos e outros tantos empates. Suma 15 partidos perdidos. Na xornada previa empataba en Castro de Rei co FSF Castro Bloques Cando (2-2). Na anterior vencía 6-1 nada menos que ao Arriva Alcorcón que está loitando polo play-off. Non perde desde a xornada 21 na que caeu na súa propia casa 4-7 co LBTL Futsal Alcantarilla.

O ENCE Marín Futsal leva na zona baixa da táboa toda a campaña. Meteuse en postos de descenso na xornada 9 e xa non saíu do pozo. Estos últimos resultados son esperanzadoras para as futbolistas que prepara Ramiro Díaz.

Agora mesmo as de Marín están a tres puntos da salvación e quedan sete partidos por disputar, así que todo é posible. Eso si, quen está a eses tres puntos por encima das mariñenses no primeiro posto que se libra da perda de categoría é outro galego: o Viaxes Amarelle FSF.

Viaxes Amarelle vs Ence Marín Futsal / MANU BOUTUREIRA
Imaxe de arquivo dun partido da tempada pasada entre Viaxes Amarelle Fútbol Sala Femenino vs Ence Marín Futsal / MANU BOUTUREIRA

As conserveiras do Poio Pescamar queren loitar polo título

O Poio Pescamar, que acaba de facerse coa Copa Galicia de futsalfem precisamente ante o ENCE Marín FutSal, é un dos aspirantes a meterse no play-off polo título.

As conserveiras son quintas empatadas a 45 puntos co Arriva Alcorcón (que fai o corte neste momento dos equipos que entrarán na fase final polo título). O Poio Pescamar está nun momento doce de resultados. Acumula sete triunfos consecutivos.

Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF
Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

O conxunto vermello enfróntase nesta xornada co Nueces de Ronda At. Torcal que é 11º empatado a 27 puntos co FSF Castro Bloques Cando. As futbolistas que adestra Luis López-Tulla queren manter a serie de resultados positivos e continuar escalando para loitar polo máis grande esta tempada.

Con todo, o Nueces de Ronda At. Torcal é tamén un equipo que está nun bo momento. Catro partidos seguidos sumando de tres permitíronlles poñer terra de por medio cos postos difíciles da competición. Polo que non llelo porán doado ás galegas.

O Viaxes Amarelle FSF, na corda frouxa

As coruñesas do Viaxes Amarelle FSF fan a linde cos postos de descenso. O conxunto que adestra Piru acaba de recibir unha goleada do Nueces de Ronda At. Torcal. Nada menos que un 1-10 no pavillón da Sagrada Familia da cidade herculina. Un mazazo para a moral das laranxas. O certo é que o conxunto do Viaxes Amarelle FSF  non está a atravesar un bo momento de xogo nin de resultados.

As coruñesas non puntúan desde a xornada 18ª cando se impoñían como locais ao Rayo Majadahonda AFAR 4 FSF por 6-3. Levan boa parte do curso rondando a zona de perigo. Esta xornada o Viaxes Amarelle FSF visita a pista do Leganés. Será o domingo a partir das 13:00 horas.

Raúl Castro, Piru / VIAXES AMARELLE FSF
Raúl Castro, Piru / VIAXES AMARELLE Fútbol Sala Femenino

O adestrador das coruñesas, Raúl Castro Piru, é consciente da situación do bloque que prepara: “Vimos de facer as cousas mal. É certo que estamos pagando moi caros os nosos erros, pero o certo é que os erros existen, son moitos e son graves. Non podemos poñerllo tan doado aos nosos rivais”.

Piru, adestrador do Viaxes Amarelle FSF: “Vimos de facer as cousas mal. É certo que estamos pagando moi caros os nosos erros, pero o certo é que os erros existen, son moitos e son graves. Non podemos poñerllo tan doado aos nosos rivais”

Castro de Rei quere seguir cun equipo na elite do fútbol sala

O FSF Castro Bloques Cando xoga por vez primera na elite do futsalfem estatal. A súa chegada á máxima categoría foi tremendamente meritoria. Un auténtico milagre para un concello pequeno como é Castro de Rei, con pouco máis de 5.000 habitantes. Á fronte deste club da Terra Chá hai anos que está como presidenta Carmen Tojo. No banco, un adestrador con anos de futsal nas costas, José Carlos Martín Rodríguez Chipi

Agora mesmo o FSF Castro Bloques Cando ocupa a 12ª posición da táboa, é dicir, está xusto encima do Viaxes Amarelle FSF e do ENCE Marín Futsal. Pero as lucenses teñen 8 puntos de vantaxe coas herculinas e 11 coas de Marín. Calquera cousa pode pasar na media ducia de partidos que hai por diante nos hai en xogo 21 puntos.

Nesta xornada reciben o sábado ás 11:00 horas ao Arriva Alcorcón. Un oso duro de roer. Son as cuartas clasificadas. Ocupan polo tanto postos de play-off. A última vez que gañaron foi na xornada 19 co Levante. Na xornada 23 conseguiron un empate (2-2) contra o ENCE Marín Futsal, rival directo por salvar a categoría.

Viaxes Amarelle FSF vs FSF Castro / VIAXES AMARELLE
Viaxes Amarelle FSF vs FSF Castro / VIAXES AMARELLE

Ourense OnTime, na zona morna

As ourensás ocupan a 9ª posición con 34 puntos. Están na zona morna da clasificación, pero tampouco teñen nada seguro por moito que a súa situación semelle máis cómoda.

As matemáticas din que todo é posible, por arriba e por abaixo. A lóxica indica que ás futbolistas que adestra Raquel Mondoruza non pasarán apuros, pero tamén que teñen complicado aspirar ao play-off.

Banco do Ourense Envialia / VIAXES AMARELLE FSF
Imaxe de arquivo de Mondo dando indicaciones no banco do Ourense OnTime nunha tempada previa / VIAXES AMARELLE FSF
Etiquetas ENCE Marín FutsalFSF Castro Bloques Candofútbol salaOurense OnTimePescados Rubén Burelapoio pescamarViaxes Amarelle FSF
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RFEF

Eugenia Gil, Eva López, Irene Ferreras e Irene Samper entre as 12 candidaturas do fútbol e fútbol sala galegos para a Asemblea da RFEF

por Redacción As Nosas
28/10/2024
0

  O fútbol e o fútbol sala galegos presentan ata 12 candidaturas para formar parte da Asemblea Xeral da Real...

Raúl Castro, Piru / VIAXES AMARELLE FSF

Piru: “Elas saben o que está en xogo, manter a categoría é vital, pero a miña misión é mentalizalas para que xoguen con confianza”

por Redacción As Nosas
06/04/2024
0

  O Viaxes Amarelle FSF prepárase para un encontro vital. Será o vindeiro domingo ás 13.00 horas en Leganés. O...

Gol do Burela na final do Campionato de Liga Primera Division futsalfem RFEF, Pescados Rubén Burela vs Futsi Atlético Navalcarnero / MANU GIL - BURELA FS

Cabeza e cola da táboa enfróntanse no duelo galego entre ENCE Marín Futsal e Pescados Rubén Burela

por Redacción As Nosas
06/04/2024
0

  Nesta tarde de sábado 6 de abril, a partir das 17.00 horas, dispútase no pavillón da Raña de Marín,...

Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

O Poio Pescamar FS conquista a 4ª Copa Galicia da súa historia impoñéndose na prórroga ao ENCE Marín Futsal

por Redacción As Nosas
28/03/2024
0

  A Copa Galicia feminina de fútbol sala viaxa cara a vitrina do Poio Pescamar FS que levou a final...

Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

A Deputación da Coruña apoia con 1 millón de euros a 128 clubs deportivos da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional

por Redacción As Nosas
26/03/2024
0

  A Deputación da Coruña apoia con 1 millón de euros a 128 clubs deportivos da provincia coruñesa que participan...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Equipo español marcha atlética no Podebrady 2025 con Dani e Antía Chamosa / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa, cuarta no Campionato de Europa de marcha 20k

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Equipo español marcha atlética no Podebrady 2025 con Dani e Antía Chamosa / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa, cuarta no Campionato de Europa de marcha 20k

20/05/2025
Campionato galego de atletismo sub-16 sub-20 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Títulos para Ourense, Celta, Narón e Gimnástica nos campionatos de clubs Sub-16 e Sub-20 galegos de atletismo

20/05/2025
Edymar Brea, segunda pola dereita, no Campionato de España / SPORTMEDIA MARTÍN DE ÁLAVA PÉREZ PARA A FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ATLETISMO

No Campionato de España en Ruta o atletismo galego acada seis medallas individuais e unha por equipos

19/05/2025
O Conservas Orbe Zendal BM Porriño posa coa a súa afeccion na final da European Cup / BM PORRIÑO

Subcampionato na European Cup para un Conservas Orbe Zendal BM Porriño que loitou polo título ata o último segundo

18/05/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.