O CV Arenal Emevé conseguía esta xornada un valiosísimo triunfo que o adestrador, José Valle, cualificaba de “moi positivo”.
O entrenador do conxunto galego da Liga Iberdrola, José Valle, admitía que o partido foi unha sorte de montaña rusa. “Empezamos moi ben, ordenadas pero logo no terceiro e cuarto set tiramos ao lixo o feito nos primeiros. Neste deporte hai que xogar ao mellor de cinco, así que houbo que ir ao quinto. No quinto estivemos máis atinadas en xeral, pero con máis dúbidas das que debéramos a estas alturas”, admitía o adestrador do CV Arenal Emevé.
José Valle: “Non me explico o que pasou”
Sobre o apagón de xogo vivido polo equipo lucense a partir do terceiro set, o adestrador do conxunto galego manifesta con sinceridade que non atopa explicación a esa situación. “Non mo explico”, di José Valle.
“No primeiro set coincidimos nas rotacións e no segundo set, co cambio de rotación do rival, foinos mellor. Logo no terceiro volveron facer outro cambio. Elas fixéronno moi ben. Empezaron a xogar. Non tiñan nada que perder. Estiveran nos dous primeiros sets algo cohibidas. A nós era como se nos sorprendese que o outro equipo xogara. Non eramos quen de contarrestar nada do que fixeron. Baixamos o nivel de saque. Non sei… se soubera explicar que pasou, diríao, pero o certo é que ata o quinto non fomos capaces de atopar a chave para pechar o partido”, analiza o preparado do CV Arenal Emevé ao respecto do partido contra do CV Sayre CC La Ballena.
Ver esta publicación en Instagram
Do que non cabe dúbida algunha é da importancia de ter colleitado un triunfo e poñer así fin a unha serie de derrotas que chegou a tres consecutivas e que emprezaba a preocupar. “Esta vitoria é moi positiva. Vimos de tres derrotas”, contextualiza José Valle.
O técnico explica que antes deste choque con CV Sayre o CV Arenal Emevé colleitara un “3-2 en Barcelona, os dous partidos francamente malos que fixemos nas visitas a Canarias. Agora chega esta vitoria moi importante cun equipo que é bo. Vai estar loitando para meterse en Copa e play-off. Ten un sexteto moi bo e banco. Estamos na mesma Liga. Non é un equipo diferente a nós, nin máis feble. Era moi importante gañar, facelo en casa, é dobremente importante”.
O CV Arenal Emevé apura o partido até o último momento e pon fin á súa serie de derrotas