O Club Volei Praia Milenio de Ourense visitou o fin de semana do 14 e 15 de novembro Zaragoza para o torneo celebrado no Beach Center Arena nas categorías masculina e feminina. En ambas o club ourensán cosechou éxitos.
Na competición feminina Nuria Bouza e Tea Ándric lograron unha tercera posición no pódium, levándose o bronce a Ourense. Por outra banda, na masculina David Guiñazú e Víctor San Martín, acadaron a prata.
O campionato seguiu un cadro de dobre eliminatoria, con partidos masculinos o sábado e femininos o domingo. Para os oito primeiros clasificados, os puntos obtidos segundo a posición e o factor multiplicador da proba, 0,5 neste caso, servirán para o Ranking RFEVB.
A mediados de outubro, o Praia Milenio comezou a liga de inverno da Real Federación Española de Voleibol na que o club tamén está colleitando éxitos. A seguinte proba será do 21 ao 22 de novembro no Parque Deportivo Puerta de Hierro en Madrid.