• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

Cinco equipos galegos disputarán este sábado o torneo Pre – Féile de fútbol gaélico en Boqueixón 

Esta cita será unha gran oportunidade para desfrutar dunha xornada previa e de rodaxe para o European Féile de fútbol gaélico de categoría infantil e cadete e intégrase dentro do proxecto 'Gaélico Escolas Punto.Gal'

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
21/03/2024
en Máis fútbol, Fútbol
Feile fútbol gaélico 2023 / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO

Feile fútbol gaélico 2023 / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO

208
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • Boqueixón, Esquíos F.G., IES Xelmírez I, Keltoi Montecastelo e O Resío Turonia xogarán este torneo preparatorio no CPI Antonio Orza Couto.
  • Esta cita deportiva inclúese no proxecto ‘Gaélico Escolas PuntoGal’ que busca a divulgación e formación desta modalidade entre os nenos e nenas.

Este sábado, 23 de marzo, o Campo Municipal O Forte, no concello coruñés de Boqueixón, acollerá o Pre – Féile de fútbol gaélico. Tres das catro provincias galegas terán representación neste clasificatorio. Nesta competición, que organiza a Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG), farán parte os equipos: Boqueixón (Boqueixón – A Coruña), Esquíos F.G. (Toén – Ourense), IES Xelmírez I (Compostela – A Coruña), Keltoi Montecastelo (Vigo – Pontevedra) e O Resío Turonia (Vigo / Gondomar – Pontevedra).

Estes cinco equipos chegados as provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra poderán gozar dunha xornada previa e de rodaxe para o European Féile de fútbol gaélico de categoría infantil e cadete. Esa última competición vai ter lugar en Vigo no mes de abril, segundo informa a AGFG.

É .
Xa temos aquí o torneo preparatorio para o European Feile. 5 escolas que naceron do proxecto #gaelicoescolas de @punto_gal daranse cita o vindeiro sábado 23 en Boqueixón.@futgal @officialgaa @GaelicGamesEuro @GAAworldgames pic.twitter.com/ELZJWLbJAr

— Gaélico Galego (@GaelicoGalego) March 14, 2024

Este clasificatorio Pre – Féile de fútbol gaélico comezará ás 9:30 horas e finalizará ás 14:00 horas, cun total de 12 partidos de 18 minutos, con dúas partes de 9 minutos cada unha e 2 minutos de descanso.

Os partidos xogaranse formato liga todos contra todos, nunha fase de grupos na que a vitoria valerá tres puntos, o empate 1 punto e a derrota 0. Esta fase de grupos comezará ás 9:30 horas e terminará sobre ás 13:00 horas.

Unha vez rematada a fase de liga terán lugar os cruces posteriores que dependerán da clasificación de cada equipo. Nesta etapa competitiva xogarase unha final e un partido polo terceiro e cuarto posto.

Unha vez rematada a final será hora da entrega de premios e, o terceiro tempo, que está previsto de se realice nas instalacións anexas ao campo de fútbol.

Dado que estamos ante unha cita de deporte base, esta parte de convivencia con xogadores e xogadoras, que veñen de diferentes provincias, cobra unha especial relevancia. A competición, sendo importante, pasa a un segundo plano nestas idades nas que é importante compartir xogos, vivencias e a práctica deportiva con outras persoas. Esa promoción de valores está no xérmolo do proxecto ‘Gaélico Escolas PuntoGal‘.

Preparatorio para o European Féile 2024

Galicia será a sede para a disputa da III edición do European Féile de fútbol gaélico, logo das levadas a cabo en Vannes (2022) e Berlín (2023). O escenario escollido para o desenvolvemento o torneo deste ano foi o Colexio Montecastelo de Vigo, até onde se desprazarán numerosos combinados europeos. Xa confirmada a presenza de formacións de Basilea, Bélxica e Luxemburgo.

