• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Así queda a práctica deportiva en Galicia desde o mércores 17 de febreiro

Permítese a competición autonómica seguido os protocolos Fisicovid-Dxtgalego | Pódense reabrir instalacións deportivas ao aire libre para a práctica do deporte individual

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
16/02/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
patrocinio Actividades deportivas no Deporte Galego / XUNTA DE GALICIA

Deporte Galego / XUNTA DE GALICIA

188
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciaba o luns 15 de febreiro que desde mañá, mércores 17 de febreiro, se levantaban algunhas das limitacións impostas ao deporte galego semanas atrás. O DOG aludía ás indicacións da Secretaría Xeral para o Deporte para unha mellor compresión e este organismo autonómico vén de facer pública unha ‘Guía simplificada das medidas preventivas para facer fronte ao risco de contaxio pola Covid-19 de aplicación ao Deporte Galego’.

Alberto Núñez Feijóo na súa comparecencia tras falar co comité clínico / XUNTA DE GALICIA
Alberto Núñez Feijóo na súa comparecencia tras falar co comité clínico / XUNTA DE GALICIA

Os cambios máis significativos, tal e como apuntaba o presidente Feijóo son que se poderán volver celebrar competicións deportivas en Galicia de ámbito autonómico e que se permite a reapertura de instalacións deportivas ao aire libre para a práctica do deporte individual.

Segue sen permitirse, por exemplo, a asistencia de público a “eventos, adestramentos e competicións deportivas de ámbito Estatal que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública”.

A Reigosa, Friol / LAURA G.
A Reigosa, Friol, sen público / LAURA G.

As medidas previstas nesta normativa terán efectos desde as 00.00 horas do día 17 de febreiro de 2021 e estenderán a súa eficacia ata as 00.00 horas do día 3 de marzo de 2021.

Na súa guía, a Secretaría Xeral para o Deporte refírese ao Decreto 26/2021, do 15 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas en Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada do estado de alarma para conter a propagación de infeccións polo SARS-CoV-2; así como á Orde do 15 de febreiro de 2021 pola que se dispón a prórroga e a modificación das medidas de prevención específicas previstas na Orde do 26 de xaneiro de 2021, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 en Galicia.

A guía da Secretaría Xeral para o Deporte distingue principalmente entre deporte federado e non federado.

Guía para o deporte non federado

Advirte que a práctica da actividade física ou deportiva so poderá realizarse ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre, de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara. Non se considera práctica individual a actividade física ou deportiva de 1×1 entre non conviventes.

Se fora preciso, as persoas con discapacidade poderán realizar a práctica con guía ou cunha persoa de apoio.

En todo caso, a práctica da actividade física ou deportiva realizarase respetando os límites perimetrais e de horario nocturno establecidos.

En tanto aos lugares para a práctica permítese a práctica da actividade física e deportiva non federada, de forma individual, en instalacións deportivas ao aire libre. O resto de instalacións deportivas, conforme ao disposto no artigo 4 da orde do 15 de febreiro de 2021, permanecerán pechadas.

Ao respecto doutros espazos, como os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

Skate
Skate

Nestes outros espazos a guía da Secretaría Xeral para o Deporte especifica que “deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.3 do Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xuño de 2020, na súa redacción vixente”.

Tamén advirte que deberán aplicarse “as medidas de hixiene e prevención establecidas, especialmente no que se refire a proceder diariamente á limpeza e desinfección destes espazos nas áreas de contacto das zonas comúns, tales como xogos das zonas infantís, aparellos de actividade física ou outro mobiliario urbano de uso compartido”.

Lavado de mans
Lavado de mans

E recoméndase “dispor neses espazos, especialmente no que se refire a parques infantís, de dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, debidamente autorizados e rexistrados, ou dunha solución xabonosa no caso de espazos para menores de dous anos de idade.

Polo que atinxe ás restricións de mobilidade e de horario nocturno, en todo momento deberán de respetarse ás limitacións perimetrais e de horario nocturno establecidos.

Guía para o deporte federado estatal

Neste caso o documento publicado pola Secretaría Xeral para o Deporte distingue entre o Deporte Federado de nivel nacional e o de ámbito autonómico.

Con respecto ao estatal explica que as competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos ·desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes·.

O Protocolo de referencia será o Protocolo de actuación para la vuelta de competiciones oficiales de ámbito estatal y carácter no profesional, aprobado polo Consejo Superior de Deportes, así como no seu caso o Protocolo reforzado que aprobe cada unha das Federacións Deportivas Españolas.

Test covid19 do Pescados Rubén Burela - PRB
Test covid19 do Pescados Rubén Burela – PRB

Mantense o control mediante test regulares para as modalidades deportivas que impliquen contacto. Que no caso dos e equipos ou deportistas galegos incluía realizar test serolóxicos ou probas similares cada 14 días naturais. E para equipos ou deportistas procedentes doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia, obrigaba xa antes a realizar test serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da competición, así como comunicar con idéntica antelación ás autoridades sanitarias autonómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, segundo o formulario establecido. Tamén advirte a guía que no caso de desprazarse desde zonas de alta incidencia de COVID19 deberán ter en conta o sinalado no seguinte enlace.

Ao respecto das instalacións deportivas a guía indica que poderán permanecer abertas as instalacións deportivas nas que se celebren adestramentos ou competicións de ámbito federado nacional. Tamén os vestiarios e zonas de ducha: poderán ser usados cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada

E polo que atinxe ás restricións de mobilidade e de horario nocturno se exceptúan das limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se realicen en cumprimento de obrigas laborais e profesionais, así como para adestramentos ou competicións deportivas federadas.

