• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

“O paraciclismo dáme saúde física e mental, dáme liberdade”

Natalia Vitoria, Jennifer Feijoo, Pilar Montoya e Eva Rosso explícannos a súa experiencia como deportistas do Paraciclismo Galicia, club impulsado por Iván Montero

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
13/11/2021
en Máis Deporte, Sobre rodas
PARACICLISMO GALICIA / CEDIDA

PARACICLISMO GALICIA / CEDIDA

148
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Na pasada fin de semana, catro deportistas do Paraciclismo Galicia subían aos podios das súas categorías para colgarse as medallas de ouro no Campionato de España de Ciclismo Adaptado. Catro metais que demostran o seu alto nivel, nun deporte que vai moito máis alá da competición.

“O paraciclismo dáme saúde física e mental, dáme liberdade”, asegura sen dúbidas Natalia Vitoria, unha das ciclistas do equipo, quen engade que este deporte “me permite coñecer xente que paga moito a pena, faime superarme e me presenta máis obxectivos. O ciclismo é duro, pero faite superar cousas que xamais soñaches”.

Este é un sentimento que comparte a súa compañeira Eva Rosso. “Para min dáme a VIDA!”, afirma. Pola súa banda, Pilar Montoya o define como “unha liberación”, e para Jennifer Feijoo é un “privilexio”.

PARACICLISMO GALICIA / CEDIDA
PARACICLISMO GALICIA / CEDIDA

Deportistas de toda España no Paraciclismo Galicia

Malia non ser galegas, a todas estas deportistas as une un deporte e un equipo, Paraciclismo Galicia. O conxuto foi creado hai tres anos por Iván Manoel Montero, vinculándoo ao Club Ciclista Riazor ao que xa pertencía o deportista.

Actualmente, o Paraciclismo Galicia conta con sede en Arteixo, pero con deportistas de todos puntos de España. Inicialmente, o grupo estaba formado por Iván e por Mila López, pero cos anos acolleu a xente de Andalucía, como Eva Rosso, de Albacete, como Pilar Montoya ou de Venezuela, como é o caso de Jennifer Feijoo, quen actualmente reside en Madrid. Natalia Vitoria, unha das últimas incorporación, é natural de Valencia.

Natalia Vitoria Sifre, nova fichaxe do CC Riazor

A clave para chegar a todas elas estivo principalmente nos contactos nas competicións. No caso de Jennifer Feijoo, cando Iván montou o equipo estaba a buscar ciclistas e contactou co seu marido, quen nese momento buscaba club. “A verdade é que houbo moita conexión con Iván”, recorda a deportista entre os motivos polos que se apuntaron ao conxunto galego.

Natalia Vitoria explica que ela xa coñecía a Iván polas competicións e, cando tivo a necesidade de cambiar de equipo, uniuse ás galegas. “O ciclismo adaptado é un deporte minoritario e somos máis visibles se nos xuntamos, a pesar de ser cada un dun sitio. Así que xa son medio galega”, bromea.

Natalia Vitoria: “O ciclismo adaptado é un deporte minoritario e somos máis visibles se nos xuntamos”

Eva Rosso tamén soubo do proxecto polo propio Iván, ao que coñeceu no programa de tecnificación da Federación Española de Ciclismo, mentres que Pilar Montoya foi fichada para Paraciclismo Galicia xusto antes do comezo da pandemia. A ciclista decidiu cambiar de equipo polas boas condicións que ofrecía o club galego, explicando que “o meu anterior equipo, aínda que non me fixera nada malo, non as podía ofrecer”.

Con elas, e algunhas corredoras máis, practicamente a metade do equipo é feminino. “Nós sempre quixemos ter metade e metade, tanto para feminino e masculino, era un obxectivo que tiñamos desde o principio. Empezamos Mila López e eu, rematamos o primeiro ano con 4 e actualmente somos 15 e case a metade son mulleres”, explica Iván Manoel. 

PARACICLISMO GALICIA / CEDIDA
PARACICLISMO GALICIA / CEDIDA

Salvando distancias

Co equipo repartido por toda a xeografía española, “cada un adestra individualmente e despois nos xuntamos nas competicións. Os que estamos en Galicia de vez en cando xuntámonos para algún adestramento pero o resto é máis complicado, cada un está nunha punta de España”, apunta Iván.

A distancia non é un obstáculo, xa que “vía telemática o apoio é igual”, asegura Feijoo. “Mantémonos unidos, aínda que non corramos xuntos todas as carreiras, sempre está o interese e estar pendentes dos compañeiros. Por iso dicimos que somos coma unha familia”, engade.

