• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de Galicia
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Uxía Rodríguez: “En Moto3 ademais de seguir aprendendo síntome realizada, son parte dun gran equipo”

Trátase da primeira mecánica galega que chega ao motociclismo profesional | Actualmente está integrada na escudería MTA Angeluss en Moto3, a categoría de bronce do motociclismo mundial

Diego Andrade por Diego Andrade
06/07/2023
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Uxía Rodríguez Nebra / @XIIXO IG

Uxía Rodríguez Nebra / @XIIXO IG

255
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Logo duns días de repouso na súa Estrada natal e coa mirada apuntando ao gran premio de Silverstone, un dos epicentros do automovilismo cuxas trazadas debuxaron auténticas lendas do motor como Ayrton Senna ou Valentino Rossi, Uxía Rodríguez Nebra atendeu Ás Nosas para facer balance do arranque de tempada no que é o seu debut na categoría de bronce do motociclismo mundial: a Moto3.

Uxía Rodríguez Nebra / @XIIXO IG
Uxía Rodríguez Nebra xunto ao resto do equipo MTA Angeluss de Moto3 / @XIIXO IG

Formada en mecánica no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez do Concello da Estrada, tivo que desprazarse ata a Escola Técnica de Girona para continuar coa súa formación. Desde alí, recibiu unha chamada que o cambiaría todo, Aurora Angelucci, CEO da escudería MTA Angeluss decidiu apostar por dúas estudantes do centro para seguir formándose desde dentro do paddock.

Foi, simbólicamente, o 8 de marzo (Día Internacional da Muller) cando se oficializou a súa incorporación á escudería italiana. Acabada de superar a vintena converteuse na primeira galega en acadar o cumio do motociclismo profesional. Agora, consolidada no equipo, Uxía Rodríguez Nebra aspira a prolongar o que comezou como un soño e porqué non a acadar metas máis altas da man do seu equipo.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Angeluss• Women in Sport (@angeluss_wsm)

A.N.: Como chega unha rapaza de 21 anos a Moto3, a categoría de bronce do motociclismo mundial. Cal é realmente a dimensión deste salto?

UXÍA RODRÍGUEZ NEBRA: Eu sinceramente recoñezo que non cheguei a dar este salto pola miña experiencia, como é evidente, a escudería contactou coa Escola Técnica de Girona onde estaba a estudar e aí xurdiu a oportunidade de unirme ao equipo. Con perspectiva recoñezo que tiven sorte, non é normal dar este salto tan repentino a participar nun mundial, o máis frecuente é facelo dun xeito máis progresivo.

Uxía Rodríguez: “Sempre fun afeccionada ao motor”

A.N.: De onde xorde esta afección polo motociclismo?

UXÍA RODRÍGUEZ NEBRA: Realmente sempre fun moi afeccionada ao mundo do motor, aos rallyes, a Fórmula 1… O meu pai tamén é un gran tamén dos deportes de motor, os meus amigos tamén tiñan afección, os compañeiros de estudos… Debo recoñecer que desde que formo parte do equipo o meu interese polo motociclismo foi en aumento.

Uxía Rodríguez Nebra / @XIIXO IG
Uxía Rodríguez Nebra traballando no coidado dun vehículo / @XIIXO IG

A.N.: Como é o día a día nun paddock de Moto3?

UXÍA RODRÍGUEZ NEBRA: O noso traballo concéntrase principalmente na propia semana de competición. As fins de semana comezan o mércores e rematan o domingo coa carreira. Principalmente as miñas labores consisten na preparación de neumáticos, a limpeza dos compoñentes da moto e labores de lousa. Temos un equipo moi ben estruturado no que cada unha de nós sabemos o que debemos facer en cada momento.

A.N.: O mundo do motor é un ámbito masculinizado, que supón a aposta de escuderías como Angelus MTA por contar con mulleres no seu equipo dándolle ademais un papel activo no desenvolvemento da tempada?

UXÍA RODRÍGUEZ NEBRA: Pois que vou a dicir, para min é unha iniciativa extraordinaria e necesaria. Estou eternamente agradecida a Aurora Angelucci pola súa aposta e confianza, e especialmente por darnos un escaparate co que demostrar que podemos desenvolver este oficio de igual xeito que calquera home.

Uxía Rodríguez Nebra, mecánica na escudería MTA Angeluss na Moto3: “Estou eternamente agradecida a Aurora Angelucci pola súa aposta e confianza, e especialmente por darnos un escaparate co que demostrar que podemos desenvolver este oficio de igual xeito que calquera home”

A.N: Os resultados están reafirmando o bo traballo que está a desenvolver o equipo, terceiras no mundial de construtores e Iván Ortolá cuarto na clasificación de pilotos. Cal é a clave?

UXÍA RODRÍGUEZ NEBRA: Temos unha moi boa compenetración dentro do equipo, xeramos dinámicas positivas que creo que logo se reflexan nos resultados que acada o equipo. Iván é un piloto fantástico, con experiencia na categoría, e iso é un factor clave. O noso traballo debe ser ofrecerlle a mellor moto posible tanto a Iván como a Nepa.

