• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Fútbol Máis fútbol

As oito galegas de Iberia que competirán no Europeo de Seleccións de Fútbol Gaélico

Violeta Reimunde: "Iberia femenino é un bo representante dos valores dos deportes gaélicos" | Máis da metade das xogadoras do equipo xogan en Galicia ou teñen nacido na nosa comunidade, comparten equipo con xogadoras de Madrid, Andalucía e Valencia

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
10/07/2022
en Fútbol, Máis fútbol
Foto de arquivo do equipo Iberia en 2019, da imaxe repiten 7 xogadoras, entre 3 galegas continúan militando no Iberia: Violeta (coa bandeira multicor na esquina esquerda), Kamy (a porteira coa camiseta verde) e Olalla (mordendo a medalla segunda pola dereita na fila de abaixo / IBERIA

Foto de arquivo do equipo Iberia en 2019, da imaxe repiten 7 xogadoras, entre 3 galegas continúan militando no Iberia: Violeta (coa bandeira multicor na esquina esquerda), Kamy (a porteira coa camiseta verde) e Olalla (mordendo a medalla segunda pola dereita na fila de abaixo / IBERIA

600
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A Selección Galega non é o único equipo cheo de galegas que estará competindo no Europeo de Seleccións de Fútbol Gaélico que se xogará o 15 e 16 de xullo en Poio e Pontevedra. No Iberia oito das quince xogadoras xogan en Galicia ou teñen nacido na nosa comunidade. Seis delas xogan na Liga Galega de fútbol gaélico. Elas son as oito galegas de Iberia: Violeta Reimunde, Olalla García, Cristina Monteserín, Carmen Fernández, Nuria Tilve, María Aboy, Paula Carabaña e Lucía Argüelles. 

Violeta Reimunde xoga no Éire Óg Sevilla pero naceu en Vigo. É unha das oito galegas de Iberia. Conta do equipo que son “un grupo cunha traxectoria pequena, pero emocionante”.

Botando a vista atrás, Violeta Reimunde lembra que o Iberia “competía por primeira vez en 2019 nos GAA World Games de Waterford, en Irlanda, e a metade dese grupo (7 de 15) repite este ano na Euro Gaelic Football Cup de Pontevedra”.

Di Violeta Reimunde que ten a “sensación de que o equipo femenino de Iberia funciona como nexo de unión entre as rexións da península, que teñen cada unha a súa liga, e iso é algo moi valioso”. Non hai máis que botar unha ollada ao listado de xogadora e equipos nos que militan.

Estas son as xogadoras do Iberia:

  1. Tamara Muñoz – Éire Óg Sevilla
  2. Violeta Reimunde – Éire Óg Sevilla (naceu en Vigo)
  3. Cristina Rodríguez – Éire Óg Sevilla
  4. Siobhán O’ Donovan – Éire Óg Sevilla
  5. Olalla García – Fillas de Breogán A Coruña
  6. Cristina Monteserín – Fillas de Breogán A Coruña
  7. Carmen Fernández – Fillas de Breogán – Lugo
  8. Nuria Tilve – Independiente F.C. Pontevedra
  9. María Aboy – Independiente F.C. Moaña
  10. Paula Carabaña – Madrid Harps (naceu en Vigo)
  11. Miriam Healy – Madrid Harps
  12. Fiona McKernan – Madrid Harps
  13. Lucía Argüelles – Turonia GFG Gondomar
  14. Molly Murray – Valencia Sant Vicent (procede de Detroit, Ml USA / Detroit St Anne’s)
  15. Marie Bednarek – Valencia Sant Vicent (naceu en Lens, Francia)
Foto de arquivo do equipo Iberia en 2019, da imaxe repiten 7 xogadoras, entre 3 galegas continúan militando no Iberia: Violeta (coa bandeira multicor na esquina esquerda), Kamy (a porteira coa camiseta verde) e Olalla (mordendo a medalla segunda pola dereita na fila de abaixo / IBERIA
Foto do Iberia en 2019 do que repiten 3 galegas: Violeta (coa bandeira multicor na esquina inferior esquerda), Kamy (a porteira coa camiseta verde primeira pola dereita na ringleira de arriba) e Olalla (mordendo a medalla segunda pola dereita na fila de abaixo / IBERIA

