• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Máis FutSal

Reactívase o fútbol e futsal galegos en formato exprés, sen descensos e con inscrición voluntaria

A Comisión Delegada da Real Federación Galega de Fútbol aproba o inicio das competicións autonómicas nun formato no que so haberá ascensos | O inicio está previsto para finais do mes de marzo

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
19/02/2021
en Máis fútbol, Fútbol, Fútbol Sala, Máis FutSal
Partido de fútbol do RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

224
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • A Comisión Delegada da Real Federación Galega de Fútbol aproba o inicio das competicións autonómicas nun formato exprés con ascensos, pero sen descensos.
  • A inscrición será voluntaria e abrirase un novo prazo e a tempada poderá durar máis aló do 30 de xuño.
  • Actívanse as categorías femininas 1ª División Feminina e Liga Galega Infantil Feminina, no caso do fútbol, e no futsal a Preferente feminina, Liga Galega Xuvenil feminina, Liga Galega Cadete feminina, Liga Galega Infantil feminina e Liga Galega Alevín feminina.
Real Federación Galega de Fútbol / FEDERACIÓN FÚTBOL
Real Federación Galega de Fútbol / FEDERACIÓN FÚTBOL

Logo do anuncio da Xunta de Galicia, a través do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, de que se permitía retomar a competición autonómica. As diferentes federacións están a dispór como e cando se realiza esa renudación ou incluso inicio das distintas competicións. No caso do fútbol, a Real Federación Galega de Fútbol  (RFGF) vén de comunicar que opta por un formato exprés que non terá descensos pero si ascensos e no que as competicións se retomarán, na súa meirande parte, no mes de marzo.

Así, a Federación Galega de Fútbol comunica que a finais do vindeiro mes de marzo regresarán á competición as principais categorías autonómicas do fútbol e o fútbol sala feminino. Farano nun formato rápido, cunha duración de 10 a 16 semanas, e tomouse a decisión de que haberá ascensos pero non descensos.

A entidade presidida por Rafael Louzán toma esta decisión despois do dictame emitido pola Xunta de Galicia no último DOG, que permite retomar as competicións federadas a nivel autonómico. A RFGF entende que as condicións son diferentes ás aprobadas pola Comisión Delegada en xaneiro, e por iso elevou este venres unha nova proposta ao órgano representativo da Asemblea Xeral para a súa aprobación.

Rafael Louzán, presidente da RFGF / SABELA MOSCOSO
Rafael Louzán, presidente da RFGF / SABELA MOSCOSO

Neste sentido, explica a federación galega que “a Orde do 15 de febreiro de 2021 da Consellería de Sanidade pola que se dispón a prórroga e a modificación das medidas de prevención específicas previstas na Orde do 26 de xaneiro de 2021, veu a modificar a situación do fútbol galego permitindo a práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico cunha serie de condicionantes”.

Coa orde de 26/01/21 as medidas de prevención postas en marcha como consecuencia da evolución da situación epidemiológica de Galicia, derivada da pandemia de COVID-19, derivaron na suspensión das competicións deportivas de ámbito autonómico. Outra consecuencia, tal e como subliña a RFGF, foi que se fixo imposible a preparación ao estar os adestramentos sometidos a limitacións. A nova orde, do 15/02/21, tamén a consecuencia da evolución da pandemia de COVID19 en Galicia, permite a práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico, aínda que cunha serie de condicionantes.

A paralización da actividade deportiva federada na nosa comunidade autónoma preto de catro semanas, tratoca a configuración das competicións que ían comezar. De aí que a RFGF considere que se impide a disputa das mesmas co formato inicialmente aprobado pola Comisión Delegada da Asamblea Xeral.

Na opinión da RFGF esta situación “debe reconducirse en atención ás competiciones autonómicas interconectadas con outras da RFEF”. Este novo escenario “obriga á celebración destas competicións de Liga para poder outorgar os correspondentes ascensos e recibir os descensos das mesmas, sen soslaiar o principio de igualdade competitiva que debe primar nas competicións federadas e que obriga ao seu traslado ao resto de competicións autonómicas”, detalla a federación galega.

Deste xeito, e en base á decisión adoptada polo Comité Clínico e publicada pola Xunta de Galicia no DOG, a Real Federación Galega de Fútbol decidiu “retomar a activación das principais categorías autonómicas que xa tiñan o inicio programado para finais de xaneiro antes da suspensión temporal de todo o deporte galego por parte da Xunta de Galicia”. Pero, segundo apunta a RFGF, “como a situación mudou logo destas case catro semanas de paralización, a Real Federación Galega de Fútbol entende que as condicións son diferentes ás aprobadas pola Comisión Delegada en xaneiro, e por iso elevou este venres unha nova proposta ao órgano representativo da Asemblea Xeral para a súa aprobación”.