Jennifer Feijoo: “Somos coma unha familia”

Para ir sumando puntos para o equipo, as ciclistas altérnanse nas competicións, acudindo á que quede máis preto da súa zona. “Este ano si subín a Viveiro pero ao mellor non te compensa ir a unha carreira polo gasto que conleva e todo, pero se hai outro máis preto pois somos un equipo para iso. Cando fai falta puntuar imos, porque ao final tes patrocinadores e colaboradores se tiveches bos resultados. Sempre algún fai o esforzo. Somos un equipo”, explica Pilar Montoya.

Catro vitorias para o Paraciclismo Galicia no Campionato de España de Ciclismo Adaptado de estrada

Máis que un equipo, unha familia

“Paraciclismo Galicia é unha familia. Non é só un equipo co que vas corres e ata logo. Apoiámonos en todo”, así o define Jennifer Feijoo, quen resalta o apoio constante dentro do equipo. O propio Iván Manoel resume así a creación do conxunto: “Vas facendo contacto nas carreiras, amizades, e ao final xuntamos unha familia. Penso que máis que un equipo isto é unha familia”.

Eva Rosso, pola súa parte, tamén recalca o ambiente familiar que se vive no grupo vía telemática, do que destaca “un gran compañeirismo, iso é fundamental”. Malia a distancia “vivimos o día a día aínda que esteamos lonxe”, apunta Pilar Montoya.

E nesta familia, ademais do apoio o deporte serve como liberación. A propia Pilar explica que coller a bici lle sirve para desconectar, e nas competicións o importante “non é só a forza física, senón que a forza mental acompañe. Aínda que remate cansada pola carreira, o descanso é mental”.

PARACICLISMO GALICIA / CEDIDA
PARACICLISMO GALICIA / CEDIDA

Eva sinala como o paraciclismo elimina as limitacións dos deportistas con discapacidade: “Hai persoas que se sinten limitadas, que cren que pola súa discapacidade xa non poden facer deporte e están moi equivocadas. As limitacións moitas veces non son reais, son as que nós mesmos poñemos, e cruzar esa barreira mental é brutal. Verche nun podio, ser ciclista, é como un soño, pero ALCANZABLE”.

Eva Rosso: “As limitacións moitas veces non son reais, son as que nós mesmos poñemos, e cruzar esa barreira mental é brutal”

Para Jennifer Feijoo o fundamental é a saúde, tanto a física como a mental, por iso poder practicar o paraciclismo é un “privilexio”, que lle permite manterse ·estable e con maior sáude, que é o máis importante”.

Pero este “privilexio” ou “soño” non sería posible sen axudas. Iván Manoel explica que o Paraciclismo Galicia non pode sobrevive grazas ao apoio da Fundación Deporte Galego e ABANCA, que apoia a iniciativa. “Estamos intentando conseguir un patrocinador privado a maiores que poida entrar o proxecto, pero grazas ao apoio da Xunta, a Fundación e ABANCA é como saimos adiante”, engade.

Etiquetas Eva RossoIván Manoel MonteroJennifer FeijooNatalia VitoriaparaciclismoParaciclismo GaliciaPilar Montoya
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Foto de familia das persoas premiadas polo Club Ciclista Riazor no seu 25 aniversario / SABELA MOSCOSO

Vintecinco anos e a seguir rodando

por Redacción As Nosas
13/12/2021
0

Vintecinco anos dan para moitos quilómetros, moitas saídas, moitas carreiras, un sinfín de sprints e de portos de montaña, pero...

Catro vitorias para o Paraciclismo Galicia no Campionato de España de Ciclismo Adaptado de estrada / Paraciclismo Galicia

Catro vitorias para o Paraciclismo Galicia no Campionato de España de Ciclismo Adaptado de estrada

por Carmen G. Mariñas
08/11/2021
0

Ata cinco ciclistas do Paraciclismo Galicia subiron ao podio esta fin de semana no peche do Campionato de España de Ciclismo Adaptado...

Natalia Vitoria Sifre, coas cores do CC Riazor / PARACICLISMO GALICIA

Natalia Vitoria Sifre, nova fichaxe do CC Riazor

por Redacción As Nosas
21/02/2021
0

  O Club Ciclista Riazor, a través de Paraciclismo Galicia, vén de facer pública a fichaxe de Natalia Vitoria Sifre....

Pilar Montoya, do CC RIazor Paraciclismo Galicia / LP'S PHOTOGRAPHY

Pilar Montoya, segunda no Campionato de España de Ciclismo Adaptado

por Redacción As Nosas
09/11/2020
0

  Aínda que é de Castela, a corredora Pilar Montoya López defende as cores do Club Ciclista Riazor. Esta fin...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.