O duelo entre as xogadoras galegas do Aceites Abril e do CV Bruxas centraba a atención na nosa comunidade con respecto á Primeira División Feminina Grupo A, categoría na que militan ambas as dúas escuadras. O triunfo caeu do lado ourensá por 3-0.
O Aceites Abril CV Ourense senior sacou da mochila a súa mellor versión para saltar á pista e dobregar ao CV Bruxas. Grazas a este triunfo, as locais consiguen afianzarse na segunda posición da clasificación neste categoría. As xogadoras do conxunto da Cidade das Burgas ocupan esa praza a só unha xornada de chegarse ao final da primeira volta da competición. As galegas teñen so un punto menos que o CV Oviedo, actuales líderes, polo que están moi ben posicionadas para asaltar o cumio da táboa.
Ambos os dous equipos galegos afrontaban o encontro con moitas necesidades de conseguir os tres puntos para poder manterse na loita polos primeiros postos da clasificación.
O cruce comezou co equipo local moi concentrado e efectivo en todas as súas facetas do xogo. Grazas a iso pronto foron quen de abrir unha fenda no marcador que se mantería até o final do primeiro set (25-17).
O CV Bruxas rexurdíu no segundo set e puxo en apuros ao Aceites Abril
O inicio do segundo set foi máis desafortunado para o CV Ourense Aceites Abril, o CV Bruxas conseguía incomodar a recepción das ourensás e sacaban unha importante renda até colocarse 21-17. A partir deste momento a reacción local foi inmellorable, conseguindo reducir a diferenza até igualar o tenteo e finalmente pechar un set de infarto (25-23).
Esta situación manteríase nun terceiro set en que os constantes intercambios de puntos entre ambos os equipos anunciaban outro final de set máis que emocionante. Finalmente, as de Pablo Pérez, estiveron máis acertadas na recta final e pecharon un gran encontro cun 27-25 no último e definitivo set.

O Aceites Abril podería pórse primeiro a seguinte fin de semana
A vindeira xornada, o Aceites Abril ten diante de si un importantísimo reto ao visitar a cancha das líderes, o CV Oviedo. Na súa man está facerse co posto máis alto. Se as galegas vencen, poden adiantar na clasificación ás ovetenses, colocándose así áfronte da táboa neste grupo A da Primeira División Femenina do voleibol español. Este partido crucial, será o próximo sabádo 12 de decembro ás 17:00 horas no Pavillón Polideportivo José Manuel Fuente da cidade asturiana.
O outro equipo asturiano, o Curtidora Universidad de Oviedo, visitará o Pavillón Municipal de Bertamiráns para medirse ao CV Bruxas. Será tamén o sábado 12 de decembro pero ás 19:30 horas. O rival das de Ames ven de vencer 3-1 ao Fertiberia Los Campos.
MIRA AQUÍ A TRANSMISIÓN DO PARTIDO QUE FIXO EN VIVO O CV OURENSE ACEITES ABRIL