Durante a tempada competitiva cada unha destas xogadoras compite nas ligas da súa área xeográfica. Pasan o ano en lugares tan afastados entre si como Madrid, Galicia, Sevilla e Valencia. “É moi difícil xuntarnos para adestrar, pero mantemos o contacto porque coincidimos en torneos ou en amigables. Este ano as de Sevilla estivemos nun torneo femenino en Santiago, o ano pasado xogamos con Madrid en Cáceres, outros anos organizamos amigables con Valencia…”, relata Violeta Reimunde para explicar como fan para coexionar ao grupo e adestrar para logo competir en citas como este Europeo de Seleccións de Fútbol Gaélico. 

Violeta Reimunde: “É moi difícil xuntarnos para adestrar, pero mantemos o contacto porque coincidimos en torneos ou en amigables. Este ano as de Sevilla estivemos nun torneo femenino en Santiago, o ano pasado xogamos con Madrid en Cáceres…”

A campioa actual a bater é a Selección Galega. Pero aínda que, como en calquera competición vencer é o obxectivo base, o certo é que o fútbol gaélico en España, ten outros valores adheridos que van máis aló da pura competición.

“Na filosofía dos deportes gaélicos fóra de Irlanda non se busca tanto competir para gañar, aínda que o nivel de competición na nosa península é alto, senon que se pretende crear comunidade, que haxa cantos máis equipos mellor, que a xente disfrute do xogo, e nisto penso que Iberia femenino é un bo representante dos valores dos deportes gaélicos. O lema da Gaelic Athletic Association é “Where we all belong”, algo así como “Onde todo o mundo encaixa”, que podería tamén ser o lema do noso equipo”, explica Violeta Reimunde..

“Cada unha temos unha historia sobre como nos achega ao fútbol gaélico”, Violeta Reimunde

No que atinxe ao bloque de xogadoras do Iberia poderíase dicir que son un conxunto conformado por “veteranas, tendo en conta o recente que é este deporte na nosa Península, de feito eu vou disfrutar deste torneo como se fose o último, por se acaso!”, confesa Violeta.

Cada unha das 15 xogadoras que conforman o Iberia, ten unha historia persoa sobre como e cando descubriron o fútbol gaélico e empezaron a practicalo. “Eu nacín en Vigo, crecín na Coruña, vivín tres anos en Irlanda… e non comecei a xogar ao fútbol gaélico ata chegar a Sevilla! Animeime a probalo porque botaba de menos falar en inglés, e no equipo de fútbol gaélico, onde hai xogadores e xogadoras de Irlanda e doutros lugares do mundo, encontrei un grupo de xente fantástica e un deporte fascinante”, relata Reimunde. 

Violeta Reimunde: “Eu nacín en Vigo, crecín na Coruña, vivín tres anos en Irlanda… e non comecei a xogar ao fútbol gaélico ata chegar a Sevilla!”

“Agora estou aprendendo a xogar ao camogie, que é o outro gran deporte tradicional de Irlanda, e quen sabe se no futuro poderemos disfrutar dunha liga de camogie e de hurling na Península ademáis da de fútbol gaélico.
Esa pode ser una meta a longo prazo, porque a curto prazo coincido con moitas xogadoras da Península en pensar que a meta é conseguir a igualdade no fútbol gaélico entre a competición masculina e a feminina”.

Segundo explica Violeta Reimunde: “nalgunhas rexións como Galicia isto parece ser unha realidade, pero noutras como Andalucía ou mesmo nas finais ibéricas hai moitas propostas de mellora para darlle ao fútbol gaélico femenino un trato igual de serio que se lle da ao masculino (arbitraxe, campos, porterías, bancadas, entrega de trofeos…). Hai marxe de mellora, pero imos na boa dirección e estou segura de que Pontevedra neste sentido non defraudará”.

