O Poio Pescamar confirmou a continuidade no banco da entidade vermella ao técnico Luis López-Tulla. A campaña 2023-24 será a segunda tempada consecutiva do adestrador á fronte do conxunto conserveiro.
Neste curso 2022-23 Luis López-Tulla liderou o corpo técnico do primeiro equipo que milita na máxima categoría do futsalfem estatal. A campaña do Poio Pescamar foi notable. O equipo galego, un dos cinco que xogou este curso na Primera División do futsal da RFEF, rematou a liga regular como segundo. Só o Futsi Atlético Navalcarnero sumou máis puntos que os acadados polas vermellas. E polo tanto foi o mellor dos galegos (na liga regular).
O bloque de xogadoras que adestra Luis López-Tulla finalizou os 30 partidos da liga regular da campaña 2022-23 por diante do Pescados Rubén Burela. Equipo que logo eliminaría ás conserveiras nas semifinais do play-off.
As futbolistas do Poio Pescamar atesoraron 23 victorias, seis empates e so unha derrota. Sumaron 95 goles a favor e 34 en contra, sendo o equipo menos goleado. A defensa foi, sen dúbida, o seu maior forte neste curso.

A competición remataba esta fin de semana para as futbolistas vermellas que adestra Luis López-Tulla ao perder o segundo partido da semifinal polo título de liga. Foi unha eliminatoria galega, protagonizada polo Poio Pescamar e o Pescados Rubén Burela. No que as Guerreiras Laranxas levaron ao seu peto os dous Derbis das Costas que se celebraron (1-3 na Seca e 9-3 en Vista Alegre). Triste final (unha derrota con goleada) para unha gran campaña das de Poio.
O propio Luis López-Tulla facía esa reflexión ao final do partido: “Non o merecemos”, indicaba o adestrador na rolda de prensa posterior ao choque.
Declaracións postpartido de Luis López-Tulla 🎙#PoioPescamar #25AnosDePoioFS #BurelaPoio pic.twitter.com/LZGCVTbN9g
— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) June 10, 2023
Luis López-Tulla sumou 25 triunfos neste curso e so 5 derrotas
O traballo no banco vermello de as cifras conseguidas por Luis López-Tulla fai que a directiva do Poio Pescamar FS decida que o adestrador sume a súa segunda campaña no equipo galego. “Despois de que na súa primeira experiencia como adestrador principal colleitase os mellores resultados da nosa historia, o técnico madrileño de 27 anos encabezará o plantel da próxima tempada”, din desde a entidade.
Salientan desde o club que Luis López-Tulla asina “unha bagaxe (entre Liga, Copa da Raíña e Copa Galicia) de 25 vitorias, 6 empates e 5 derrotas, así como o noso primeiro play-off polo título dunha liga na que rematamos segundas (etapa regular de 30 xornadas), como equipo menos goleado, avalan o magnífico traballo de Luis, incluíndo a gran conexión con vestiario e afección”.