Os combinados feminino e masculino de Galicia xa están de volta despois participar no primeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Hockey Liña.
A valoración de está participación que fai a Federación Galega de Patinaxe é “moi boa, a Selección Masculina acadou o quinto posto e a Feminina o sexto, aínda que por riba dos datos meramente clasificatorios compre valorar a experiencia global de este torneo”.
Os seleccionados e seleccionadas foron quen de ir de menos a máis nas distintas fases do Campionato e fixeron unha piña como equipo, empapáronse de hoquei durante unha intensa fin de semana na que a afluencia de público no pavillón bilbaíno de Zorrotza foi digna de mención a grada do pavillón quedou pequena e o público amosouse totalmente volcado en todos e cada un dos partidos.
No aspecto meramente deportivo cómpre destacar o excelente nivel visto sobre a pista do Metropolitano, xa que estes xogadores e xogadoras lonxe de parecer infantís parecían de categorías bastante superiores.
Finalmente, a grande vencedora do Campionato foi a Selección de Castela e León, que acadou o primeiro posto en ámbalas categorías tras derrotar á Comunidade de Madrid nas dúas finais.
Castrelos acolle partidos xuvenís e benxamíns de hoquei en liña
Esta fin de semana o pavillón de Castrelos vai ser sede xuvenil e benxamín de hoquei línea, nunha cita organizada polo club Vigo Blue Ringed, segundo informa a Federación Galega de Patinaxe.
O horario de competición será o seguinte:
SÁBADO 11 SEDE XUVENIL
- 10.00 VIGO BLUE RINGED-GALICIA ROLLERS
- 11.15 MORCEGOS-LOSTREGOS
- 12.30 GALICIA ROLLERS-ALQUIMIA
- 13.45 MORCEGOS-VIGO BLUE RINGED
- 15.00 LOSTREGOS-ALQUIMIA
DOMINGO 12 SEDE BENXAMÍN
- 10.00 GALICIA ROLLERS-LOSTREGUIÑOS
- 11.10 MEIGAS-PEQUELOSTREGOS
- 12.20 BRIGANTIÑOS-ALQUIMIA
- 16.10 PEQUELOSTREGOS-GALICIA ROLLERS
- 17.20 LOSTREGUIÑOS-BRIGANTIÑOS
SENIOR MASCULINO (DOMINGO)
- 14.00 BRIGANTIUM ALFA-A GUARDA HL
- 18.00 A GUARDA HL-BRIGANTIUM BETA