• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

Triunfo pola mínima do Viaxes Amarelle ante o Teldeportivo (0-1)

Un solitario gol de Cláudia Lobo áos 47 segundos de partido decidía o encontro a favor das galegas que levaron os tres puntos de volta no peto

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
23/10/2022
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Gran Canaria Teldeportivo vs Viaxes Amarelle FSF / GRAN CANARIA TELDEPORTIVO TW

Gran Canaria Teldeportivo vs Viaxes Amarelle FSF / GRAN CANARIA TELDEPORTIVO TW

48
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Un gol e antes de que se cumprira o minuto de xogo abondou ao Viaxes Amarelle FSF para traer de volta a Galicia os tres puntos en xogo no seu partido contra do Gran Canaria Teldeportivo. O encontro correspondía á terceira xornada de liga e tivera que ser adiado pola meteoroloxía. Cláudia Lobo foi a autora do gol que outorgou o triunfo ás coruñesas.

‼️ Fútbol Sala Femenino @FutSalRFEF
Gran Canaria @Teldeportivo no se repone al gol del @amarellefsf
📰 https://t.co/lP5TXQcUGv
💙💛#Teldeportivo #FutbolSalaFemenino #SomosFutsal #GCIslaEuropeadelDeporte #GranCanaria #GranDestino #MuchoPorVivir #islascanariaslatituddevida pic.twitter.com/vDeO5s0OWq

— Teldeportivo (@Teldeportivo) October 23, 2022

O equipo herculino do Viaxes Amarelle FSF recuperaba nesta xornada de parón o partido aprazado da terceira xornada contra un rival directo, o Gran Canaria Teldeportivo. As herculinas conseguían abrir o marcador aos 47 segundos de xogo cun gol de Cláudia Lobo, e tras un intenso partido, onde ambos os equipos buscaron a portería contraria, ese temperán gol, foi o decisivo para que as herculinas levasen os tres puntos en xogo por un exiguo marcador de 0-1.

O partido empezaba cun Viaxes Amarelle FSF metido de cheo no partido, e buscando a portería contraria desde o primeiro segundo de xogo, e así foi como cando apenas transcorreran 47 segundos de xogo, Cláudia Lobo desviaba de tacón, un tiro exterior de Cris Lourés, e subía o 0-1 ao marcador.

Apenas 15 segundos despois, a mesma Cláudia Lobo roubaba un balón e quedaba nun un para un coa meta local, pero o balón ía desviado a córner. As herculinas, que adestra Jorge Basanta, mostrábanse moi activas en ataque e xerando perigo, á vez que a escuadra local ía gañando metros na pista e empezaba a xerar as súas primeiras ocasións de perigo, pero a boa defensa galega e Leti Rojo baixo paus, mantiñan a portería herculina a cero.

Os minutos pasaban, e o partido complicábase nos últimos minutos para o Viaxes Amarelle FSF, cando contaban con cinco faltas e non podían arriscar tanto na defensa, para evitar ter un dobre penalti en contra; e con algo máis de apuros, conseguían chegar ao descanso coa leve vantaxe inicial.

Expulsión de Leti Rojo

Tras o paso por vestiarios conxunto local empezaba a apurar as súas opcións de meterse no partido e poder puntuar, pero Leti Rojo volvía destacar, para evitar o gol das locais e manter a portería herculina a cero. A todo isto, que as locais se metían máis no partido; pouco antes da medianía do período, Leti Rojo era expulsada por dobre tarxeta amarela, e o Viaxes Amarelle FSF quedaba cunha xogadora menos durante dous minutos; onde sufriron pero conseguiron manter a exigua vantaxe no marcador.

Os minutos empezaban a pesar para as xogadoras herculinas, pero seguían con bo ritmo defensivo, mantendo a portería galega a cero, e tratando de sorprender nalgunha contra. Xa no últimos tres minutos de xogo, o Gran Canaria FSF Teldeportivo opta polo xogo de cinco para tratar de puntuar, pero o Viaxes Amarelle FSF non deu opcións ao seu rival e conseguía manter a vantaxe inicial, do gol de Clàudia Lobo, e sumar tres puntos máis na marcadora da xeral.

Tras visitar ao Teldeportivo ás galegas reciben ao AD Sala Zaragoza

Tras este novo duelo oficial da tempada, o conxunto herculino terá de descanso a xornada do domingo, pero o luns retoma os adestramentos, e pensando no seguinte partido da competición regular, contra outro rival directo.