Guía para o deporte federado autonómico

Tal e como explica a guía publicada pola Secretaría Xeral para o Deporte a práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico, adestramentos e competicións, axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados. Do mesmo xeito que se viña facendo antes de que se restrinxise a súa práctica hai unhas semanas.

No que respecta ás instalacións deportivas, poderán permanecer abertas as instalacións deportivas en que se celebren adestramentos ou competicións de ámbito federado autonómico. Como acontecía no caso do deporte de ámbito estatal, vestiarios e zonas de ducha: poderán ser usados cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada.

Exceptúanse das restricións de mobilidade e de horario nocturno aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se realicen para adestramentos ou competicións de ámbito federado autonómico.

Autobús do Dépor ABANCA / RCD
Autobús do Dépor ABANCA nun desprazamento / RCD

Que se consideran desprazamentos adecuadamente xustificados, quen pode desprazarse e cal é a documentación? 

Especifica o documento da  Secretaría Xeral para o Deporte que considerae adecuadamente xustificados os seguintes supostos:

  1. Que o desprazamento estea xustificado pola realización dun adestramento vinculado á participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva ou pola participación nunha competición deste tipo. A estes efectos, como norma xeral, para esta excepción establécese un período previo de 4 semanas á celebración da competición.
  2. Que non existan alternativas de realización do adestramento e/ou da celebración da competición nun ámbito territorial que non exixa un desprazamento afectado polas limitacións á liberdade de circulación vixentes.

As persoas que poderán realizar neses supostos o desprazamento poderá ser:

  • Deportista federada participante en competicións oficiais cun calendario aprobado para a tempada 2020/2021.
  • No caso de acreditarse a súa necesidade, sparrings das persoas deportistas federadas de alto nivel, de alto rendemento deportivo ou incluídas en programas de tecnificación e rendemento deportivo, recoñecidas polo Consejo Superior de Deportes ou pola Secretaría Xeral para o Deporte ou órgano autonómico competente da Administración autonómica.
  • Outro persoal autorizado (delegadas, etc.)

Por suposto, esta xustificación deberá estar acreditada e para iso a Secretaría Xeral para o deporte apunta que a persoa que se desprace xustificadamente deberá porte, durante o desprazamento, un certificado, segundo o modelo que facilita a propia administración autonómica, da correspondente federación ou club deportivo federado co seguinte contido mínimo:

  • Identificación da persoa que se despraza e da súa participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva.
  • Lugar do adestramento xustificando a súa vinculación coa participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva e/ou lugar da competición.
  • Data e horario de realización do adestramento e/ou da celebración da competición.
  • Xustificación da non existencia de alternativas de realización do adestramento e/ou da celebración da competición nun ámbito territorial que non exixa un desprazamento afectado polas limitacións á liberdade de circulación vixentes.

No caso de certificacións emitidas polos clubs, estes deberán comunicar á Federación respectiva un listado dos mesmos, a efectos do seguimento e verificación por parte destas.

As Federacións Deportivas Galegas remitirán semanalmente á Secretaría Xeral para o Deporte a información sobre os certificados emitidos, coa relación nominal dos deportistas e outros axentes autorizados.

CONSULTA O TEXTO COMPLETO DA GUÍA SIMPLIFICADA DAS MEDIDAS PREVENTIVAS PARA FACER FRONTE AO RISCO DE CONTAXIO POLA COVID-19 DE APLICACIÓN AO DEPORTE GALEGO

PRACTICA DEPORTIVA GALICIA
PRACTICA DEPORTIVA GALICIA
Etiquetas COVIDCOVID-19COVID19deporte galegoDxtgalegoFISICOVIDNÚÑEZ FEIJÓORESTRICIÓNSSecretaria Xeral para o DeporteXunta de Galicia
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Recepción a deportistas galegos olímpicos e paralímpicos nos Xogos de París 2024 moitos deles teñen a consideración de deportistas de alto nivel/ XUNTA DE GALICIA

O número de deportistas galegos recoñecidos no alto nivel segue subindo e xa acada os 1.712

por Redacción As Nosas
29/10/2025
0

  Con as novas 85 incorporacións, o número total de deportistas galegos e galegas recoñecidos e recoñecidas no alto nivel...

Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade

Os premios Deporte Galego dos anos 2023 e 2024 recoñecen o traballo de 48 persoas e entidades

por Redacción As Nosas
03/09/2025
0

Teresa Abelleira, Adrián Ben, Melania Rodríguez, Rodrigo Corrales, Jorge Prado, Susana Rodríguez, Judith Rodríguez, Adiaratou Iglesias, Gustavo Dacal, Martín de...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Terra Move, unha plataforma para impulsar o mecenado deportivo en Galicia

por Redacción As Nosas
29/07/2025
0

  No último Consello da A Xunta de Galicia facíase público o acordo polo que se autoriza a sinatura do...

O K4 500 integrado por Sara Ouzande, Estefanía Fernández, Carolina García e Teresa Portela compite ao máis alto nivel/ RFEP

O número de deportistas galegos recoñecidos no alto nivel segue medrando e chega aos 1.256

por Redacción As Nosas
03/07/2024
0

  O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución do 21 de xuño de 2024 pola que se...

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, recibiu ao Dépor ABANCA despois do seu ascenso á Liga F / XUNTA DE GALICIA

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibe ao Dépor ABANCA despois do ascenso

por Redacción As Nosas
22/04/2024
0

  Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, deu os seus parabéns ás integrantes do Dépor ABANCA polo ascenso á...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.