Tere voltouno facer. A deportivista sacou un novo truco da súa chistera e asinou, o gol do triunfo branquiazul ante o Sevilla FC (2-1). Fíxoo nun encontro que naceu accidentado antes do pitido inicial. Lesionouse no quencemento a sevillista Isabella. Ao pouco de iniciarse o choque houbo que parar o partido por problemas no xeonllo da colexiada Beatriz Arregui.
Á lista de lesionadas sumouse a capitana do Dépor ABANCA, Miriam Ríos, que tivo que abandonar. O Dépor, que empezou gañando pero viu como as andaluzas igualaban o encontro, segue a ter en Abegondo o seu fortín grazas a un golazo de Abelleira. O pepinazo da pontevedresa dende a frontal da área colouse pola escuadra sen posibilidade de contestación. Unha vez máis, fixo maxia.
Viviuse unha mañá fría de domingo en Abegondo. O terreno de xogo estaba algo blando (a pesar dos esforzos dos operarios de xardinería tanto na previa como no descanso. E o comezo do cruce contou con varias incidencias en forma de lesións. Esos foron os ingredientes de inicio dun cruce no que finalmente o protagonismo foi para o festival de maxia de Tere Abelleira.
As deportivistas recibían a un Sevilla necesitado de puntos e na zona baixa da clasificación. O partido empezou marcado polas mancaduras. Xa no quencemento a xogadora do Sevilla, Isabella foi sustuida por Nagore debido a unha lesión. Aos poucos segundos do pitido inicial, a colexiada do comité vasco, Beatriz Arregui, tivo problemas no seu xeonllo esquerdo e tivo que ser atendida varios minutos. Debido a este imprevisto, o partido estivo parado máis de 5 minutos. Manu Sánchez aproveitou para dar as últimas indicacións. As blanquiazuis, invictas ata fai dúas xornadas afrontaban este partido tras dúas derrotas seguidas. Ben é certo que diante os equipos máis fortes da categoría: Atlético de Madrid y Barcelona.
Merino abre o marcador de penalti (1-0)
O Dépor ABANCA comezou dominando o encontro con dous oportunidades moi claras de Peke. A segunda de elas, acabou cun penalti. Transformouno Merino no minuto 10 lanzando a pena máxima ao lado dereito da gardamallas sevillista, que pouco puido facer. A xogada do penalti veu precedida dunha boa internada de Peke pola esquerda que cun cambio de orientación deixou en clara sitiuación de gol a Miriam quen disparou. No rexeite de Sara Serrat, a capitana local foi derribada pola cancerbeira do Sevilla.
As galegas sacaban o balón desde atrás buscando a Tere, triangulando ben no centro do campo e buscando a unha Gaby que aproveitaba a su corpulencia para facerse cos balóns divididos. Con todo, non acadaba filtrar pases nin cara ás bandas, nin a Peke. No primeiro cuarto de hora houbo un claro dominio local ante un Sevilla falto de ideas na zona de creación do xogo. O conxunto sevillista, a partir do minuto 15, foise sacudindo a presión local e aproveitando os espazos para lanzar contraataques en busca da velocidade da dianteira, Payne.
De feito, o despertar do equipo vermello acabou nunha internada ao área na que as xogadoras do Sevilla pediron penalti moi riguroso sobre Olga. Na xogada seguinte, a oportunidade foi para a dianteira visitante, Pinel que rexeitou a zaga local. A partir deste intre empezou a serie de paradas de Misa. A porteira das galegas foi un cerroxo e un seguro baixo paos durante todo o encontro. Asinou varios mans a mans logrando rexeitar o balón. Foi quen de dominar o xogo cos pés e sacar o balón xogado deade atrás e facilitar así a creación do xogo das coruñesas.
Igualada de penalti e lesión de Miriam
Os primeiros intres de dominio local tan só eran ameazados polas contras e as xogadas a balón parado dun Sevilla que aproveitaba a velocidade de Payne. De este modo chegaría o gol visitante tras un pase interior no que a dianteira estadounidense desbordou por velocidade e Miriam. Impotente, a central derrubou á dianteira na área. A fatalidad non veu só con penalti, que tranfrormou Zdunek, senon que na xogada Miriam tivo que retirarse lesionada con problemas musculares.
O toque de luz e maxia deuno Tere. Todo o que pasaba polas súas botas xeraba perigo e os “ooes” da afección local, entregados a súa xogadora máis talentosa. A xoven centrocampista sacou todo o repertorio a relucir. Canos, regates de taco e pases filtrados de gran beleza. A afección local non podía ocultar o brillo nos ollos cada vez que a 3 tocaba o esférico. De feito, no minuto 81 o público non puido conter a emoción e arrancaron a cantar: “Tere, Tere”.
