• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Voleibol Liga Iberdrola Volei

O CV Arenal Emevé apura o partido até o último momento e pon fin á súa serie de derrotas

As lucenses impuxéronse por 3-2 ao conxunto canario do CV Sayre CC La Ballena

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
20/11/2021
en Voleibol, Liga Iberdrola Volei
O Arenal Emevé dedica o partido ante o Sayre a promocionar a loita contra a violencia de xénero / EMEVE

O Arenal Emevé dedica o partido ante o Sayre a promocionar a loita contra a violencia de xénero / EMEVE

222
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • As Loitadoras volven á senda da vitoria tras unha montaña rusa de partido que levaron no tie-break.
  • As lucenses, que chegaron a dominar por 2-0, tiveron que pelexar ante un duro rival para finalmente levar os 2 puntos.
  • Os parciais do partido ante o CV Sayre CC La Ballena foron: 25-21, 25-18, 14-25, 20-25 e 15- 13.

O CV Arenal Emevé puxo fin á súa serie de tres derrotas consecutivas e fíxoo nun partido no que houbo suspense até o final. As Loitadoras impuxéronse a un correúdo CV Sayre CC La Ballena nun tie-break que puña fin a un choque de infarto.

Coa Copa da Raíña no horizonte, o duelo entre CV Arenal Emevé e CV Sayre CC La Ballena presentábase como un choque de alta intensidade no que a tónica esperada era a igualdade. Ambos os conxuntos estiveron á vez nun primeiro set moi parello que as locais comezaron a desequilibrar grazas a tres erros consecutivos das canarias. Con 16-14 tivo que pedir tempo morto Alberto Rodríguez para tentar retomar a iniciativa, pero as Loitadoras apropiáronse do temón. Sempre por diante, o primeiro set acabou en mans locais tras un saque directo de Jimena Fernández Gayoso que puña o 25-21.

A segunda manga arrincou cun CV Arenal Emevé moi contundente que obrigou ao técnico visitante a parar o partido con 4-0. As de casa levaron o refacho até o 6-1, cando Silvia Araco anotou o primeiro punto das canarias grazas a un bloqueo a Mari Capovilla.

A firmeza no bloqueo permitiulle ás Loitadoras levar o electrónico até un 8-1 que tivo un efecto espertador para CV Sayre CC La Ballena. Aos poucos foron remontando as amarelas até chegar a porse por diante 9-10. Ese foi o momento elixido por José Vale para chamar ás súas á lousa. As lucenses axustaron o bloqueo e a recepción para volver apoderarse da iniciativa.

A partir de aí Mosquera, Lavado e Capovilla deron un estirón para apropiarse da rede e a base dunha moi boa defensa as lucenses pechaban un 2-0 que puña a vitoria a tiro de pedra.

Os primeiros compases do terceiro set mostraron a un CV Sayre CC La Ballena con ganas de alargar o partido. O seu bo inicio obrigou a José Valle, adestrador do Emevé, a pedir tempo morto con 2-6, pero as súas instrucións non terminaban de funcionar.

Probou tocando outra tecla que lle adoita funcionar, o dobre cambio de colocadora e oposta. Entraron Sara Urrea e Ainara Burgo por Jimena Fernández e Yael Castiglione buscando un cambio de dinámica que non se produciu porque as canarias aferrábanse con forza ás súas posibilidades de supervivencia aumentando a vantaxe até o oito puntos.

Nese momento (5-13) o técnico lucense dixo basta e volvía chamar ás súas ao banco. Probou de todo o de Abadín, pero unha nube parecía pousada sobre as súas nese terceiro período. As insulars foron un vendaval e non tiveron oposición para levar un set no que chegaron a gozar de vantaxes de até 14 puntos.

As dúbidas despois da terceira manga tampouco se disiparon nas locais no inicio da cuarta. O CV Arenal Emevé sufría moito ante o muro conformado pola brasileira Saldanha e a colombiana Hinestroza. A mellor anotadora e a mellor bloqueadora do campionato empezaron a carburar a tempo por desgraza das lucenses e fortuna das xogadoras do conxunto canario do CV Sayre CC La Ballen, que vía cada vez máis preto o tie-break.

A metamorfose de ambos os dous equipos pasara a ser absoluta: ás canarias saíalles todo e a maxia das lucenses nos dous primeiros apagouse. Tentaron saír do pesadelo as locais, pero foi demasiado tarde. Duelo empatado e a vitoria decidiríase na morte súbita.

A reacción do CV Arenal Emevé

Empuxadas polo público que se deu cita no pavillón municipal de Lugo, as xogadoras que adestra o técnico José Valle comezaron con outra cara o set definitivo. Máis concentradas na recepción e coa contundencia de Jimena Fernández Gayoso en ataque chegaron cunha cómoda vantaxe ao cambio de campo (8-4). Saldanha e Hinestroza volveron ser os puntais de CV Sayre CC La Ballena para buscar a remontada. As canarias limaron a distancia até un só punto (9-8) e obrigaron a José Valle abuscar axustes cun tempo morto.

