• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

María Corral Piñón, de Cariño a USA

A futbolista, ex do Friol, o Sporting de Gijón ou Dépor ABANCA, milita este curso no equipo da William Carey University mentres estuda becada a carreira de psicoloxía

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
06/01/2021
en Máis fútbol, Fútbol
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

3.4k
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

María Corral Piñón (Cariño, 10/04/2000), ex xogadora de equipos como o Depor ABANCA, o Friol ou o Sporting de Gijón, tomou o pasado ano a decisión de marchar cara os Estados Unidos en busca dun futuro que lle permita unir en igualdade de condicións o fútbol e os estudos. Alí fórmase como futura psicóloga. Falamos con ela para que nos transmita as súas sensacións sobre este gran cambio, as súas motivacións e a súa visión do deporte feminino, entre outras cuestións. 

María Corral, futbolista, de nena
María Corral, futbolista, de nena

As Nosas: Despois dunha traxectoria pasando por equipos como o C.D. Cariño, O Val, Friol, Dépor ABANCA e Sporting… agora decídeste por marchar a EE.UU. Que tal a nova vida neste país? Como levas o de vivir tan lonxe da túa casa especialmente nestos tempos de pandemia que corren e como ves precisamente o tema COVID no teu novo destino?

María Corral: A verdade é que decidín vir para Estados Unidos un ano bastante difícil. A vida aquí é bastante monótona xa que os adestradores só nos permiten relacionarnos coa xente do noso equipo, entón estáseme a facer un pouco duro. Iso xúntase con que en España a situación tampouco é a mellor polo que a preocupación pola miña familia tamén é algo ao que lle dou voltas todos os días. 

A.N.: Como contactaron contigo? Fuches ti a que buscou este cambio ou chamaron á túa porta?

M.C.: O que vou contar pode soar gracioso, pero é así. Eu sempre tiven claro que non quería xogar ao fútbol en EE.UU, aos 15 anos recibín a primeira oferta e así ata este ano que decidín aceptar.

Un día de xuño recibo unha mensaxe en Instagram dos adestradores na que me propoñen ter unha chamada para darme información sobre unha universidade en EE.UU. A miña resposta foi que non, xa que eu tiña apalabrada a miña continuidade no Friol. Eles seguiron insistindo e eu aceptei ter esa chamada, xa que o seu interese cada vez era maior. Os adestradores apostaban por min ao 100% no ámbito do deporte e aínda por encima ofrecíanme estudar o que eu sempre quixera, psicoloxía.

A miña mentalidade antes de falar con eles era “vounos escoitar por ter algo de información” en cambio, ao rematar, mirei aos meus pais e díxenlles “teño que marchar”. O que me propoñían ía máis aló do futbolístico.

María Corral, fútbolista galega en USA: “Nos Estados Unidos iso non ocorre. Os profesores e os adestradores están en contacto continuamente e para poder xogar precisas aprobar. As facilidades son moitas e os horarios de clases sempre son adaptados aos adestramentos e partidos. A organización do plan de estudos para os deportistas está nun nivel moi por riba do que tiña en España”

A.N.: Cal foi a túa principal motivación para decidirte por este cambio? Estás contenta de tomar a decisión?

M.C.: En España compaxinar os estudos co fútbol ao nivel que xogaba eu os últimos anos era practicamente imposible. Eu nunca quixen antepoñer unha cousa sobre a outra e se me quedase en España ía ter que facelo.

Por poñer un exemplo, o ano pasado eu adestraba todos os días, viaxaba por todo o país os fines de semana e á vez estudaba un ciclo superior de deportes no que a metade de horas eran de práctica. Nesta situación, nin os profesores controlaban o esforzo físico que facía eu no equipo, nin viceversa, polo que o meu nivel de esgotamento sempre era demasiado alto coma para render ao máximo en calquera dos dous ámbitos.

Sen embargo, nos Estados Unidos iso non ocorre. Os profesores e os adestradores están en contacto continuamente e para poder xogar precisas aprobar. As facilidades son moitas e os horarios de clases sempre son adaptados aos adestramentos e partidos. A organización do plan de estudos para os deportistas está nun nivel moi por riba do que tiña en España.

María Corral, futbolista
María Corral, futbolista

A.N.: Agora estás na William Carey University… a oferta de estudos que proporciona xogou un papel importante á hora de escoller esta universidade por diante de outras? 

María Corral: Normalmente, o proceso para vir xogar a este pais é o seguinte: o xogador busca un axencia e é esta a que se encarga de ensinar vídeos da xogadora ás distintas universidades. Cando reúnen todas as ofertas, ensínanllas á xogadora e é ela quen escolle. No meu caso non foi así. Como comentei antes, eu nunca busquei esta oportunidade, os adestradores da William Carey fixéronme un seguimento e chamáronme cunha oferta xa cerrada para vir directamente aquí.

A.N.: Que foi o que máis valoraches neste tema?

María Corral: Os estudos nas universidades americanas son moi caros, polo que eu tiña claro que si non viña cunha beca que cubrise os meus catro anos na súa totalidade non ía a vir. Coñezo de primeira man os tipos de becas que adoitan dar as universidades ás xogadoras internacionais, e o que a William Carey me ofrecía eran unhas condicións extraordinarias. Iso demostraba a forte aposta por min a nivel futbolístico coa posibilidade de estudar a carreira que sempre quixen. Esas foron as razóns que me levaron a tomar esta decisión.

A.N.: Encaras este ano o reto de competir nunha nova liga, ves moitas diferenzas no estilo de xogo comparado con España? 

