• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

Chegou a primeira vitoria para o Cidade de As Burgas

As ourensás vencen ao Leganés con claridade por 6-2 | A porteira Ana Lastra, protagonista, desta volta, por ser bigoleadora

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
28/12/2020
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Cidade de As Burgas / YOUTUBE

Cidade de As Burgas / YOUTUBE

181
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Xusto na linde do final da primeira volta, o Cidade de As Burgas moveu os marcos e deulle estrea o seu casilleiro de triunfos. O conxunto que adestra Manolo Codeso impúxose por un claro 6-2 ao CD Leganés FS.

Houbo que agardar ao oitavo partido disputado, que en realidade correspondía á segunda xornada de Liga da Primeira División, para que as ourensás do Cidade asinasen o seu primeiro partido gañado. O traballo das galegas rematou por fin en dar froitos en forma dun resultado positivo.

Cidade de As Burgas vs Leganés / YOUTUBE
Cidade de As Burgas vs Leganés / YOUTUBE

Aos sete minutos de partido a gardameta local, Ana Lastra, anotaba o primeiro tanto do partido batindo á cancerbeira visitante desde o borde da área (1-0). Sería o primeiro dos dous tantos que anotaría na tarde. O segundo tanto local foi obra de Sol Pedrera que tamén anotou a pares os tantos diante do CD Leganés (2-0).

Antes do descanso un erro de Lucía Nespereira nun despexe supuxo un gol en propia porta da futbolista verdibranca (2-1).

Gol do Cidade de As Burgas / YOUTUBE
Gol de Clara para o Cidade de As Burgas / YOUTUBE

Á volta do descanso, con catro minutos de xogo, Clara marcaba o 3-1 para o Cidade de As Burgas. O segundo de Sol Pedrera veu dun disparo de 10 metros froito de que as visitantes alcanzaron a quinta falta e supuxo o 4-1.

O Cidade de As Burgas perdou por dobre cartón amarelo a un dos seus baluartes, Lucía Nespereira, pero tirou de concentración e de oficio aguantando ben os envites das pepineras.

Neses minutos de inferioridade tiveron a súa mellor ocasión para facerse co encontro as futbolistas do Leganés, pero non foron quen. A concentración e o traballo das locais anulou a súa capacidade de manexar o partido.

Expulsión de Lucía Nespereira no Cidade de As Burgas / YOUTUBE
Expulsión de Lucía Nespereira no Cidade de As Burgas / YOUTUBE

Dous goles do Lega, e os dous en propia porta

Con todo, recurtou levemente distancias o conxunto madrileño por medio de Pipi no minuto 34. O seu disparo o desviou un chisco Sonia Pacios, polo que pode considerarse en propia porta, igual ca o primeiro.

‘Vengouse’ a cancerbeira local Ana Lastra anotando o seu segundo gol da tarde e quinto do conxunto galego  catro minutos despois. O seu chut de portería a portería levaba lume.

Redondeu o resultado co 6-2 case no límite do tempo Sonia Pacios e a ledicia percorreu a cancha ourensá.

As futbolistas do CD Leganés que até a disputa deste partido era cuartas sufriron por partida dobre por mor das futbolistas de Ourense. Por un lado, o Cidade de As Burgas endosáballes unha dolorosa derrota 6-2 coa que seguramente non contaban. E por outra banda, o Ourense Envialia arrebatáballes a cuarta posición na táboa clasificatoria.

As visitantes estiveron lonxe do seu nivel habitual esta xornada sobre o 40×20 e as locais, conseguiron que, por fin, o futsal que levan nas botas rematase de dar froitos en forma de goles. Concentración, sacrificio e traballo, tres ingredientes habituais nas filas verdibrancas que esta vez si tiveron premio sobre a cancha.

O CD Leganés, sempre por detrás no marcador, foi un conxunto desdebuxado e espeso. Non se rendiron pero non remataron de entrar no partido, véndose sobrepasadas continuamente polas ourensás. A ansiedade non fixo máis que agravar a situación para as madrileñas.

