• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Sofía Toro: “Sempre tentei aproveitar as oportunidades que me deron e iso foi o que me levou ao equipo olímpico”

Para explicar as diferencias entre clases náuticas a olímpica coruñesa pon como exemplo que "Non é o mesmo conducir un coche de Fórmula 1 que un camión. Na vela, igual. Hai moitísimos tipos de barcos e de competicións"

Silvia Carregal por Silvia Carregal
01/08/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Sofía Toro, regatista olímpica / ÍÑIGO ROLÁN

Sofía Toro, regatista olímpica / ÍÑIGO ROLÁN

316
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Os deportes relacionados co mar ten dado moitas alegrías ao deporte galego. Nos Xogos Olímpicos non había ser menos. Un dos ouros españois con acento galego é o das galegas Sofía Toro e Tamara Echegoyen facendo equipo coa asturiana Ángela Pumariega. Ocorreu en Londres 2012.

As competicións tipo Match Race, barco contra barco, na clase Elliot que esta tripulación fixo no campo de regatas londinense engaiolou a toda España. Eran carreiras rápidas e máis doadas de entender para a xente lega en temas de vela ca outro tipo de competicións. Tamara Echegoyen seguíu no concurso olímpico participando en Río 2016 e finalizando en cuarta posición a competición. De feito estará en Toquio 2020 competindo con Paula Barceló na clase  49er FX.

No caso de Sofía Toro Prieto-Puga, a coruñesa probou sorte como timonel na clase 470. Agora, a súa etapa competitiva como regatista ten rematado. Pero a súa vida profesional segue vencellada ao mar e á vela.

Nun dos seus pasos pola Coruña, ao principio da pandemia de COVID-19 falamos con ela para darlle forma á entrevista do libro ‘Cidade das Mulleres. Veciñas Ilustres da Coruña’. Unha iniciativa do Concello da Coruña promovida pola Asociación da Prensa da Coruña e a Fundación Wenceslao Fernández Flórez.

Naquela conversa que agora rescatamos de xeito máis amplo, quixemos saber máis dela lonxe das regatas e da competición. Sofía Toro falounos de a súa infancia, coñecemos que outros deportes practicou, como foron os seus inicios na vela e como lembra esa etapa na que, como ela mesma confesa, fixo cousas “que nunca tiña imaxinado”.

Chámanlle soño olímpico e esta galega viviuno de cheo subindo ao máis alto do poido nuns Xogos Olímpicos poucas deportistas poden poñer un fito tal na súa traxectoria deportiva.

As Nosas: Que tres adxectivos te definen máis?

Sofía Toro: Optimista, divertida, e son moi familiar moi amiga dos meus amigos.

As Nosas:  A ver, acláranos unha cousa, ti es coruñesa ou cambresa? Que hai moita dúbida niso…

Sofía Toro: Nacín na Coruña pero con catro anos fomos vivir para Cambre.

Sofía Toro, regatista olímpica / ÍÑIGO ROLÁN
Sofía Toro, regatista olímpica / ÍÑIGO ROLÁN

A.N.: Para ubicarte na cidade, dinos en que parque xogabas de nena?

Sofía Toro: Cando vivía na Coruña a miña avoa levábame ao parque que hai detrás do Corte Inglés. Eu ía ao Otero Pedrayo e o meu irmán ao San Francisco Javier ela xa nos recollía no cole e íamos xogar alí.

Xa máis de maior estaba sempre facendo deporte. De pequena nadaba na piscina de Rialta, xa que a miña nai traballaba alí. E logo empecei a adestrar no Club Natación Coruña. E pasaba as tardes adestrando na piscina de Riazor. As fines de semana, xa de máis maior, cos amigos de vela iamos por María Pita, pola rúa Real. En Cambre ía ao colexio pero no facía moita vida social.

A.N.: Conservas amizades de cando eras pequena?

Sofía Toro: Si. As miñas veciñas que ían tamén ao meu cole. Xogabamos moito e aínda hoxe son boas amigas.

A.N.: Tes algún recuncho favorito na Coruña?

Sofía Toro: Gústame pasear polo Parrote. A miña avoa adoita pasear por aquí gústame vir e encontrarma. Gústame tamén correr polos campos da Torre.

A.N.: En que clubs estiveches durante a túa carreira deportiva?

