• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

O Principal celebrou a festa do deporte estradense recoñecendo aos mellores deportistas locais deste ano

David Vázquez e Raquel Miguens foron os mellores deportistas do ano, mentres que Samuel Tato e Iziar Barcala acadaron este distintivo na categoría sub 18

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
20/12/2023
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Foto de familia da gala do deporte estradense 2023 / CONCELLO DA ESTRADA

Foto de familia da gala do deporte estradense 2023 / CONCELLO DA ESTRADA

84
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • O Club Tenis RC foi o mellor club estradense e o Club Tenis de Mesa Top Spin o mellor club de base.
  • O galardón ao mellor equipo foi para o cadete masculino do CNS e Miguel Sánchez, técnico do Club Tenis RC, proclamouse como mellor adestrador, mentres que o loitador Joel Castro foi o deportista revelación.
  • As mencións honoríficas foron para Toño Rivas, Uxía Rodríguez e a parella de baile integrada por Aixa Otero e Adrián Gañete, e o doutor Juan José Cota foi recoñecido pola súa traxectoria.

 O Concello da Estrada celebrou onte á noite a súa V Gala do Deporte recoñecendo o papel desempeñado polos deportistas e clubs locais durante este ano.

David Vázquez foi galardoado co premio ao mellor deportista masculino. Vázquez foi campión galego de rallyes copilotando a Víctor Senra, sumando deste xeito o seu sexto campionato aos xa acadados nos anos 2016, xunto a Alberto Meira, e no 2017, 2018, 2019, 2020 e 2023, todos eles con Víctor Senra. Ademais, grazas á súa vitoria este ano iguala a Estrella Castrillón como o copiloto máis galardoado no campionato autonómico.

Raquel Miguens, mellor deportista feminina estradense en 2023

Na categoría de mellor deportista feminina a premiada foi a xogadora de bádminton Raquel Miguens, quen neste 2023 se proclamou campioa de España senior 2023 na modalidade individual feminino logo de superar unha operación meses antes.

Raquel Miguens na gala do deporte estradense 2023 / CONCELLO DA ESTRADA
Raquel Miguens na gala do deporte estradense 2023 / CONCELLO DA ESTRADA

O mellor deportista masculino sub 18 deste ano foi Samuel Tato, do Club Judo Base, quendurante o 2023 sumou os seguintes recoñecementos; campión Galego Cadete -60Kg; subcampión de España cadete -60 Kg. Tamén participou no Campionato de España Junior (Sub -21), na Fase Final como integrante da seleccion galega Junior, representou a España na European Cadet Cup Coímbra 2023 e foi terceiro clasificado Campionato de España Junior (Sub -21) Sector Oeste, sendo cadete.

Pola súa parte, Iziar Barcala, xogadora do Club Bádminton A Estrada, foi a mellor deportista feminina sub 18. Barcala proclamouse durante este 2023 como campioa de España sub 17, campioa galega sub 19 en individual e dobres mixto, subcampioa nacional sub 17 co combinado galego no Campionato de España de Seleccions autonómicas. Tamén participou coa selección española no Campionato de Europa Sub 17 e chegou aos cuartos de final no torneo internacional de Bélxica. A data de 14 de novembro lideraba a clasificación nacional sub 17.

Iziar Barcala na gala do deporte estradense 2023 / CONCELLO DA ESTRADA
Iziar Barcala na gala do deporte estradense 2023 / CONCELLO DA ESTRADA

Joel Castro, de Loita A Cambadela, foi proclamado como deportista revelación. O loitador participou no campionato galego celebrado en Pontevedra, onde resultou terceiro clasificado en loita libre masculina (48kg) e campión en 45 kg. Mesmo premio que acadou no Campionato de España sub17 celebrado en Carmona, Sevilla. Do mesmo xeito, acabou en cuarto posto coa selección española no campionato internacional de promesas sub17, celebrado no mes de abril en La Nucía, Alicante. Finalmente tamén rematou en segunda posición no Torneo Nacional “Villa de Madrid” sub15, na modalidade de 48 kg.

O mellor club do deporte estradense no 2023 foi o Club Tenis RC, quen neste 2023 acadou os seguintes resultados nas súas diferentes categorías:

  • Absoluto Masculino A: Subcampión Primeira División e Ascenso a División de Prata
  • Absoluto Masculino B: Subcampión Segunda División e Ascenso a Primeira División
  • Absoluto Masculino C: Ascenso a Segunda División
  • Absoluto Feminino A: Terceiro en División de Prata e permanencia
  • Júnior Masculino: Subcampión galego Primeira División
  • Júnior Feminino: 5 clasificado galego (división de honra)
  • Cadete Masculino: Subcampión galego Primeira división
  • Cadete Feminino: Terceira de Galicia (división de honra)
  • Infantil Masculino: Subcampión Terceira División
  • Alevín Feminino: Subcampión Segunda División
  • Benxamín Masculino: Subcampión Terceira División

Na modalidade do mellor club de base, o Club Tenis de Mesa Top Spin fíxose co galardón grazas ás súas 30 licenzas e á súa participación en diversas competicións, tanto nacionais como internacionais, acadando vitorias como as de Álvaro de la Torre no Torneo Internacional XIV concello de Oroso ou no Torneo Valongo, en Portugal. Estes bos resultados compleméntanse con diversos podios noutras competicións. Nos derradeiros anos o club avanzou no seu proxecto de base competindo en categorías senior con deportistas formados na súa canteira.

