• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de Galicia
Inicio Opinión

Ese único latexo do Dépor ABANCA hoxe sentímolo no corazón

Silvia Carregal

Silvia Carregal por Silvia Carregal
19/04/2024
en Opinión
103
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

No mundo do fútbol adoita decirse que estamos ante un deporte que é un sentimento. E avísase co “non trates de entendelo”. Cando chegan as rectas finais de tempada todo iso agudízase máis. Hai en xogo descensos, títulos e ascensos nos que os equipos reciben o premio ou o castigo de meses de traballo. Nestas situacións agroman máis que nunca os sentimentos, xusto cando no campo a cabeza debera estar máis fría e calculadora que nunca. Pero a cabeza non para por que as neuronas móvense ao ritmo dun corazón que latexa a un compás máis elevado do habitual movido por ese sentimento que pode coa cabeza. O metrómono tolea. Acelérase.

Nesta fase final da liga regular na Primera Federación o Dépor ABANCA aspira a disputar o vindeiro curso a Liga F. Leva todo unha tempada traballando por retornar á elite do futfem estatal. A pasada acariñou a volta á máxima categoría. Quedou ás portas. O remate definitivo deu no pau.

Este ano As Nosas deportivistas dependen de si mesmas. O domingo á mañá, contra as 12:00 (horario unificado nas dúas últimas xornadas) reciben ao Cacereño. Farano en Riazor. No templo deportivista. Todo apunta a que as galegas poderían certificar o seu ascenso nesta xornada, diante do seu público e nun escenario ideal.

Pero non estou aquí para falar de posibles ascensos e de festexos, que xa se sabe que “hai que ter coidado coa festa que cha quitan dos fouciños”.

Veño a falar de sentimentos e de fútbol. Que van parellos dentro e fóra do tepe. E de que como sendo o fútbol sentimento, é tempo de controlalo.

A adestradora do Dépor ABANCA, Irene Ferreras, leva tempo traballando coas fútbolistas que prepara non só o físico e o táctico, se non tamén a xestión dos momentos, en aprender a ler cada partido nos seus tempos. Saber sufrir, a ter paciencia, medir esforzos. Intelixencia emocional sobre o terreo de xogo. Algo fundamental en momentos chave coma este que se vive nesta recta final de tempada para as branquiazuis.

Por que si, claro que o fútbol é técnica, táctica, anos de adestramento para mellorar no físico, no concepto de xogo. Ás veces en horarios imposibles que as deportistas compaxinan con estudos ou outros traballos alléos ao mundo da redonda.

E si, claro que o fútbol e xestión de grupos, equipo, e liderado. E incluso ás veces esquecemos que son papeleos de despacho para cadrar as contas, tramitar fichas, reservar campos. E son quilometros de estrada para ver unha xogadora ao vivo, e horas de video para facer scouting intentando coñecer mellor ás rivais e ás posibles incorporacións.

O fútbol é incluso esas lesións das que saes máis forte, nas que estás acompañada polas túas compañeiras e o resto do staff, nas que che fan sentir parte do grupo aínda que non poidas tocar balón e as túas xornadas estean lonxe do tepe e vaian durante meses da fisio, ao ximnasio.

Pero por encima de todo iso dentro do campo, no vestiario, na bancada, incluso nos despachos aínda que parezan fríos, o fútbol é sentimento. E chegados a ese punto, insisto: mellor que non trates de entendelo.

Non sei se é casualidade ou é que o corazón, ese órgano que ligamos tanto aos sentimentos, ten moito peso nesto do balompé, pero convídovos a poñer atención no lema que tiña o Dépor ABANCA cando ascenderon á elite aló polo ano 2019. Lembrádelo? Era este: #UnÚnicoLatexo. Este ano o cancelo que se está a usar nas redes  é #SentímoloNoCorazón. En ambos os dous casos un corazón azul acompaña á frase inspiracional.

Os anos de adestramentos, a técnica e a táctica e o esforzo físico levaron As Nosas deportivistas ata aquí. E non sei se desta vai, se ese traballo de xestión emocional e de controlar os tempos do xogo darán o froito esperado, pero si sei que aquel único latexo do Dépor ABANCA hoxe sentímolo no corazón aquelas persoas que temos o peito tinxido de branquiazul.

Ao Dépor ABANCA quéndalle poucos chanzos para alcanzar a meta. É tempo de paciencia, sentidiño e de ter claro que se non é esta finde non acaba o mundo. E tempo de camiñar sen apremios, as presas non axudan, tende a certeza de que o esforzo ten recompensa.

Escoitade ese latexo único e sentídeo no corazón, seguro que é o tempo idóneo no metrónomo que porá a banda sonora perfecta ao partido deste domingo.

Vémonos na nosa casa!

Etiquetas As NosasDépor ABANCAfútbolopiniónSilvia Carregal
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas
Silvia Carregal

Silvia Carregal

Licenciada en Xornalismo e máster en xornalismo dixital. Directora de As Nosas. En 1994 iniciu súa andaina como xornalista deportiva. Ten traballado en televisión, prensa, radio, medios dixitais e axencias, asumindo diferentes responsabilidades entre das que estivo a de xefa de deportes. Nos anos oitenta participa, como xogadora, na fundación do Sal-Lence Fútbol Sala. Como xornalista puxo en marcha o espazo Ellas También Juegan adicado á visibilización do papel da muller no deporte en Galicia. En 2013 o colectivo MUDEGA premia a súa traxectoria xornalística pola achega á hora de visibilizar o deporte feminino galego.

KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Equipo español marcha atlética no Podebrady 2025 con Dani e Antía Chamosa / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa, cuarta no Campionato de Europa de marcha 20k

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Equipo español marcha atlética no Podebrady 2025 con Dani e Antía Chamosa / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa, cuarta no Campionato de Europa de marcha 20k

20/05/2025
Campionato galego de atletismo sub-16 sub-20 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Títulos para Ourense, Celta, Narón e Gimnástica nos campionatos de clubs Sub-16 e Sub-20 galegos de atletismo

20/05/2025
Edymar Brea, segunda pola dereita, no Campionato de España / SPORTMEDIA MARTÍN DE ÁLAVA PÉREZ PARA A FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ATLETISMO

No Campionato de España en Ruta o atletismo galego acada seis medallas individuais e unha por equipos

19/05/2025
O Conservas Orbe Zendal BM Porriño posa coa a súa afeccion na final da European Cup / BM PORRIÑO

Subcampionato na European Cup para un Conservas Orbe Zendal BM Porriño que loitou polo título ata o último segundo

18/05/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.