Sofía Toro: Comecei a navegar no Casino e competía alí. Tiñamos un grupo moi bo. A primeira vez que me clasifiquei para un Campionato de España era regatista do Casino. Con 14 anos o club prescindiu da actividade náutica quedamos sen club. Entre todos os pais decidiron que nos pasábamos ao RC Náutico da Coruña que é o meu club. Eu xa tiña relación coa entidade. Toda a miña familia era socia e o meu avó é socio fundador.

A.N.: Cal é a relación da túa familia coa vela?

Sofía Toro: O meu avó regateaba aquí na Coruña nunha clase que se chamaba Anduriña, un barco moi bonito. Facía regatas coa miña avoa. Todos os seus fillos, os meus tíos a miña nai, fixeron vela de cativos e aprenderon a navegar.

Xa na seguinte xeración, os meus curmás, o meu irmán e máis eu tamén fixemos vela, pero o meu irmá e somos dos máis cativos. Eu son máis pequena de todos os Prieto Puga. De sempre gustounos moito. Os nosos pais levábannos a navegar. E empezamos a facer regatas, déusenos ben e ao final os dous nos dedicamos profesionalmente á vela.

A.N.: Sodes unha familia moi ‘acuática’?

Sofía Toro: Miña nai era nadadora de pequena. Era moi boa. De feito gañou a Travesía a Nado da Coruña moitas veces. Foi ela a que nos aprendeu a nadar ao meu irmán e a min. Estaba vencellada ao Club Natación Coruña, na directiva e como adestradora. Por aí foi que comezamos a competir.

Ao principio dábaseme bastante ben, mellor ca vela, eu creo. O que pasa é que chegou un momento en que eran moitas horas de adestramento, moitos madrugóns e custábame moito baixar as mínimas, tiven tamén algunha lesión que me obrigou a parar un tempo, e ao final decateime de que navegando pasábao mellor. A natación sacábame moitísimo tempo entre semana para estudar. Os meus pais intentaron que non o deixaran pero ao final deixeino.

Aínda nado. De feito no ano 2020 fixen unha travesía de Mera a Santa Cristina, 6 quilómetros, un bo reto. Gustoume moitísimo. E cando tiña 10 años gañei a travesía do dique, a que é para rapaces que é un pouquiño máis curta.

Sofía Toro, regatista olímpica / ÍÑIGO ROLÁN
Sofía Toro, regatista olímpica / ÍÑIGO ROLÁN

A.N.: Facíades deporte xuntos polo que vexo…

Sofía Toro: O ano que se celebraba o 75 aniversario do RC Náutico da Coruña e para conmemoralo recuperaron unha travesía que se facía antes que era desde a praia de Santo Amaro até o náutico vello. Apuntámonos os tres o meu irmán, a miña nai e eu. Aínda que me retirei (tiña 10 anos e de feito non me querían deixar participar), o meu irmán fíxoo moi ben, a miña nai foi a última en chegar, tivemos que espera moitísimo pero foi moi emotivo ver a miña nai xa maior, sen ser profesional, acabar… Ademais eramos os tres únicos que estabamos sen neopreno. Saímos no periódico os tres en traxe de baño (sorrí).

Ademais saír de Santo Amaro non é como saír desde a ría, aí hai ondas. Eu o recordo duro. Retireime na punta do dique. E a xente dicíame que era unha pena xa que logo a auga xa está máis quente e o mar máis calmo, polo que sería máis sinxelo. Pero tiña 10 anos e xa chegar alí abondou.

Este ano (2020), cando comecei a retomar a natación e vexo que todo o mundo nada con neopreno, pensaba “vaia tolos nolos tres naqueles tempos!”. Era verán pero meu pai que foi andando sempre di que facía un día moi malo.

A.N.: Poderías vivir un sitio sen mar?

Sofía Toro: Agora xustamente vivo en Murcia e a cidade non ten costa. Temos a costa a 45 minutos. Supoño que me adaptaría, pero a verdade é que vivir rodeados de mar como vivimos na Coruña, cun océano tan bonito e con estas, nestas condicións, gústame moitísimo. A min gústame o mal tempo, gústame os cambios de estacións, creo que iso é moi coruñés.

A.N.: Cando foi o teu bautismo de mar?