Uxía Rodríguez Nebra / @XIIXO IG
Uxía Rodríguez Nebra nun momento de traballo cun vehículo / @XIIXO IG

A.N.: A que aspira o equipo, vedes posible a pelexa polo mundial de construtores?

UXÍA RODRÍGUEZ NEBRA: Como dixen antes, vai depender en gran medida do rendemento dos pilotos. A miña opinión é que nesta división os pilotos supoñen o 80% dos resultados finais. Penso que debemos seguir traballando e ofrecerlle en todas as carreiras unha moto nas mellores condicións posibles.

A.N.: O salto dos estudos a participar desde dentro nun mundial ten que dar certa vertixe.

UXÍA RODRÍGUEZ NEBRA: Supuxo un gran cambio si. A miña vida era bastante rutinaria e agora ademais de seguir aprendendo podo sentirme realizada, sentirme parte dun gran equipo profesional e humano e percorrer gran parte do mundo da súa man.

A.N.: Cal foi a saída que máis desfrutaches?

UXÍA RODRÍGUEZ NEBRA: Pois Mugello foi un circuíto moi especial pola contorna, aínda que a que sempre levarei comigo foi o GP de Austin no que Iván acadou a vitoria. Foi unha das mellores experiencias da miña vida.

A.N.: E a que agardas con máis ganas?

UXÍA RODRÍGUEZ NEBRA: Pois diría que Australia e Xapón, son dúas visitas que me fan especial ilusión.

Uxía Rodríguez Nebra: “As outras rapazas que desexen formar parte do motociclismo profesional diríalles que nunca deixen que ninguén lles diga que é imposible cumprir este soño, que traballen moi duro para facelo realidade porque ninguén regala nada, pero que non permitan que ninguén lles faga renunciar ao que desexan”

A.N.: Para rematar, que lle dirías desde a túa posición actual a unha rapaza que ao igual que ti sempre desexou formar parte do motociclismo profesional?

UXÍA RODRÍGUEZ NEBRA: Que nunca deixen que ninguén lles diga que é imposible cumprir este soño, que traballen moi duro para facelo realidade porque ninguén regala nada, pero que non permitan que ninguén lles faga renunciar ao que desexan.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Angeluss• Women in Sport (@angeluss_wsm)

Etiquetas A EstradamecánicamotoMoto3MotociclismoUxía Rodríguez
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Foto de familia da gala do deporte estradense 2023 / CONCELLO DA ESTRADA

O Principal celebrou a festa do deporte estradense recoñecendo aos mellores deportistas locais deste ano

por Redacción As Nosas
20/12/2023
0

  O Club Tenis RC foi o mellor club estradense e o Club Tenis de Mesa Top Spin o mellor...

Presentación da Subida A Estrada / CONCELLO DA ESTRADA

Subida A Estrada terá lugar a fin de semana do 5 e 6 de agosto

por Redacción As Nosas
21/06/2023
0

  O Concello da Estrada acolleu esta mañá a presentación do cartel da 27ª Subida A Estrada. Nela, o alcalde,...

Concentración de Judo estatal e autonómica / CONCELLO DA ESTRADA

A Estrada, epicentro do judo estatal e galego

por Redacción As Nosas
04/04/2023
0

  A Selección Española de Judo realiza unha concentración na Estrada como preparación de cara ao Mundial absoluto da modalidade...

Álvaro Presedo e Uxía Rodríguez seguen á fronte do circuito Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Uxía Rodríguez e Álvaro Presedo seguen á fronte do circuíto Coruña Corre

por Redacción As Nosas
16/09/2022
0

  A Volta a Oza, quinta parada de Coruña Corre, apenas cambiou o decorado: Álvaro Presedo e Uxía Rodríguez fóronse...

Uxía Rodríguez gañadora da 'Volta a Oza' dentro do circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Uxía Rodríguez, primeira na ‘Volta a Oza’

por Redacción As Nosas
14/09/2022
0

  A gañadora da 'Volta a Oza', Uxía Rodríguez, defendeu o liderado no seu percorrido polos parques de San Diego,...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Alba Raso e Facundo Medard vencen a 16ª Baixada Popular de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

Alba Raso e Facundo Medard, mellores tempos da 16.ª Baixada Popular de San Pedro de Visma

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Alba Raso e Facundo Medard vencen a 16ª Baixada Popular de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

Alba Raso e Facundo Medard, mellores tempos da 16.ª Baixada Popular de San Pedro de Visma

11/05/2025
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

O Dépor ABANCA continuará na elite do fútbol feminino nacional

11/05/2025
Hockey Club Coruña Feminio (HCCF) vs CP Vila-Sana / MANU BOUTUREIRA

O HCCF suma a súa quinta derrota consecutiva ao perder 0-2 co CP Vila-Sana

10/05/2025
A padexeira Tania Álvarez / XUNTA DE GALICIA

Daniela Suárez e Tania Álvarez, Premio Carreira Dual do CSD

09/05/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.