María Corral: Si, o estilo de xogo e a forma de entender o fútbol é totalmente distinta. Aquí o aspecto físico ten más importancia que o técnico e o táctico. Sen embargo, no meu equipo temos moitas xogadoras brasileiras, españolas e venezolanas, polo que o modo de xogo aseméllase máis ao que vemos en España.

María Corral, fútbolista galega en USA: “O estilo de xogo e a forma de entender o fútbol é totalmente distinta. Aquí o aspecto físico ten más importancia que o técnico e o táctico”

A.N.: Como ves o nivel da liga e do propio equipo dentro dela?

María Corral:Sendo sincera, levan semanas cancelándonos bastantes partidos por positivos por COVID nos outros equipos, polo que aínda non tiven tempo de poder ver o nivel da liga. Ata o momento só xogamos un partido e gañamos con facilidade.

Aquí as ligas son distintas, son coma unha fase de clasificación para o campionato final, o que chaman Nacionais. Alí compites contra os equipos mellores clasificados de todo o país. No que atinxe ao noso equipo, o obxectivo é gañar os nacionais, xa que este ano creo que temos equipo para conseguilo.

María Corral, futbolista
María Corral, futbolista

María Corral: “Destaco pola técnica e a visión de xogo”

A.N.: Cal consideras que é a túa mellor virtude no xogo? Cres que encaixarás ben neste novo modelo ao que chegas?

María Corral: Eu sempre destaquei pola técnica e pola visión de xogo. A primeira vista, isto non ten nada que ver co concepto de fútbol que teñen neste país, sen embargo, cando os adestradores falaron comigo dixéronme que buscaban xogadoras deste perfil para ir tornando este estilo de xogo cara un máis parecido ao que estamos acostumados a ver en España.

A.N.: Chegas a un país como EE.UU. que ten fama de darlle unha gran importancia ao fútbol feminino. Cal é a túa visión do deporte feminino e da súa importancia facendo unha comparativa España – EE.UU.?

María Corral: A diferencia é bastante notable. Na universidade diría que é case máis importante o equipo de mulleres que o de homes. Por exemplificar, no equipo no que estou agora trátanos igual de profesionais que nos trataban no Dépor, malia que este é un equipo de liga universitaria e o Dépor está xogando na máxima categoría española. Ademais, outro punto a favor é que fomentan os estudos universitarios á vez que o deporte ao máximo nivel, algo que en España é impensable.

María Corral, futbolista
María Corral, futbolista

A.N.: Mirando cara o futuro, tes pensado quedar en EE.UU. ou gustaríache volver a xogar en España?

María Corral: A verdade é que aínda non pensei moito en iso. Certo é que unha vez rematados aquí os catro anos gustaríame xogar de forma profesional, pero non teño moi claro se quero que sexa en España. Gustaríame probar noutros países como Italia ou outro país europeo. A posibilidade de ter un contrato profesional nos Estados Unidos tampouco sería unha mala opción.

María Corral, fútbolista galega en USA: “O fútbol deume o peor e o mellor. Agora mesmo estou nun momento de xogar para desfrutar, malia que é certo que o meu obxectivo é chegar á máxima categoría posible sexa na liga que sexa. Pero como xa digo, sempre que sexa desfrutando”

A.N.: Como ves esta tempada ao Dépor ABANCA despois do gran ano que completaron o ano pasado na Liga Iberdrola?

María Corral: Non quero opinar moito porque aínda non lle vin ningún partido, pero polos resultados, creo que vai ser un ano no que van a sufrir. A tempada pasada fixeron un moi bo papel e non é doado repetilo.

María Corral, futbolista
María Corral, futbolista

A.N.: Que importancia ten o fútbol na túa vida de cara ao futuro? 

M.C.: O fútbol deume o peor e o mellor. Agora mesmo estou nun momento de xogar para desfrutar, malia que é certo que o meu obxectivo é chegar á máxima categoría posible sexa na liga que sexa. Pero como xa digo, sempre que sexa desfrutando. En canto iso non ocorra, enfocarei a miña vida de outra forma.

María Corral, fútbolista galega en USA: “Son totalmente consciente de que é moi complicado vivir só do fútbol feminino, podes vivir 5-6 anos, pero cando rematas ou tes uns estudos ou os cartos gañados non che permiten vivir toda a túa vida”

 

María Corral, futbolista
María Corral, futbolista, de nena

A.N.: Esperas algún día poder ser quen de vivir do deporte ou ves esa posibilidade como algo absolutamente imposible?

María Corral: Son totalmente consciente de que é moi complicado vivir só do fútbol feminino, podes vivir 5-6 anos, pero cando rematas ou tes uns estudos ou os cartos gañados non che permiten vivir toda a túa vida.

A.N.: Hai unha cancha, algún estadio, no que soñas con xogar?

María Corral: Eu como boa culé, sería un soño xogar no Camp Nou.

A.N.: A que xogadora admiras da Primera Iberdrola?

María Corral:  Alexia Putellas. Creo que o seu xogo é pouco visible pero quen entenda deste deporte, sabe que está entre as grandes do mundo.

 

_________________________________

Álvaro Ramil
Álvaro Ramil
AUTOR:
Álvaro Ramil (Cariño, 1996).
Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela.

 

Etiquetas Dépor ABANCAEEUUFriolfútbolfutbolistaMaría CorralSporting de GijónUSAWilliam Carey University
Comparte14Chía9
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

por Silvia Carregal
13/08/2026
0

Dous goles, un de Millene e outro de Eva Dios, deron o triunfo ao Dépor ABANCA no 14.º Trofeo Teresa...

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Coñece o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

A tempada 2026-2027 comezará cun tinte favorable para as herculinas do Dépor ABANCA: xogarán o primeiro partido en casa. A...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.