• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

O Burela lévase o primeiro derbi galego da segunda fase (4-1)

As Guerreiras Laranxas foron superiores a un Ourense Envialia loitador ata o final

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
27/03/2021
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Ourense Envialia vs Pescador Rubén Burela / NACHO REGO BURELA FS

Ourense Envialia vs Pescador Rubén Burela / NACHO REGO BURELA FS

185
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Pescados Rubén Burela comeza imparable a segunda fase anotándolle unha goleada ás xogadoras do Ourense Envialia, no derbi galego que abría a segunda fase competitiva.

Cun 4-1 final as laranxas confirman o seu poderío na máxima división do futsal español, ante un conxunto ourensán que pelexou ata os intres finais.

Dominio do Burela na primeira metade

O partido deu comezo con Vane, Chiki, Jenny Lores, Iria Saeta e Laura Uña no quinteto titular do bando local e Dany, Peque, Cami, Ale de Paz e Sandra no visitante.

Leti do Pescador Rubén Burela conduce o esférico ante unha xogadora do Ourense Envialia / NACHO REGO PRBFS
Leti do Pescador Rubén Burela conduce o esférico ante Iria Saeta do Ourense Envialia / NACHO REGO PRBFS

Desde os primeiros minutos de partido, as laranxas quixeron deixar constancia da súa pegada e o nivel que lles mereceu esta tempada do título do mellor equipo do mundo. Ante isto, o Envialia confiaba nas contras da man de Laura Uña, para ter a súa primeira ocasión. Porén, non foi quen de transformala, ao encontrarse con Sandra en portería.

Morenín viuse obrigado a mover ás súas xogadoras, facendo dous cambios desde o banco antes do minuto 5. Desta forma deu entrada a Sara Moreno e despois a María Arias, para facer fronte ás laranxas. Mentres, estas seguían presionando ás locais ata que no minuto cuatro estrearon marcador.

Cami foi a autora da xogada, roubando o balón e definindo ante a portería de Vane sen complicacións. O gol en contra obrigou ao adestrador do Envialia a efectuar o terceiro cambio, metendo a Judith na pista de Os Remedios.

Primiero gol do Burela ante o Envialia / CONCELLO DE OURENSE
Primeiro gol do Burela ante o Envialia / CONCELLO DE OURENSE

Cun punto de distancia, o banco visitante tamén rotou ás súas, dando entrada a M. Cortés e Luisa Mayara no minuto 5 e a Bea Mateos só un minuto despois. Co conxunto renovado na cancha, o Burela seguía levando o bastón de mando no partido, ante un Ourense Envialia que intentaba xerar ocasións, pero sen éxito.

A tivo de novo o cadro laranxa, primeiro da man de Peque e despois de Jane. Polo bando local, unha contra de Jenny Lores buscou a Sara Moreno, que non chegou a tempo.

Sen opcións no Envialia, o Burela facía o que quería sobre a pista, xerando ocasións constantes cun ritmo alto de xogo. O partido calentábase cada vez máis pola rivalidade entre ambos conxuntos, e así chegaron dúas amarelas case consecutivas, a primeira delas a Ale de Paz, que tivo ocasión de marcar, e a segunda a Iria Saeta.

As ourensás librábanse por momentos da goleada grazas ás intercepcións nas liñas de defensa e as accións de Vane baixo paos. A propia gardameta evitou unha oportunidade moi clara de Jane, que a piques estivo de marcar o segundo laranxa.

Morenín dando instruccións ás súas xogadoras do Envialia ante o Burela / CONCELLO DE OURENSE
Morenín dando instruccións ás súas xogadoras do Envialia ante o Burela / CONCELLO DE OURENSE

Con dez minutos de xogo xa transcurridos, Morenín recurría ao tempo morto para atopar a clave e facer dano ao Burela.

O segundo tanto das mariñás sobrevoaba xa a meta local, con ocasións como a case asistencia de Peque a Cortés ou o disparo de Iria Saeta ao pao. Tamén tivo o empate a punto o Envialia, cun dobre penalti que non subiu ao marcador.

Quen si marcaría sería Peque xusto antes da pausa, cun gol en xogada con Cortés mediante un disparo cruzado desde a banda. Antes do descanso, o Burela puido poñerse a tres, cun lanzamento de Lara Balseiro, mentres que o Envialia ameazaba con abrir o seu casilleiro cun dobre penalti e un lanzamento de Iria Saeta.

