O Poio Pescamar ten dúas oportunidades máis de meterse no play-off polo título de campión de Primera División. Nesta penúltima xornada, as galegas visitarán ao FSF Móstoles, no que é a última viaxe fóra da casa desta segunda fase. O partido disputarase o sábado, 22 de maio, ás 16:00 horas no pavillón Villafontana.
Esta fin de semana as futbolistas dirixidas por Manu Cossío teñen unha oportunidade de ouro de certificar o pase do que sería o seu primeiro play-off polo título.
Porén, a clasificación está axustada, e non bastaría cun trunfo das vermellas. A esta altura da competición, o Poio é cuarto clasificado con 42 puntos. Con dous máis está o terceiro, o STV Roldán, pero cun menos o quinto, o Torreblanca Melilla.
As primeiras xogarán nesta xornada contra as Guerreiras Laranxas do Burela, as segundas clasificadas. Pola súa banda, as melillenses o farán contra o Futsi Atlético Navalcarnero, as líderes. Tanto madrileñas como burelás están xa clasificadas para o play-off.
O rival das pontevedresas neste sábado é de menor nivel, xa que o Móstoles ocupa a penúltima posición do grupo que loita por proclamarse campión de liga. Polo de agora suman 35 puntos, con 11 vitorias, dous empates e nove derrotas.
Podes vivir aquí en directo, vía streaming o partido das conserveiras galegas: