Despois das saídas de Silvia Aguete, Antía Pérez, Mirian e Clara, o Poio Pescamar anuncia dúas renovacións cara a vindeira tempada. Caridad e Ana Rivera seguirán vestindo a camiseta vermella unha tempada máis.
A porteira e a ala-peche competirán co club galego no curso 2021/2022 na Primera División. No caso de Caridad esta será a súa terceira tempada co Poio. A cuarta mellor gardameta do mundo nos FutsalPlanet Awards 2020 e internacional con España asumirá máis responsabilidade baixo paus despois da marcha da capitá Aguete.
Pola súa parte, Ana Rivera tamén cumprirá a súa terceira campaña na localidade pontevedresa. A ourensá recalou no club vermello no ano 2019 e desde entón converteuse nunha peza fundamental para Manu Cossío.