- UFEDEGA organizou unha xuntanza do deporte federado galego mediante unha mesa redonda co obxectivo de acercarse a tódalas federacións deportivas galegas e coñecer as súas inquietudes.
O mércores 22 de novembro tivo lugar nas instalacións da Real Federación Galega de Fútbol de Santiago de Compostela (estadio Vero Boquete de San Lázaro), a Xuntanza do Deporte Federado Galego, organizada por UFEDEGA (Unión Federacións Deportivas Galegas).
Mediante unha mesa redonda, Rafael Alonso Martínez, Miguel Juane Sánchez e Yago Casal Mera expertos en dereito deportivo, puxeron en común os seus coñecementos e ideas en relación á “Lei 39/2022, de 30 decembro, do deporte” e o “Proxecto de Orde polo que se regulan os procesos electorais en Federacións Deportivas Españolas”.
Á xuntanza organizada por UFEDEGA asistiron José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia xunto con Rafael Louzán presidente de UFEDEGA e a Real Federación Galega de Fútbol ademáis de preto de 50 presidentes de federacións deportivas de Galicia.
O principal obxectivo desta xuntanza do deporte federado galego foi o de acercarse as diferentes federacións deportivas galegas e preocuparse polas inquietudes que as mesmas puidesen ter, sobre todo as das máis pequenas.
Campaña “MellorFedera@” de UFEDEGA
Durante esta mesa redonda tamén se presentou a nova campaña de UFEDEGA “MellorFederad@” unha campaña que busca divulgar e concienciar dos beneficios e vantaxes que implica ser un/unha deportista federado/a.
A práctica dun deporte de forma segura con dereito ó seguro de responsabilidade civil, acceso a determinadas instalacións, poder representar como deportista ó teu territorio ou bolsas para compaxinar o deporte cos estudos son algunas delas.
A campaña “Mellorfederad@” composta por un video promocional e cartelería, será compartida a través dos medios dixitais de UFEDEGA.