Chegaron a empatar a visitantes mercé a dous erros na recepción das lucenses, pero cando máis apertaba a soga, as Loitadoras souberon sacarse dous remates espectaculares de Darlevis e Jimena para volver estirar o chicle (12-10). Resistíronse até o final as xogadoras que adestra o técnico Alberto Rodríguez, pero un block out acabo dando o punto definitivo ao CV Arenal Emevé para romper a súa serie de derrotas (xa ían tres consecutivas) cunha moi sufrida e merecida vitoria 3-2 ante o CV Sayre CC La Ballena.

Con este resultado o conxunto lucense colócase na sexta posición da táboa clasificatoria na Liga Iberdrola de voleibol, mentres as súas rivais desta oitava xornada descólganse ata o noveno lugar.

O conxunto que adestra José Valle deberá medirse a vindeira fin de semana co DSV Sant Cugat na súa cancha, o Pavelló Municipal de Valldoreix. Será o sábado 27 de novembro a partir das 16:00 horas. As catalás son as cuartas clasificadas. Así que o equipo galego terá un duro rival ante si mentres busca non retomar o camiño das derrotas. O DSV Sant Cugat aínda non xogou esta xornada. Ten previsto o seu choque contra o Cajasol Vóley Dos Hermanas para mañá domingo 22 de novembro, polo que aínda podería subir ata a terceira praza na clasificación da Liga Iberdrola de volei.

FICHA TÉCNICA

3) CV ARENAL EMEVÉ: Darlevis Mosquera, Inma Lavado, Mariana Capovilla, Yael Castiglione, Marta Otero e Jimena Fernández Gayoso – sexteto Inicial -. Tamén xogaron: Eliana González (Líbero), Lidia Figueira, Ainara Burgo, Sara Urrea e Inés Rivas Fiel.

2) CV SAYRE CC LA BALLENA: Silvia Araco, Theresa Hetmann, Saldanha, Laura Suhr, Sara Esteban e Angie Hinestroza – sexteto Inicial -. Tamén xogaron: Laura Juan (Líbero), Beranuy e Ordoñez.

PARCIAIS: 25-21 (23’), 25-18 (25’), 14-25 (21’), 20-25 (27’) e 15-13 (19’)

ÁRBITROS: Francisco Sabroso e Rafael Tabares

INCIDENCIAS: Partido correspondente á oitava xornada da Liga Iberdrola de voleibol, disputado no pavillón municipal de Lugo ante 200 espectadores nas bancadas. O partido serviu para a concienciación contra a violencia de xénero dentro da campaña NON da Xunta de Galicia. 

José Valle: “Era moi importante gañar, facelo en casa, foi dobremente importante”

Etiquetas CV Arenal EmevéCV SayreLiga Iberdrola VoleibolLugoVoleibol
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O CV Arenal Emevé de Lugo milita na Liga Iberdrola / CV EMEVE IG

Triunfo do CV Arenal Emevé 3-2 ante o CV Sayre

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

Na Liga Iberdrola, o CV Arenal Emevé conseguiu unha xustada vitoria por 3-2 ante o CV Sayre Centro C. La...

CV Arenal Emevé vs JCV JAV Olímpico Gran Canaria / RFEVB.COM

Tres sets foron abondo para que o CV Arenal Emevé superase ao Emalsa Gran Canaria

por Redacción As Nosas
26/10/2025
0

O CV Arenal Emevé: de David a un Ciclón que levou por diante ao Goliat Emalsa Gran Canaria. O conxunto...

CV Arenal Emevé vs CV Melilla / CV EMEVÉ LUGO

O CV Arenal Emevé dálle a volta ao partido e leva o primeiro triunfo da tempada 25-26 na Liga Iberdrola

por Redacción As Nosas
11/10/2025
0

O CV Arenal Emevé cheo de fouteza remonta e logra a primeira vitoria da tempada As loitadoras lucenses dérolle a...

Clara Carreira / CV EMEVÉ

A líbero lucense Clara Carreira renova e consolida o seu posto no primeiro equipo do CV Arenal Emevé

por Redacción As Nosas
09/08/2025
0

Internacional en categorías inferiores de España, Clara Carreira debutou en Superliga na segunda metade da pasada tempada con 17 anos...

Yasmin Batista / CV EMEVÉ

A brasileira Yasmin Batista, novo reforzo do CV Arenal Emevé

por Redacción As Nosas
26/07/2025
0

“Yasmin Batista ten forza, experiencia e capacidade para achegarnos equilibrio e calidade en ataque”, valora Andrés Hurtado formada nun dos...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.