TORNEO DE 5 EQUIPOS
Boqueixón Keltoi Montecastelo
Esquíos F.G. O Resío Turonia
IES Xelmírez I

 

HORARIOS E PARTIDOS
Horarios Partidos
9:30 – 9:50 Boqueixón – IES Xelmírez I
9:50 – 10:10 Esquíos F.G. – Keltoi Montecastelo
10:10 – 10:30 Boqueixón – O Resío Turonia
10:30 – 10:50 IES Xelmírez I – Esquíos F.G.
10:50 – 11:10 Keltoi Montecastelo – O Resío Turonia
11:10 – 11:30 Boqueixón – Esquíos F.G.
11:30 – 11:50 IES Xelmírez I – Keltoi Montecastelo
11:50 – 12:10 Esquíos F.G. – O Resío Turonia
12:10 – 12:30 Boqueixón – Keltoi Montecastelo
12:30 – 12:50 IES Xelmírez I – O Resío Turonia
12:50 – 13:10 3º / 4º Posto
13:10 – 13:30 FINAL
ENTREGA DE PREMIOS E TERCEIRO TEMPO

Gaélico Escolas PuntoGal

O torneo Pre – Féile intégrase no proxecto ‘Gaélico Escolas PuntoGal‘ que nace á procura de formación e divulgación desta modalidade deportiva entre a rapazada.

Conscientes da importancia que isto ten na continuidade e supervivencia de calquera modalidade deportiva, o obxectivo principal deste proxecto que patrocina PuntoGal é fomentar a práctica do fútbol gaélico entre as nenas e nenos que se atopan en idade escolar, promovendo os valores que leva intrínsecos este deporte e formando futuros xogadores e xogadoras.

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) é o organismo regulador oficial do fútbol gaélico en Galicia, dende a súa aprobación oficial na convención Europea dos deportes gaélicos en decembro de 2013, o cal lle garante de carácter oficial internacional recoñecido polo máximo órgano, a Gaelic Athletic Asociation (GAA).

Boa parte das actividades da AGFG intégranse dentro da RFGF (Real Federación Galega de Fútbol).

PuntoGal é un dos patrocinadores da AGFG que ademais emprega na súa web o dominio www.gaelicogalego.gal.

Etiquetas AGFGBoqueixónFéileFútbol GaélicoPre - Féile
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Seleccións Galegas de fútbol gaélico nos World Games 2026 desfile / AGFG

Galicia regresa dos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con tres trofeos

por Redacción As Nosas
17/07/2026
0

Tres dos catro equipos que presentaba Galicia aos World Games 2026 de fútbol gaélico conseguiron cadansúa final. Pablo da Silva,...

Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

por Redacción As Nosas
11/07/2026
0

Galicia participará con dúas seleccións masculinas e outras tantas femininas en Waterford (Irlanda) na competición internacional máis importante do calendario...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

Foto de arquivo da copa galega 2026 feminina / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO

O municipio de Xove acolle á I Celtic Cup U17 de Fútbol Gaélico

por Redacción As Nosas
03/07/2026
0

Trátase da primeira competición desta categoría de base do fútbol gaélico en territorio galego. Unha alerta vermella por altas temperaturas...

Lugh e Estrela Supernova, campións do torneo Feile 2026 de fútbol gaélico- AGFG

Lugh e Estrela Supernova, campións de Europa de fútbol gaélico en categoría cadete

por Redacción As Nosas
05/05/2026
0

  O conxunto masculino do Lugh GAA e o feminino da Estrela Supernova acadaron a vitoria no torneo de base...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade
Plugin Install : Widget Tab Post needs JNews - View Counter to be installed
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Baxi Ferrol no encontro fronte o Pozuelo / BAXI FERROL

O Baxi Ferrol e o Celta Zorka Recalvi acadan sendos triunfos na novena xornada da Liga Feminina 2 de Baloncesto

0
CRAT Residencia Rialta contra o CR Olímpico de Pozuelo na 6 xornada de liga

O CRAT segue invicto e axexa os postos de ‘play off’

0
Falas Dépor / RCD

‘Falas Dépor’, unha serie de conversas arredor dun RC Deportivo que é moito máis que fútbol

13/11/2026
Podio da proba do Superprestixio Ciclocross no Porriño / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO - LUZ IGLESIAS

Rebeca Fontela e Néstor Frías asaltan o Superprestixio na dobre xornada vivida esta fin de semana no Rosal e no Porriño

10/11/2026
Minuto de silencio en memoria de María del Carmen Díaz, socia nº 49 do RCD, e Jesús de Miguel, futbolista do CD Tenerife, antes da disputa do partido Dépor ABANCA vs Valencia CF Femenino, Liga F, partido disputado no Estadio ABANCA - Riazor / S.M.

Infortunio para o Dépor ABANCA que non atina co gol e acaba derrotado en Riazor ante un Valencia que colle folgos (0-2)

10/11/2026
A Carreira Popular San Martiño celebrase en Ourense / FGA

Máis de 11.000 participantes na Carreira Popular do San Martiño en Ourense

09/11/2026
Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.