PUBLICIDADE - DEPORTE GALEGOPUBLICIDADE - DEPORTE GALEGOPUBLICIDADE - DEPORTE GALEGO

O Dépor ABANCA volve ao campo xogando contra o Valencia

Despois de ter que adiar dous partidos polo protocolo COVID-19, as branquiazuis volven á competición

En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Un contacto cunha persoa positiva en COVID-19 obrigou ao Dépor ABANCA a deixar durante uns días o terreo de xogo. Pasado o tempo establecido polo protocolo, as branquiazuis volven xa á competición cun partido contra o Valencia FCF, o domingo, 24 de xaneiro, ás 10:15 horas, no Campo Antonio Puchades da Cidade Deportiva de Paterna en Valencia.

Neste retorno á competición o técnico blanquiazul, Manu Sánchez, ten a baixa de Carolina Arbeláez, que ten molestas nas costas. Tampouco estará Ainoa Campo, que logo de estar uns días con adestramento específico non chega a este cruce en “condicións físicas óptimas”, segundo informa o club deportivista, e polo tanto non será da partida.

Esta décimo sexta xornada da Liga Iberdrola será o segundo partido que xoguen as de Manu Sánchez neste 2021, despois de perder por 4-1 contra o Granadilla Tenerife.

Máis sorte deberán ter para esta xornada, na que se enfrontan a un contrincante da metade da táboa. Cun partido máis, o Valencia FCF acumula dez puntos máis que as galegas e sitúase na décima posición.

Da mesma forma que lle ocorreu ás coruñesas, as valencianas non puideron disputar o anterior partido, previsto contra o Atlético de Madrid. Neste caso, o COVID-19 respetou ás futbolistas, pero foron os estragos causados por Filomena os que imposibilitaron a celebración do encontro.

No que si puideron xogar, o primeiro partido do ano, e coincidindo co derbi valenciano, as xogadoras do Valencia perderon ante o Levante por un 2-3.

O Dépor ABANCA mantense na loita pola permanencia coa segunda volta a piques de comezar

Despois de trece partidos disputados, as dúas vitorias e o empate acadados polo Dépor ABANCA as sitúan na posición de colista, pero aínda quedan moitos puntos por disputar.

Na Liga Iberdrola a primeira volta está a piques de rematar, e só catro puntos separan ás deportivistas do Sporting Huelva, décimo cuarto clasificado.

Precisamente, as andaluzas eran o contrincante co que as de Manu Sánchez pecharían a volta dos partidos de ida, nun duelo entre dous rivais case directos que deberá agardar ao ter sido adiado.

Adiado o encontro entre o Dépor ABANCA e Sporting Huelva

Así, malia ter que competir por non descender contra varios equipos, as boas sensacións coas que as coruñesas despediron o ano, e a cantidade de puntos e oportunidades que quedan por disputar dan motivos para a esperanza.

Lista de convocadas do Dépor ABANCA

Coas baixas de Carolina Arbeláez e Ainoa Campo adestrador das coruñesas, Manu Sánchez , convocou para esta nova xornada da Primera Iberdrola as futbolistas: Esther Sullastres, Noelia Villegas, Blanco, Iris Arnaiz, Michell, Athenea del Castillo, Alba Merino, Kika, Gaby, Noe Bermúmdez, Helena, Bedoya, Lady, Peke, Cris Martínez, Patri López e a canteirana Eva Dios, que se está a converter nunha fixa nas convocatorias do primeiro equipo deportivista.

O plan de viaxe das branquiazuis

As deportivistas viaxarán a Valencia en autobús desde Madrid a onde chegarán en avión. Tiñan previsto adestrar antes de viaxar pero finalmente mudouse ese adestramento matutino en Abegondo por una sesión de activación no Hotel Valencia Congress ao chegar. Así queda a súa organización da fin de semana:

  • Sábado 23 de xaneiro

12:15: Saída do voo do Aeroporto de Alvedro da Coruña con destino ao Aeroporto de Madrid – Adolfo Suárez.

13:25: Chegada aproximada a Madrid e traslado en autocar a Valencia.

18:00: Chegada aproximada ao Hotel Valencia Congress e entrenamiento de activación nas propias instalacións hoteleras

  • Domingo 24 de xaneiro

10:15 horas – Partido entre o Valencia FCF e Dépor ABANCA na Ciudad Deportiva de Paterna

14:10 horas – Saída do voo de Valencia dirección Santiago de Comspotela

15:40 horas – Chegada a Galicia

Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas