A xogadora do CHL Meigas, Uxía Vázquez entra na convocatoria da preselección júnior de España de hoquei liña. O seleccionador do combinado nacional, Ignacio del Rey, contará con ela na concentración.
A cita desenvolverase en Tres Cantos (Madrid) entre o 8 e o 11 de xullo e nela participarán as seleccións júnior e sénior, que adestrarán conxuntamente.
A convocatoria da preselección júnior
Ata 19 xogadoras irán convocadas á concentración da preselección júnior do equipo español de hoquei liña:
- Julia Ballester, do CB Tsunamis
- Carla Bascon, do Asme Tucans
- Paloma Carballo, do Tres Cantos PC
- Mar de Saja, do CPL Valladolid
- Jimena Díez, do CPL Valladolid
- Elisa Díez, do CPL Valladolid
- Natalia Fernández, do Tres Cantos PC
- Sara García, do CPL Valladolid
- Blanca López, do CPH Skulls Almàssera
- Paula Luque, do CPL Madrid
- María Martí, do CP Vila-real
- Laia Xin Mercader, do Asme Tucans
- Olivia Monjas, do CPL Valladolid
- Lucía Moreno, do HC Rubí Cent Patins
- Adaia Roig, do CP Alas Sagunto
- María Sierra, do CPL Valladolid
- Olga Torres, do CB Tsunamis
- Uxía Vázquez, do CHL Meigas
- Mercè Vilaró, do CB Tsunamis