Dúas futbolistas que militan no conxunto galego do Pescados Rubén Burela FS volverán a protagonizar un novo a cara a cara internacional de fútbol sala. Trátase de dúas deportistas que son habituais nas súas seleccións. Por un lado Peque, vestindo a elástica de ‘La Roja’ de España, e por outro Jenny que defenderá a camiseta lusa.
A vindeira semana terá lugar o cruce España vs Portugal que enfrontará a Peque e Jenny en amigables previstos para o martes 13 de outubro ás 16:00 horas, e mércores 14 ás 12:00 horas. Ambos os dous encontros terán lugar na Quinta dos Lombos.
Peque recibiu a chamada de Clàudia Pons coa Selección de España de Fútbol Sala. Debido a esta convocatoria, as dúas Guerreiras Laranxas estarán concentradas coas súas seleccións entre os días 11 e 15 de outubro.