As patinadoras galegas do CHL Meigas de hóquei en liña, Paula Lamas Mourelos e Uxía Vázquez González foron convocadas coa Selección Española para disputar co combinado estatal o Campionato Europeo Junior. A cita continental terá lugar en Valladolid do 25 de xullo ó 31 de xullo.
Dende a Federación Galega de Patinaxe felicitan “a ambas xogadoras pola chamada do combinado nacional e desexamos que desfruten da experiencia formativa e competitiva”.
Tal e como informa a Federación Española de Patinaje, Valladolid converterase na capital continental do hoquei en liña. A cidade castellanoleonesa acollerá os Campionatos de Europa en categoría Sénior e Junior Feminina e en categoría Sub-18 e Sub-16 masculina do 27 ao 31 de xullo. Todos os partidos disputaranse en dúas sedes; Canterac e Os Cerros.
Os combinados españois, dirixidos polo seleccionador nacional, Ángel Ruiz e o seu corpo técnico, optarán todo o máis alto. As Sénior son as actuais subcampioas do mundo, as Junior, as actuais campioas dos World Roller Games e o equipo masculino Sub-18 vén de gañar o último Europeo e defenderá a súa coroa.
A primeira selección española en debutar será a Sub-16 masculina, que xogará #ante República Checa o primeiro partido do seu grupo o mércores 27 ás 16:50h (CET) en Canterac. A competición U-16 estará formada por dous cadros de catro equipos. España enfrontarase aos checos, Bélxica e Finlandia o grupo A.
Pola súa banda, o campionato Sub-18 quedou dividido en tres grupos de tres equipos. O equipo español estará no grupo A con República Checa e Eslovaquia e debutará #ante esta última o xoves 28 ás 13:40h tamén en Canterac.
A selección sénior feminina disputará unha liguiña de cinco selecciones nas que os dous primeiros clasificados ao finalizar a fase de grupos, enfrontaranse polo ouro. Os seus rivais serán Bélxica, Finlandia, Francia e Letonia. Ademais, o seu debut será contra as francesas, actuais campioas do Mundo, o mércores ás 21:15h en Canterac.
Por último, o combinado junior feminino, que é no que están as dúas patinadoras galegas do CHL Meigas, Paula Lamas Mourelos e Uxía Vázquez González, disputará un triangular a ida e volta #ante Francia e Italia. O seu primeiro adversario tamén será Francia.
A falta de confirmación oficial, proximamente comunicaranse as canles de retransmisión dos partidos. Lembramos as convocatorias das catro selecciones que representarán a España nos Campionatos de Europa de Valladolid 2022:
– Convocatoria Sénior Feminina, Sub-18 e Sub-16 Femininas
– Convocatoria Junior Feminina (con Paula Lamas e Uxía Vázquez)