- A gañadora da ‘Volta a Oza’, Uxía Rodríguez, defendeu o liderado no seu percorrido polos parques de San Diego, Oza e Eirís, onde Medard sumou o seu primeiro triunfo
Sol, calor, esforzo, entrega e o premio do obxectivo cumprido ao chegar á meta despois de atravesar tres parques da cidade, os de San Diego, Oza e Eirís. Os corredores Uxía Rodríguez e Facundo Medard foron os máis rápidos en dar a ‘Volta a Oza‘.
🏅 Xa temos a primeira gañadora da Carreira de Oza!
🏆 Uxía Rodríguez é a primeira clasificada na categoría absoluta!
Parabens Uxía! 🎉 pic.twitter.com/lWLBz5QdqZ
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) September 11, 2022
Máis de 1.300 persoas inscribíronse á quinta entrega do circuíto Coruña Corre, que visitou os barrios de Oza e Eirís o segundo domingo de setembro, unha xornada estival, que incrementou a dificultade intrínseca do percorrido.
Un trazado de 6.250 metros que a líder do circuíto en categoría feminina, completou en 27:23. O final foi moi apertado. Avantaxou en seis segundos a Nerea Sánchez, en oito a Ángela Torrente e en catorce a Nati Sánchez. Todas chegaron nun pano.
Con algo máis de marxe sobre o seu inmediato perseguidor (vinte segundos), atravesou a meta Facundo Medard, que levou un ritmo de 3:07 por quilómetro e investiu 19:27 no percorrido. A loita polo podio foi rifada, con tres atletas en trece segundos: Álvaro Presedo, líder do circuíto, levou a prata, Yago Ignacio García colgouse o bronce e Abdelaziz Fatihi tivo que conformarse coa cuarta praza.
En sub-18 impuxéronse Ainoa Gontán (8:52) e Gonzalo Cao (8:05), aínda que mellorou o seu tempo Anxo Belo (07:45), gañador en sub-16, categoría na que venceu na proba feminina Irea Alén (8:56).
🏅 Xa temos gañadora na categoría sub16!
🏆 A primeira clasificada foi Ainhoa Gontán!
Parabens Ainhoa! 🙌 pic.twitter.com/MASpr19uxG
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) September 11, 2022
Pablo Vázquez (05:32) e Alba Morais (06:14) triunfaron en sub-14; Lucía Ageitos (2:48) e Josep Bastos (2:42), en sub-12; e Sara Zuluaga (3:13) e Thiago López (3:00) fixérono en sub-10.
🏅 Xa temos gañadora na categoría sub14!
🏆 A primeira clasificada foi Alba Morales!
Parabens Alba! 🙌 pic.twitter.com/qcuo65RSxh
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) September 11, 2022
🏅 Xa temos gañadora na categoría sub12!
🏆 A primeira clasificada foi Lucía Ageitos!
Parabens Lucía! 🙌 pic.twitter.com/uW2N3bErIR
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) September 11, 2022
🏅 Xa temos gañadora na categoría sub10!
🏆 A primeira clasificada foi Sara Zuluaga!
Parabens Sara! 🙌 pic.twitter.com/Cuk9FZe1xn
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) September 11, 2022
Éxitos aos que se sumaron tamén quen tomou parte nas probas para Peques, que conxugan deporte e diversión.
Para hidratarse e repoñer forzas, a organización proporcionou auga e avituallamiento sólido coa xentileza dos patrocinadores desta proba do circuíto Coruña Corre: Coca Cola, Gadis e Sanbrandán.
Corriche a ‘Volta a Oza’ e queres verte? Hai un álbum gráfico!
As mellores fotografías e o vídeo da quinta proba de Coruña Corre xa está dispoñibles segundo informa o Concello da Coruña. Máis dun milleiro de persoas apuntáronse á “Volta a Oza” e agora poden revivila en imaxes no álbum gráfico que se incorporou a Flickr.
As mellores fotografías e o resumo, en vídeo, da quinta proba do Circuíto Coruña Corre, están xa dispoñibles. Instantáneas para o recordo dunha travesía que partiu do Parque de San Diego e pasou tamén polos de Oza e Eirís.
Son imaxes que reflicten o esforzo e capacidade de superación de quen afrontou o reto de correr polos barrios herculinos nunha mañá deportiva con sol e temperatura estival.
Tamén expresan a alegría de compartir circuíto con decenas de persoas, lonxe da soidade que moitas veces acompaña os adestramentos, ou a sensación de dalo todo coas zapatillas de running e o pracer de alcanzar a meta coa satisfacción de ser finisher pero coa mente xa na seguinte etapa, porque Coruña Corre ten máis por diante.






