Sofía Toro: De nena xa ía recoller ao meu irmán cando saía da escola de vela cos meus pais que me subían ao barco en terra, mentres o meu irmán remataba de recoller o barco. Non recordo a primeira vez, nin sequera a primeira regata. Lembro unha que foi fóra de Coruña en Sada, que facía moito vento.

Sofía Toro, regatista olímpica: “De nena xa ía recoller ao meu irmán cando saía da escola de vela cos meus pais que me subían ao barco en terra, mentres o meu irmán remataba de recoller o barco. Non recordo a primeira vez, nin sequera a primeira regata”

A.N.: Prefires as regatas con vento ou sen vento?

Sofía Toro: Eu medrei rápido e cando era pequena prefería que houbera moito vento, xa que era máis grande cas rivais. Pero como era de pequena, xa quedei para sempre: así. Do Óptimist pasei a Láser aí dábame igual por que tiña capacidades para competir con todo tipo de ventos.

Cando medrei regateei en Láser Radial e aí quería pouquiño vento debido a que é unha vela moi grande para a miña altura e o meu peso. E xa en Match Race, prefería pouco vento xa que iamos moi baixas de peso. Iso sempre depende do peso da tripulación.

Xa no 470 prefería pouco vento por que a técnica é moi complicada, e a min gustábame pensar as seguintes opcións, e con moito vento hai que pensar moi rápido e faise máis complicado.

A.N.: Como lle explicarías a alguén que non sabe de vela as diferencias entre as diferentes clases?

Sofía Toro: É moi sinxelo. Eu sempre fago a comparación explicando que non é o mesmo conducir un coche de Fórmula 1 que conducir un camión. Pois aquí é igual. Hai moitísimos tipos de barcos e de competicións. Non é o mesmo tripular un barco lento que un que vai voando.

Eu navegaba en Match Race que é unha embarcación moi lenta, practicamente un crucero, e as regatas era moi intensas e moi curtas. Duns 20 minutos. Tiñamos feito oito ao día. E pasei a navegar nun barco moi rápido que vai voando planeando as ondas, e nunha clase na que as regatas duraban unha hora. A concentración durante tanto tempo custoume ao principio. Era un cambio moi grande en pouco tempo. É complicado adaptarse. Na miña época en 470 aprendín moitísimo e paseino moi ben, por que a verdade é que é un barco moi divertido.

A.N.: Cando decides que a vela vai ser ao que te vas dedicar profesionalmente?

Sofía Toro: En realidade, non o decides ti. Son oportunidades que van chegando. Eu sempre tentei aproveitar as oportunidades que me deron e iso foi o que me levou ao equipo olímpico. Cando era máis cativa navegaba en Óptimist ou en Láser, se alguén me chamaba para participar nunha regata en Crucero ou noutra clase, eu sempre dicía que si se non tiña outro plan.

De feito naveguei moito tempo nun barco Crucero no que eramos dez rapazas da Coruña. Faciamos o circuíto completo: Copa do Rei, Copa da Raíña… Aprendín moitísimo! Navegaba con compañeiras maiores ca min. A que menos me sacaba, sacábame dez anos! Tiña 17 anos e aprendín un montón. Foi a miña primeira experiencia profesional e ademais coma tripulante. Eu antes so navegara en barcos individuais. Aí formeime como tripulante para levar o Spit tampouco navegara nunca cun barco con Spit.

Xustamente a raíz diso Tamara Echegoyen coñeceume máis (xa me coñecía a través do meu irmán que navegaba en Láser), sabía que tiñamos un barco con moitas rapazas e foi así como comezou. Foi casualidade pero tamén o feito de que non tivese medo de me subir a o tren.

Sofía Toro, regatista olímpica / ÍÑIGO ROLÁN
Sofía Toro, regatista olímpica / ÍÑIGO ROLÁN

A.N.: Que é o primeiro que analizas cando chegas a un campo de regatas?

Sofía Toro: O primeiro que miras e a velocidade do barco, poñelo a punto, as velas, facer comprobacións, e ter os ollos moi abertos para captar a máxima información posible e que iso logo te poida servir para a competición.

A.N.: Como buscas novos retos deportivos logo de gañar un ouro olímpico con 22 anos?

Sofía Toro: Ao ano seguinte de gañar o ouro olímpico afronteino con moitísima ilusión xa que era un cambio moi grande. Logo da medalla dos Xogos faltaba aínda o Mundial que o gañamos en 2013. Ese campionato foi como pechar unha etapa. Foi unha sensación boísimas.