Reacción local

Na segunda parte o gol laranxa non tardou moito en chegar e o fixo aos tres minutos da reanudación con Ale de Paz como autora. A propia xogadora, xunto coa capitá Peque, estivo rondando o cuarto tanto, igual que o farían minutos máis tarde Jane a pase de Mayara.

Luisa Mayara do Pescador Rubén Burela conduce o esférico ante unha xogadora do Ourense Envialia / NACHO REGO PRBFS
Luisa Mayara do Pescador Rubén Burela conduce o esférico ante Iria Saeta do Ourense Envialia / NACHO REGO PRBFS

Antes diso, de novo Iria Saeta no Envialia supuxo unha ameza para a gardameta laranxa, aínda que o seu disparo marcharía pola liña de fondo. Jenny Lores tamén o intentaría cunha vaselina que non pasou entre os tres paos.

O Envialia confiaba nas contras como ocasións para anotar, pero a defensa laranxa era un muro forte que impedía que o balón tocase a rede. As burelistas dominaban sen problemas os tempos e o xogo, case sen pérdidas de balón.

Pero o maior susto para o Envialia chegaría no minuto 28, cando a recentemente recuperada Sara Moreno tiña que abandoar a pista tocada.

Sara Moreno tivo que abandoar a pista no Envialia - Burela / CONCELLO DE OURENSE
Sara Moreno tivo que abandoar a pista no Envialia – Burela / CONCELLO DE OURENSE

Coa xogadora fóra do partido, as ourensás seguiron pelexando á contra forzando a Jozi a intervir baixo paos, ata conseguir o seu primeiro tanto. Este chegaría, como non podía ser doutra forma, cun contraataque de Chiky aproveitado por Meri na segunda instancia e reducindo a brecha xa no tramo final do partido.

Cos ánimos recuperados, as locais buscaron o segundo gol, con Judith como xogadora máis destacada, mentres que o Burela seguía dominando malia as amarelas a Bea Matos e Ale de Paz, que foi expulsada.

Morenín pedía parar o cronómetro para dar indicacións ás súas e facer dano a unhas Guerreiras Laranxas imparables. Non o conseguiu e un minuto despois chegaría o cuarto gol mariñán, obra de Dany. Xa nos minutos finais as ourensás optaron polo xogo de cinco, pero xa era tarde para a reacción, e os tres puntos marcharon a Burela.

O Burela festexa a vitoria ante o Envialia / BURELA FS
O Burela festexa a vitoria ante o Envialia / BURELA FS

FICHA TÉCNICA

OURENSE ENVIALIA FSF: Vane, Laura Uña, Chiky, Jenny Lores, Iria Saeta, cinco inicial; tamén xogaron Sara Moreno, María Arias, Judith, Mery, Paula e Susana.

PESCADOS RUBÉN BURELA FS: Sandra Buzón, Dany, Peque, Cami, Ale de Pz, cinco inicial; tamén xogaron M. Cortés, Luísa Mayara, Bea Mateos, Jane, Elena Aragón, Lara Balseiro, Jozi Oliveira.

GOLES: 0-1, minuto 4, Cami; 0-2, minuto 16, Peque; 0-3, minuto 23, Ale de Paz; 1-3, minuto 31, Mery; 1-4, minuto 37, Dany.

ÁRBITROS: Vilas López // Menéndez Nistal (Galicia). Por Ourense amarela a Iria Saeta (minuto 10). Por Burela amarela a Ale de Paz (minuto 10 e 35), Bea Mateos (minuto 33)

INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada primeira da segunda fase de Primeira División Feminina no grupo que loita pola conquista do título de Liga da RFEF. O encontro disputouse no Pavillón dos Remedios de Ourense.

Etiquetas BurelaBURELA FSfútbol salafutsalGuerreiras LaranxasJulio DelgadoMorenínourenseourense envialiaPescados Rubén BurelaPrimeira División de Fútbol Sala
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Galicia, fútbol sala / FUTGAL

A Galicia cae ante Cataluña no amigable entre seleccións absolutas de futsal disputado en Lugo (1-3)

por Redacción As Nosas
04/07/2026
0

Non puido ser. A Selección de Galicia absoluta feminina de fútbol sala despediuse de Lugo cunha derrota ante Cataluña no choque...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

18/07/2026
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así é o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

18/07/2026
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

13/07/2026
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.