O Turonia GFG feminino vense de facer co subcampionato de fútbol gáelico de Iberia, na final do Campionato Ibérico que se celebrou en Vigo.
Nesta final a seis, o Turonia GFG quedou encardinado no grupo B xunto con Barcelona Gaels e Eire Og Seville. No grupo A quedaban as Fillas de Breogán da Coruña, oEstrela Vermelhade Santiago e o Valencia GAA.
As futbolistas do Turonia GFG de Gondomar comezaron perdendo contra as de Barcelona por un axustado 10 a 14, no segundo encontro contra Sevilla acadaron a vitoria por 6 a 12, conseguindo finalmente o segundo posto do grupo.
Na semifinal tiveron que enfrontarse ás deportistas da Coruña, as Fillas de Breogán, levando a vitoria pola mínima, 3 a 4 e conseguindo o pase a final. Nesta volvéronse enfrontar ás de Barcelona saíndo derrotadas, pero contra un equipo mui potente, con muitas xogadoras de orixe irlandesa, berce deste deporte, por un resultado de 8 a 4.
Este subcampionato Ibérico consolida ao Turonia GFG como referente do fútbol gélico galego feminino. “Este grupo de deportistas están a desenvolver unha tempada marabillosa, e na semana anterior conseguian facerse co campionato da Liga Galega contra o rival directo, o Estrela Vermelha de Santiago. A grande fazaña que estas mulleres lograron este ano é mérito dun equipo comprometido e forxado por xente con experiencia e de nova incorporación e dun equipo técnico formado por Alex Álvarez e Juancho Larrasq sen os que todo isto seria imposible”, explican desde o club de Gondomar.
Seguintes citas das futbolistas do Turonia GFG, a Copa do All-Galiza e o Mundial
Agora aínda queda por diante a Copa do All-Galiza e os mundiais de Irlanda que terán lugar en Derry este verán e no que varias das nosas xogadoras irán defender as cores da Selección Galega.