- Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, deu os seus parabéns ás integrantes do Dépor ABANCA polo ascenso á Liga F.
- Destaca ás xogadoras como un gran exemplo para todas as nenas galegas.
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, recibiu no Pazo de Raxoi ás xogadoras e corpo técnico do Dépor ABANCA, despois de que onte conseguiran o ascenso á Liga F, a máxima categoría estatal do fútbol feminino español tras derrotar ao Cacereño Femenino.
No encontro, Alfonso Rueda encomiou o logro do equipo coruñés, que volve á elite do fútbol español despois de tres anos na segunda categoría, e as destacou como un gran exemplo para todas as nenas galegas polo seu esforzo e constancia para cumprir os seus obxectivos.
Ver esta publicación en Instagram
Rueda: “Trascende a toda Galicia”
O presidente do executivo galego rematou a súa intervención felicitando a todas as integrantes do equipo, dando importancia tamén a aqueles cuxo traballo do día a día non destaca tanto pero é fundamental, e o salientou como referente para o deporte feminino que “transcende a toda Galicia e incluso a toda España”.
A adestradora do Dépor ABANCA, Irene Ferreras, presentou ás futbolistas ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Na recepción estiveron tamén o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.
O que logrou onte o @RCDeportivoFem é un orgullo enorme para o deporte galego. Un deses referentes imprescindibles para que o fútbol feminino sexa, simplemente, fútbol.
A constancia e o esforzo levouvos de novo ao máis alto. Parabéns polo ascenso á @LigaF_oficial! pic.twitter.com/TTI7U1d7Hg
— Alfonso Rueda (@AlfonsoRuedaGal) April 22, 2024