Chegamos ao Mundial sendo as favoritas, aínda que o barco era diferente, non era o Elliot, o barco olímpico, tratábase doutra embarcación, e non estabamos o equipo completo. Estabamos Tamara (Echegoyen), eu e outras tres rapazas pero Ángela (Pumariega) non estaba. Íamos un pouco con dúbidas por que nunca tiñamos navegado xuntas as cinco pero ao mesmo tempo coa seguridade de ter gañado uns Xogos Olímpicos e da experiencia que tiñamos.

O certo é que chegamos con moitas ganas de gañar e fumos sumando todos os puntos até chegar a final na que empezamos xusto perdendo 2-0 e aí case perdemos o Mundial, pero remontamos. Quedamos 3-2 ao final. Foi moi espectacular.

Para min foi tamén unha liberación. Xa podía centrarme completamente no 470. Sabía que virían anos duros dado que era cambiar completamente. Foron duros tamén por outras complicacións que houbo no medio como perda da bolsa, falta de patrocinios e outras cousas que poderían ter feito que a campaña fose doutra maneira. Foi moi bonita igualmente, pero lembro esa etapa con moitísimo traballo.

Sofía Toro: “Entre o 2011 e o 2013 vivín a mellor etapa da miña vida”

A.N.: Foi o 2012 o mellor ano da túa vida?

Sofía Toro: Home, eu creo que si. 2012 principios de 2013, tamén 2011. Foi a mellor etapa da miña vida. Vivín cousas que nunca imaxinara. Viaxabamos moitísimo en 2011 tivemos un Mundial en Australia. Estiven en sitios nos que, se non fose pola vela, nunca podería ter ido. Viaxei moito. O equipo estaba consolidado e foi unha época boa.

Son moi positiva e vexo cousas boas en todos os anos. Pero si que recordo os Xogos. Cando unha competición así te sae ben, recórdalo para sempre.

Sofía Toro, campioa olímpica: “Vivín cousas que nunca imaxinara. Viaxabamos moitísimo. Estiven en sitios nos que, se non fose pola vela, nunca podería ter ido”

A.N.: Algún deses momentos os tes reflectido na pel?

Sofía Toro: Eu non son nada de tatuaxes. Non teño ningún nin pretendo facelos. Teño moitísimas razóns para facerme moitos, por que hai moitas cousas que non se me esquecen e quero telas comigo toda a vida, pero non preciso tatualas na pel.

A.N.: A pregunta de rigor: Onde tes gardada a medalla de ouro de 2012?

Sofía Toro: Pois sempre digo que non está nun lugar moi especial. Está nun caixón na miña casa. Aínda non teño o sitio ideal para poñela. Houbo unha época na que estaba moito no meu bolso por que sempre que ía a unha entrevista pedíanme que a levase, pero agora xa leva un tempo nun caixón esperando un lugar privilexiado na miña casa.

 

Sofía Toro: “Como alumna pensaba so en aprobar xa e agora penso no proceso, en aprender, no camiño”

Etiquetas A Coruñacampioa olímpicaLondres 2012ouro olímpicoSofía TorovelaXogos OlímpicosXX.OO.
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

por Redacción As Nosas
14/01/2026
0

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, acompañado pola delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, participou na presentación da...

Trofeo Grillete da clase ILCA / RCNC

O Trofeo Grillete 2025 reúne á elite galega de ILCA

por Redacción As Nosas
01/12/2025
0

O Real Club Náutico da Coruña organizou na fin de semana do 22-23 de novembro unha nova edición do Trofeo...

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

'Maiores en Plena Forma', un programa de envellecemento activo / CONCELLO DA CORUÑA

‘Maiores en Plena Forma’ fomenta o envellecemento activo na Coruña

por Redacción As Nosas
23/10/2025
0

  O Concello da Coruña activa o programa 'Maiores en Plena Forma', con actividades gratuítas en 15 centros A Concellería...

María Nogueira, xogadora das Celtas / RC CELTA DE VIGO

As Celtas dobregan As Nosas deportivistas na Madroa e levan o duelo de rivalidade Vigo – Coruña do futfem galego (1-0)

por Redacción As Nosas
14/10/2025
0

As Celtas impuxéronse pola mínima ante un Dépor Abanca B que aguantou o primeiro tempo pero na segunda metade viuse...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.