Tralo gol do Sevilla, chegou a reacción das de Manu Sánchez con varios ataques sobre todo volcados na banda de Michelle Romero. No minuto 29 Merino tivo unha ocasión moi clara para anotar o segundo no seu casilleiro particular despois de zafarse de dúas rivales e disparar a porta dende fora do área.
No minuto 40 as locais pediron penalti sobre Cris nunha internada no área pola dereita tras un pase filtrado no que a xogadora deportivista acabou no chan. A colexiada vasca non interpretou penalti.
Os últimos intres da primeira parte foron tácticamente e un ida e volta constantes entre dous equipos con moita vocación ofensiva que xeraron claras ocasións durante os 7 minutos de engadido debido ás incidencias do comezo.
O Sevilla demostrou ser un equipo traballado nas xogadas a balón parado e tacticamente. Aplicou unha presión na que Noelia Villegas tivo dificultades para sacar o balón xogado desde atrás. A gaditana comezou o encontro de lateral esquerda, debido ao perigo de Payne, pero pola lesión de Miriam, mudou cara o centro da zaga. As andaluzas presentaron un bloque moi xunto, acumulando moitas xogadoras na zona central intentando dificultar a circulación das coruñesas.
Un gol de Tere coloca o partido de novo de cara para o Deportivo logo do descanso
O arranque da segunda parte veu marcado por unha ocasión moi clara de Pinel, que foi rexeitada por unha gran interveción de Misa, e polo espectáculo de xogo de Tere Abelleira. Corría o minuto 49 e a centrocampista galega quixo deleitar aos presentes cun golpeo espectacular desde a frontal da área que entrou pola escadra dereita de Sara Serrat. A gardamallas visitante só puido mirar e ser unha espectadora de luxo do golazo de Tere. A maxia nas blanquiazuis ten nome propio e chámase Tere Abelleira.
O gol serviu como un soplo de aire fresco. Na cabeza de Michelle as galegas tiveron o terceiro que foise por moi pouco. Entre tanto houbo varios minutos de xogo trabado e varios erros nos pases dos dous conxuntos.
O mister do Sevilla, Cristian Toro, reaccionaba e agotaba os cambios en apenas 5 minutos retirando a Raquel Pinel e Lara Francisca e dando entrada a Karpova e Ana Franco. Pouco despois foi o turno de Virgy por Claire en busca dunha reacción das sevillistas. Manu Sánchez facía o propio dando entrada a Kika por Michelle Romero.
Os festín de Tere non quedaba só ahí. Cerca do minuto 70 facía un especular cano na banda esquerda do ataque coruñés e deixaba ao respetable totalmente entregado coa pontevedresa. A replica fixoa Nuria poucos minutos despois regateando a dous adversarias sevillistas e quedándose a piques de cerrar o encontro co terceiro tanto.
Co tempo xa cumplido o Dépor puido ampliar a conta pero Gaby encontrouse cos pés de Sara Serrat nunha gran interención. As hispalenses buscaron o empate ata o último suspiro con máis entrega que acerto pero deixando por intres a bancada local sen alento. Sobre todo cun cabezazo de Karpova que salvou Misa coa axuda do pao.
Valiosos tres puntos conseguidos en casa nun partido moi intenso no que o Sevilla puxo as cousas moi difíciles as galegas. Manu Sánchez valorou o traballo das deportivistas ao remate do encontro e fixaba a mirada no Levante, próximo rival. As blanquiazuis de este xeito, siguen co seu arranque de ensono e sitúanse no podio de bronce na clasificación a tres puntos do Atlético de Madrid.
FICHA TÉCNICA
RC DEPORTIVO ABANCA: 13 Misa, 3 Tere Abelleira, 5 Iris (c), 6 Romero, 7 Miriam, 8 Merino, 14 María Méndez, 18 Peke, 19 Gaby, 20 Villegas, 22 Cris.
SEVILLA FC: 22 Sara Serrat, 4 Lara, 5 Isabella, 7 Olga, 9 Raquel Pinel, 10 Virgy, 11 Payne, 16 Emilia Zdunek, 17 Aldana Cometti, 18 Sabrina Flores, 21 Maite.
TROCOS: 23′ sale Miriam entra Nuria
62′ sale Raquel Pinel entra Karpova
62′ sale F. Lara entra A. Franco
65′ sale Michelle Romero entra Kika
67′ sale Virgy entra Falknor
77′ sale Nagore entra Aedo
90’+5 sale Peke entra María Calvo
GOLES: 11′ Alba Merino (p) 1-0
22′ Zdunek (p) 1-1
50′ Abelleira 2-1
AMONESTACIÓNS: 21′ Miriam, 82′ Maite
COLEXIADAS: Beatriz Arregui (Comité vasco), principal