• Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Internet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADE
Inicio Fútbol Máis fútbol

A Primeira Feminina galega conta co 95% de equipos inscritos

Segundo informababa a RFGF , dos 19 clubs que conforman a categoría, so faltaría por anotarse a SD Tordoia que explicou os seus motivos | Rafael Louzán: "Hai ganas do noso fútbol, pero hai que facelo con prudencia"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
04/01/2021
en Fútbol, Máis fútbol
Futbolista na Reigosa, Friol / LAURA G.

Futbolista na Reigosa, Friol / LAURA G.

0
COMPARTIDOS
47
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

No balance da inscrición de equipos que facía co arranque de ano a Real Federación Galega de Fútbol, comunicábase que as inscricións achéganse ao 100% nas categorías: Preferente, Primeira Feminina e Fútbol Base.

Equipos da Primeira Feminina galega 2020-21 / FUTGAL
Primeira Feminina galega 2020-21

No caso da Preferente anótaronse todos os equipos do Grupo Norte (23) e 18 do Sur, mentres que na Primeira Feminina só quedou un equipo sin inscribirse e na Base queren xogar 147 de 149. O único club da Primeira Feminina que non se apuntou foi a SD Tordoia que explicaba hai uns días os motivos que levaron á entidade a tomar esa decisión.

Rematado o prazo fixado pola Real Federación Galega de Fútbol para a inscripción de equipos de fútbol galegos nas seguintes categorías de fútbol: Preferente, Primeira Galicia, Primeira Galega Feminina, Liga Galexa Xuvenil, División Honor Cadete, Liga Galega Cadete e Liga Galega Infantil, a entidade fai un balance de inscrición.

Desde a RFGF anúnciase que no total de categorías, a inscrición achégase ao 80% e de maneira sectorial atópanse uns altísimos porcentaxes nas cagorías de Preferente, Primeira Feminina e Ligas Galegas de base. En Preferente a inscrición alcanza o 90%, na Primeira Feminina o 95% e nas categorías base ata o 99%.

No que respecta á Primeira Galega Feminina queda claro o desexo dos equipos de retomar a práctica do fútbol, pois foron 18 dos 19 equipos os que formalizaron a súa inscrición. Todos a excepción da S.D. Tordoia cuxa directiva decidía en “asamblea extraordinaria por unanimidade non inscribir ningún equipo na tempada 2020-21”, por considerar que “a situación actual a nivel sanitario, social e económico por mor da pandemia non é a idónea” e considerar “inviables no fútbol modesto as medidas do Protocolo Fisicovid-DxtGalego da RFGF”.

As razóns da SD Tordoia para non inscribirse na Primeira Feminina

O pasado 23 de decembro a SD Tordoia facía público un comunicado oficial no que explicaba os motivos polos que o club decidía non inscribir aos seus equipos de Primeira Femina e Masculina na competición.

Imaxe de arquivo dunha formación da SD Tordoia / SD TORDOIA
Imaxe de arquivo dunha formación da SD Tordoia / WEB SD TORDOIA

Pasamos a transcribir o contido do mesmo:

Informámosvos que a Xunta Directiva da S. D. Tordoia se reuniu en asamblea extraordinaria para analiza o comunicado da Real Federación Galega de Fútbol no cal se informa do inicio das competicións de Primeira Galicia Masculina e Feminina a partir do próximo mes de Xaneiro.

En dita reunión acordamos por unanimidade NON INSCRIBIR NINGUN EQUIPO NA TEMPORADA 2020 / 2021. Consideramos que está é a opción mais responsable por varios motivos:

  1. A situación actual a nivel sanitario, social e económico por causa da pandemia que estamos a vivir non é a idónea.
  2. As medidas recollidas no “Protocolo Fisicovid-Dxtgalego da RGFG” son inviables no fútbol modesto. Ademais das medidas organizativas difíciles de levar a cabo nos campos de rexional consideramos insuficientes a realización de test cada 14 días para a seguridade dos nosos xogadores/as.
Escudo SD Tordoia
Escudo SD Tordoia

3. Para nos o máis importante, somos un equipo AFICIONADO. O noso obxectivo como club e desfrutar do fútbol sen que iso supoña un risco para os nos@s xogadores/as, os nosos técnicos, os nos@s soci@s, os nosos afeccionados nin para a xente do noso pobo. A saúde de tod@s debe estar por encima do fútbol.

Estamos ante unha situación extraordinaria e esperamos que a RFGF recapacite e a entenda como tal, e non permita que se perda nos despachos o que con tanto esforzo se conseguiu no campo unicamente por decidir coidar dos nos@s.

O fútbol volverá a Tordoia pero só cando sexa seguro para tod@s.

Preferente, 90% de clubs inscritos

Na categoría de Preferente son 41 os equipos inscritos dos 46 que partían na categoría. O Grupo Norte (provincias da Coruña e Lugo) está completo cos 23 equipos anotados para xogar esta atípica tempada 20-21. O 100% dos equipos queren iniciar a competición. E no Grupo Sur son 18 os conxuntos que optaron por iniciar a competición, quedando sin inscribirse o Céltiga, Sanxenxo, Portonovo, Moaña e Guardés.