Novo prazo de inscrición voluntaria

A Federación Galega de Fútbol informa ademais de que abre un novo prazo de inscrición voluntaria dos equipos e incide en que, aqueles que decidan non facelo, non terán consecuencias disciplinarias. O prazo comeza hoxe, venres 19 de febreiro, e manterase aberto ata as 23:59 horas do vindeiro venres día 26 de febreiro.

A proposta que se vai levar a Asemblea Xeral da RFGF consiste nas seguintes bases xerais do plan competicional das ligas activadas que fixo pública a federación:

  1. As competicións terán unha configuración exprés (duración de 10 a 16 semanas).
  1. Iniciaranse a finais de marzo as seguintes categorías:
  • Fútbol: Preferente Galicia, 1ª División Feminina, Liga Galega Xuvenil, División de Honra Cadete, Liga Galega Cadete, Liga Galega Infantil e tamén se suma a Liga Galega Infantil Feminina.
  • Fútbol Sala: Preferente masculina e feminina, Liga Galega Xuvenil masculina e feminina, División de Honra Cadete, Liga Galega Cadete masculina e feminina, Liga Galega Infantil masculina e feminina e Liga Galega Alevín masculina e feminina.
  1. Os efectos clasificatorios das competicións tenderán a dirimir os correspondentes ascensos, pero sen descensos. Sin que iso impida a posibilidade de descensos administrativos a modo de sanción pola comisión de infraccións graves que teñen estipulado ese castigo: tres incomparecencias ou retirada do equipo unha vez inscrito e con calendario aprobado.
  1. Ábrese un novo prazo de inscrición voluntaria dos equipos con motivo da modificación substancial das condicións da competición, sen que a falta de inscrición de equipos teña consecuencias disciplinarias. No caso das categorías inicialmente activadas, este prazo comeza hoxe e manterase aberto ata as 23:59 horas do vindeiro venres día 26 de febreiro.
  1. Á vista da tardía data de inicio das competicións debido ás medidas adoptadas polas autoridades sanitarias a causa da pandemia, así como en previsión de posibles suspensións temporais por causas de forza maior, acórdase que o remate da tempada podería ir máis aló do 30 de xuño.
  1. Esta tempada 2020/2021 non haberá cobertura de vacantes no suposto de renuncias por non inscrición nas distintas categorías debido á necesidade de acomodar as categorías aos seus formatos anteriores ás circunstancias extraordinarias derivadas da pandemia.
  1. Esta tempada 2020/2021 non rexerá ningún límite de xornadas para que se permita o cambio da orde de campos prevista no artigo 104.1. g) do Regulamento Xeral. – Aprobado en reunión de Comisión Delegada de data 19 de xaneiro de 2021.
  2. Manteranse todas as axudas aprobadas pola Xunta Directiva da RFGF, sempre e cuando se manteñan as que a RFEF traslada á RFGF. En caso contrario, estas axudas adaptaranse ás cantidades recibidas pola RFGF.
  3. En atención ás distintas casuísticas que pueden xurdir diante da falta de inscrición dos clubs e a non iniciación dalguna competición de liga (situacións que inciden de xeito directo e frontal sobre certos aspectos reglamentarios no ámbito das licencias federativas e a relación dos clubs e os seus futbolistas) a Comisión Delegada tense visto obrigada a modificar, con carácter excepcional e transitorio, certos artigos do Regulamento Xeral da RFGF en relación ao vínculo da licencia federativa entre o/a xogador/a e o club.
Fútbol Sala / SABELA MOSCOSO
Fútbol Sala / SABELA MOSCOSO

Reunións cos comités para mirar de activar máis categorías de fútbol e futsal

No referente ás demais categorías, a RFGF “consultará cos distintos comités na próxima semana para tomar decisión relativas a unha posible activación, reuníndose co Comité de Fútbol Base o luns e cos de Fútbol Feminino e Fútbol Sala o martes. En todo caso só se activarían si se dan as condicións sanitarias e competicionais para elo”.

⚠️ | A Comisión Delegada da RFGF aproba o inicio das competicións autonómicas ́ ,

➡️ O inicio está previsto para finais de marzo

https://t.co/HMr8AQEMxr pic.twitter.com/YBaUmKbvog

— RFGF (@futgal) February 19, 2021

Etiquetas ascensocompeticióndescensofútbolfútbol salafutsalLigaRFGF
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.