Estos son os dez equipos que compiten no Europeo de Seleccións de fútbol gaélico

Na competición feminina deste Europeo haberá un total de 10 equipos. Deles, contabilízanse dous equipos de Galicia (Galicia e Galicia B) e tamén o Iberia no que hai unha ampla representación galega. Defende o título a Selección Galega feminina. Compiten tamén: Brittany , Luxembourg, Germany, France, France B, Benelux e GGE Team.

Cadro do Europeo de Seleccions de Fútbol Gaélico

Cadro do Europeo de Seleccions de Fútbol Gaélico

Etiquetas Carmen FernándezCristina MonteserínFillas de BreogánFútbol GaélicoIberiaIndependiente FC MoañaIndependiente FC PontevedraLucía ArgüellesMaria AboyNuria TilveOlalla GarcíaPaula CarabañaTuronia GFG GondomarVioleta Reimunde
Comparte2Chía2
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Auriense, campión feminino da Copa Galega de fútbol gaélico / AGFG

O Auriense feminino e o Keltoi masculino, vencedores da Copa Galega de fútbol gaélico disputada en Ribeira

por Redacción As Nosas
30/04/2025
0

  O Complexo Deportivo Municipal da Fieiteira acolleu a competición esta Copa Galega de fútbol gaélico na que tomaron parte...

Copa Galega de Fútbol Gaélico 2025 / AGFG

Un cento de participantes tomou parte na Copa Galega U15 e U12 de fútbol gaélico, unha festa da canteira galega que se celebrou en Coia

por Redacción As Nosas
25/03/2025
0

  Na categoría U12 desta Copa Galega de fútbol gaélico participaron O Resio, Esquíos e Boqueixón e na U15 competiron...

Torneo Pre - Féile 2024 disputado en Boqueixón / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO

A base do Fútbol Gaélico dáse cita na Copa Galega U15 e U12 en Coia

por Redacción As Nosas
19/03/2025
0

A Copa Galega pon en valor o traballo realizado polas Gaélico Escolas PuntoGal nestes anos en diferentes puntos de Galicia....

O director xeral do dominio PuntoGal, Darío Janeiro, e o presidente da Asociación Galega de Fútbol Gaélico, Ángel Negrete / AGFG

PuntoGal renova por sétimo ano consecutivo o seu compromiso co fútbol gaélico

por Redacción As Nosas
13/03/2025
0

O domino seguirá patrocinando as seleccións galegas dun deporte que conta con medio millar de persoas federadas PuntoGal renovou esta...

Selección Galega feminina de fútbol gaélico na III Celtic Cup celebrada en Compostela en 2025 / AGFG

Galicia, subcampioa feminina e masculina na III Celtic Cup de Fútbol Gaélico

por Redacción As Nosas
10/03/2025
0

As seleccións galegas masculina e feminina chegaron ás súas respectivas finais nesta III Celtic Cup e caeron pola mínima. Alexandre...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Participantes da actividade Xogando coa auga e co vento do Programa Xogade / XUNTA DE GALICIA

Un total de 500 rapaces e rapazas da zona de Ares participaron nas actividades náuticas Xogando coa auga e co vento, ao abeiro do programa Xogade

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Participantes da actividade Xogando coa auga e co vento do Programa Xogade / XUNTA DE GALICIA

Un total de 500 rapaces e rapazas da zona de Ares participaron nas actividades náuticas Xogando coa auga e co vento, ao abeiro do programa Xogade

20/06/2025
Anneclaire Ter Brugge / CV ARENAL EMEVÉ

A internacional neerlandesa Anneclaire Ter Brugge, nova oposta do CV Arenal Emevé

18/06/2025
Presentación Torneo F11 'Ría de Arousa' / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

A Pobra reunirá a unha decena conxuntos no seu primeiro Torneo F11 ‘Ría de Arousa’ de fútbol feminino

18/06/2025
Presentación da fase final da Liga Galega de Hip Hop organizada pola Federación Galega de Baile Deportivo / XUNTA DE GALICIA

Presentouse a final da Liga Galega de Hip Hop organizada pola Federación Galega de Baile Deportivo

18/06/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.