E no referente ó fútbol base os datos falan por sí sós. Dos 149 equipos pertencentes ás categorías Liga Galega Xuvenil, División Honor Cadete, Liga Galega Cadete e Liga Galega Infantil foron nin máis nin menos que 147 os que formalizaron a súa inscrición na Intranet. Un incrible dato do 99%.

Únicamente dous equipos optaron por non anotarse. Ou o que é o mesmo, cinco dos sete grupos activaranse completos, con todos os equipos en competición. Só o Marcón en Galega Xuvenil e o Guardés en Galega Cadete decidiron non anotarse.

RFGF: “Grazas aos equipos que se inscribiron por entender que o fútbol é necesario e que é seguro coas condicións sanitarias e de seguridade que se establecen nos protocolos aprobados. Pero tamén a aqueles que decidiron non inscribirse, comprendendo e respectando a súa decisión e os argumentos que a motivaron”

A Xunta Directiva da RFGF, co seu presidente Rafael Louzán á fronte, trasladaba as “grazas a todos os equipos pola comprensión e a participación. Aos que se inscribiron por entender que o fútbol é necesario e que é seguro coas condicións sanitarias e de seguridade que se establecen nos protocolos aprobados. Pero tamén a aqueles que decidiron non inscribirse, comprendendo e respectando a súa decisión e os argumentos que a motivaron. O fin último do paso dado pola Federación era coñecer precisamente con total certeza aqueles equipos das principais categorías autonómicas que querían iniciar a competición e aqueles que prefiren esperar”.

Rafael Louzán, presidente da RFGF / SABELA MOSCOSO
Rafael Louzán, presidente da RFGF, atendendo aos medios / SABELA MOSCOSO

Rafael Louzán: “Hai ganas do noso fútbol, pero hai que facelo con prudencia”

O presidente da RFGF, Rafael Louzán sinala que os datos reflexan claramente “as ganas que hai de que volva o noso fútbol, o que nos toca máis cerca”, pero engade que “debemos facelo con prudencia e tendo moi claro que debemos cumplir cos protocolos aprobados polas autoridades sanitarias”.

O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, destaca tamén que calquer previsión federativa segue a estar condicionada á situación sanitaria posto que seguimos estando nunha situación de excepcionalidade e será a evolución da pandemia a que condicione a volta das competicións.

Rafael Louzán, presidente da RFGF: “Debemos voltar con prudencia e tendo moi claro que debemos cumplir cos protocolos aprobados polas autoridades sanitarias”

Segundo comunica na súa páxina web a propia Real Federación Galega de Fútbol, “unha vez definido o mapa de cada unha das categorías, nos vindeiros días iranse celebrando reunións telemáticas ou presenciais cos equipos inscritos en cada categoría para resolver todas as dúbidas que poidan existir referentes ao plan competicional e a outros apartados e conseguir así unha total coordinación con todos os participantes nas distintas competicións”.

Etiquetas fútbolRafael LouzánRFGFTordoia
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

PM Friol / FRIOL

Periga a permanencia do Friol na Reto Iberdrola?

por Carmen G. Mariñas
14/01/2021
0

  Unha tempada irregular estase a traducir en sensacións irregulares para o Peluquería Mixta Friol. As galegas compiten nunha Liga...

A Real Federación Galega de Fútbol repartiu test para detectar a COVID/ FUTGAL

A Federación Galega pon en valor o papel do fútbol no cribado da COVID en Galicia

por Redacción As Nosas
14/01/2021
0

  A Real Federación Galega de Fútbol, e en xeral o fútbol galego,"están a colaborar de maneira directa e decidida...

O Dépor ABANCA volve ao traballo / RCD

O Dépor ABANCA volve á normalidade

por Redacción As Nosas
13/01/2021
0

  A corentena dunha quincena de xogadoras do Dépor ABANCA chega ao seu fin para a maioría. Despois de verse...

José Manuel González, novo adestrador do PM Friol / FRIOL

O Friol xa ten novo adestrador: José Manuel González

por Redacción As Nosas
12/01/2021
0

  Case un mes despois da destitución de Abraham García como técnico do Peluquería Mixta Friol, o equipo lucense xa...

Madrid CFF vs Dépor ABANCA / RCD

A RFEF confirma o adiamento do partido do Dépor ABANCA ante o Rayo Vallecano

por Redacción As Nosas
12/01/2021
0

  Por segunda vez, o partido entre o Dépor ABANCA e o Rayo Vallecano ten que ser adiado. A recuperación...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
Penya Esplugues vs Cidade de As Burgas / CIDADE DE AS BURGAS TW

Aprázase o Cidade de As Burgas vs Penya Esplugues por un positivo

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Penya Esplugues vs Cidade de As Burgas / CIDADE DE AS BURGAS TW

Aprázase o Cidade de As Burgas vs Penya Esplugues por un positivo

16/01/2021
PRC vs Barcelona Universitari Club (BUC) / PONTEVEDRA RUGBY CLUB

Nova oportunidade para o Pontevedra Rugby Club

15/01/2021
CRAT Residencia Rialta vs Sanse Scrum / ALBERTO SEGADE

O CRAT queda sen xogar outra semana máis, esta vez por mor dun positivo en COVID-19

15/01/2021
CV Oviedo vs Aceites Abril / CV OURENSE

O Aceites Abril quere comezar o 2021 e a segunda volta con bo pé

15/01/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.