As dúas xogadoras do Club CHL Meigas, Uxía Vázquez e Paula Lamas, proclamáronse campioas de Europa de hóquei en liña na categoría junior coa Selección Española.
Fixéronse co ouro no campionato de Europa que tivo lugar do día 27 ao 31 de xullo en Valladolid.
Ademais, España, coas galegas Uxía Vázquez e Paula Lamas, conseguiu o ouro na categoría senior feminina e logrou a medalla de prata nas categorías Sub-16 e Sub-18 masculinas, tal e como informa a Federación Galega de Patinaxe.