O CNS cadete masculino foi recoñecido como o mellor equipo de 2023. Entre os méritos para recibir dito galardón figuran a cuarta posición de España na súa categoría e o bo papel desempeñado polos seus deportistas; Nicolas Baños; Andrés Carballeda; Iker Gómez; e Leonel Marín, medalla de ouro e campións de España en relevo 4×25 remolque de manequín.

Pola súa parte, o Campionato Galego de Ximnasio de Trampolín foi elixido como o evento deportivo do ano. A cita, celebrada no mes de maio reuniu en torno ao Manuel Coto Ferreiro a máis de 200 deportistas para participar nunha das probas máis sinaladas nesta disciplina. O evento destacou pola súa vistosidade e pola presenza de ximnastas participantes no campionato do mundo celebrado na cidade inglesa de Birmingham.

Delegación do Club Ximnasia A Estrada na gala do deporte estradense 2023 / CONCELLO DA ESTRADA
Delegación do Club Ximnasia A Estrada na gala do deporte estradense 2023 / CONCELLO DA ESTRADA

Miguel Sánchez, técnico do Club Tenis RC, proclamouse como mellor adestrador grazas aos fantásticos resultados obtidos pola entidade ao longo deste ano.

A distinción á entidade con maior apoio ao deporte foi para Habita Inmobiliaria/ Helvetia Seguros, patrocinador principal do A Estrada Futsal e da Sociedade Cabalar Estradense así como eventos deportivos puntuais e deportistas como o piloto estradense de motos Javi Campos quen tomará parte no Dakar.

Uxía Rodríguez na gala do deporte estradense 2023 / CONCELLO DA ESTRADA
Uxía Rodríguez na gala do deporte estradense 2023 / CONCELLO DA ESTRADA

Logo da entrega de premios tivo lugar as mencións honoríficas, estruturadas en un recoñemento para unha figura representativa do pasado que nesta edición foron parar a Toño Rivas, xogador histórico do Estradense e fiel seareiro do conxunto vermello e todo o deporte estradense, do presente, para Uxía Rodríguez Nebra, primeira galega en formar parte dun paddock de Moto3 co equipo Angelus MTA Team. Uxía Rodríguez foi entrevistada polas Nosas este ano por ese motivo. E do futuro, para a parella de baile deportivo conformada por Aixa Otero e Adrián Gañete.

Aixa Otero e Adrián Gañete na gala do deporte estradense 2023 / CONCELLO DA ESTRADA
Aixa Otero e Adrián Gañete na gala do deporte estradense 2023 / CONCELLO DA ESTRADA

Finalmente, o premio á traxectoria recaeu no doutor Juan José Cota, estradense de nacemento na actualidade desenvolve a súa actividade do Real Club Celta de Vigo, onde é responsable dos servizos médicos. No seu currículo sobresaen as Eurocopas de 2008 e de 2012 e o Mundial de Sudáfrica 2010 coa selección española de fútbol.

Uxía Rodríguez: “En Moto3 ademais de seguir aprendendo síntome realizada, son parte dun gran equipo”

Etiquetas A Estrada
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Uxía Rodríguez Nebra / @XIIXO IG

Uxía Rodríguez: “En Moto3 ademais de seguir aprendendo síntome realizada, son parte dun gran equipo”

por Diego Andrade
06/07/2023
0

  Logo duns días de repouso na súa Estrada natal e coa mirada apuntando ao gran premio de Silverstone, un...

Presentación da Subida A Estrada / CONCELLO DA ESTRADA

Subida A Estrada terá lugar a fin de semana do 5 e 6 de agosto

por Redacción As Nosas
21/06/2023
0

  O Concello da Estrada acolleu esta mañá a presentación do cartel da 27ª Subida A Estrada. Nela, o alcalde,...

Concentración de Judo estatal e autonómica / CONCELLO DA ESTRADA

A Estrada, epicentro do judo estatal e galego

por Redacción As Nosas
04/04/2023
0

  A Selección Española de Judo realiza unha concentración na Estrada como preparación de cara ao Mundial absoluto da modalidade...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.