Labrado: “O Cidade das Burgas foi un exemplo do poder da ilusión”

O adestrador das madrileñas, Iván Labrado, admitía ao final do partido que non fora “o noso mello partido. Ímonos a casa cunha derrota moi dolorosa”.

Declaraba tamén o técnico do Leganés que o Cidade de As Burgas “deunos a todos, non só ao Leganés, se non a todos, un exemplo do bonito e agradecido que é o deporte. Do poder da ilusión. Como dícia, dende logo hoxe non foi o noso mellor partido, pero gran parte do noso demérito ten sido o seu colosal acerto e a súa total forma de competir. Tócanos apreder delas para seguir aprendendo de nós mesmos”, manifestaba o adestrador visitante.

A seguinte parada na Liga, o vindeiro ano

A competición non regresa ata a fin de semana do 17 de xaneiro. Futsi Navalcarnero, Poio Pescamar, Roldán e Ourense Envialia encabezan a clasificación. Por debaixo, o Teldeportivo pecha a táboa cun punto. Catro ten o Cidade de As Burgas, seis o Viaxes Amarelle e nove a Penya Esplugues. 

FICHA TÉCNICA

CIDADE DE AS BURGAS: Ana Lastra, Nespereira, Sol Pedrera, Fara e Clara – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Sonia Pacios, Nahir, Aroa e Canolich.

CD LEGANÉS: Luci Sánchez, Patri Blázquez, María Barcelona, Puche e Guti – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Chuli, Paula Molano, Patry Montilla, Pipi, Yerezábal e Miriam.

GOLES: 1-0, min. 7 Ana Lastra; 2-0, min. 11: Sol Pedrera; 2-1, min. 18: Nespereira (p.p.); 3-1, min. 24: Clara; 4-1, min. 32: Sol Pedrera (d.p. 10 mts); 4-2, min. 34: Pipi (toca en Sonia Pacios p.p.); 5-2, min. 38: Ana Lastra; 6-2, min. 40: Sonia Pacios.

ÁRBITROS: Borja Darriba e Rubén Ferrero, do comité galego. Mostraron cartóns amarelos ás locais Ana Lastra e douss a Nespereira que rematou por ser excluída no minuto 26. Polas visitantes foi amonestada con cartón amarelo Guti.

INCIDENCIAS:  Partido disputado no Paco Paz de Ourense, correspondente á segunda xornada de Liga da Primeira División do Fútbol Sala Feminino da RFEF.

Etiquetas CD Leganéscidade de As Burgasfútbol salafutsalIván LabradoManolo Codesoourense
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

FSF Castro Bloques Cando na Copa da Raíña de fútbol sala / FSF CASTRO IG

Poio Pescamar e Castro Bloques Cando selan o pase a cuartos de final na Copa da Raíña 25-26

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  Poio Pescamar e FSF Castro Bloques Cando continúan na Copa da Raíña de fútbol sala, mentres que o Ourense...

A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

por Redacción As Nosas
07/12/2025
0

  España pechou o Mundial de Filipinas cunha medalla de bronce cunha representación galega notable nas súas filas. No partido...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem / POIO PESCAMAR

MUNDIAL FUTSALFEM | O Poio Pescamar, o club con máis representantes en Filipinas con 7 futbolistas

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

  O Poio Pescamar converteuse no equipo con maior presenza no Mundial de Filipinas. O conxunto galego achegou sete xogadoras...

España xoga o Mundial de futsalfem / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, en semifinais tras vencer a Marrocos 6-1

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

  España segue paso a paso no Mundial de fútbol sala feminino e xa está en semifinais con ampla representación galega...

Ale de paz, futbolista galega coa Selección Española no Mundial nun partido contra Canadá / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM 25 | Goleada de España a Canadá para finalizar a fase de grupos con tantos de Ale de Paz, Antía Pérez e Martita

por Redacción As Nosas
29/11/2025
0

  España pechou a fase de grupos do Mundial 2025 de futsalfem coa goleada máis cómoda ata o momento (0-7)....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.