A  Primeira RFEF Futsal Feminino afronta a sexta xornada da competición, en partido que terá lugar o sábado 29 de outubro de 2022, a partir das 18:00 horas no Pavillón Municipal de Sagrada Familia (A Coruña), onde o Viaxes Amarelle FSF recibirá ao AD Sala Zaragoza FSF.

FICHA TÉCNICA

0) GRAN CANARIA FSF TELDEDEPORTIVO: Marta, Ana Ontiveros, Idoya, Sofía e Martita – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Agustina, Marta Escribano, Pina, Play, Virginia e Mariona.

1) VIAXES AMARELLE FSF: Leti Rojo, Cris Lourés, Lau Doce, Carol Agulla e Cláudia Lobo – quinteto inicial -. Tamén xogaron: María Gómez, Èlia Gullí, Marta Hermo e Laura Rivas.

GOLES: 0-1 Clàudia Lobo (min. 1).

EQUIPO ARBITRAL: Romen Medina Hernández e Raúl Santana Santana do Comité Técnico de Árbitros de Las Palmas. Arbitro Asistente: Luis Bolaños Herrera do Comité Técnico de Árbitros de Las Palmas. Mesa: Alejandro Santana Santana do Comité Técnico de Árbitros de Las Palmas. Amonestaron con cartón amarelo a Sofía no conxunto do Gran Canaria FSF Teldeportivo, así como a Clàudia Lobo, Laura Rivas e Nere Ramallo nas filas do Viaxes Amarelle FSF. Houbo doble cartón amarelo para Carol Agulla, xogadora do Viaxes Amarelle FSF.

INCIDENCIAS: Partido adiado na terceira xornada da Primera División da RFEF FuSalFem que se disputou no Pabellón de la Ciudad Deportiva Gran Canaria (Las Palmas).

Etiquetas Cláudia Lobofútbol salafutsalGran Canaria TeldeportivoJorge BasantaViaxes Amarelle FSF
ComparteChía
Publicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia

Relacionado co tema

Pescados Rubén Burela vs ENCE Marín FutSal / BURELA FS

Goleada do Burela ao Marín nun novo derbi do futsalfem galego en Vista Alegre (5-0)

por Redacción As Nosas
26/03/2023
0

  No pavillón de Vista Alegre tivo lugar un derbi galego esperado no futsalfem. Víanse as caras o Pescados Rubén...

Viaxes Amarelle FSF vs CD Leganés / VIAXES AMARELLE FSF

Táboas que non abondan ao Viaxes Amarelle ante o CD Leganés (2-2)

por Redacción As Nosas
26/03/2023
0

  O equipo herculino do Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, chegaba do parón polo Europeo de seleccións con...

O Poio Pescamar, na pista da Seca, contra o STV Roldán / FOTOGRAFÍA PISCO

Retorno á Seca para o Poio Pescamar recibindo á AD Alcorcón

por Redacción As Nosas
24/03/2023
0

  Na xornada 12, o 10 de decembro do ano pasado, o Poio Pescamar vencía por 2 - 0 ó...

España tricampioa de Europa futsalfem / RFEF

España, tricampioa de Europa ao vencer 1-5 a Ucraína

por Redacción As Nosas
20/03/2023
0

  Terceiro título europeo para a Selección Española de fútbol sala feminino. As vermellas que dirixe Clàudia Pons son tricampioas...

Luci Gómez con España / RFEF

España, na final do Europeo de futsalfem

por Redacción As Nosas
17/03/2023
0

  España está na na final do Campionato de Europa. O equipo que adestra Clàudia Pons contou con marcado acento galego....

Ver máis
Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA empata un partido que perdía co Granada CF (2-2)

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA empata un partido que perdía co Granada CF (2-2)

01/04/2023
Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Zuazo, sétimo rival do Mecalia Atlético Guardés en tres semanas

01/04/2023
Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Grafometal Sporting La Rioja / BALONMANO PORRIÑO

Gañar ao pechacancelas para asentarse no cuarto posto, o obxectivo do BM Porriño

01/04/2023
Vitoria do Dépor ABANCA con triplete de Millene / RCD

Nova final para o Dépor ABANCA coa visita a Abegondo do Granada CF, outro aspirante ao ascenso

01/04/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.