• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

O Poio e o Burela lideran a clasificación da Primera División

Tras a primeira xornada, o Marín e o Ourense Envialia ocupan a zona baixa da táboa

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
21/09/2021
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Elena Aragón, do Burela, no partido ante o Melilla / PRBFS

Elena Aragón, do Burela, no partido ante o Melilla / PRBFS

54
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Unha nova tempada na Primera División de fútbol sala xa deu comezo, cos catro equipos galegos que participan nela en posicións moi distintas da táboa. O Poio Pescamar e o Pescados Rubén Burela lideran a táboa, na primeira e segunda posición respectivamente. Pola súa banda, o Marín Futsal e o Ourense Envialia atópanse na zona baixa, nas posicións 12ª e 14ª.

Nesta primeira xornada competitiva, as escuadras de Cossío e Lucas asinaron dúas goleadas, cun 1-5 ante o Alcorcón no caso das vermellas e un 4-0 contra o Torreblanca Melilla no caso das laranxas. Pola súa banda, o Marín Futsal caeu derrotado por un 2-3 ante o poderoso Futsi Atlético, mentres que o Ourense Envialia perdeu contra o Móstoles por un 4-2.

Tres puntos e goleada para o Poio Pescamar

O mellor resultado desta xornada inaugural para os equipos galegos foi o do Poio, que visitaba ás xogadoras do AD Alcorcón FSF. Neste encontro, as vermellas lograron o desquite ante as amarelas, despois de perder ante elas no play off polo título na pasada campaña.

Neste novo duelo, as pupilas de Manu Cossío demostraron a súa superioridade desde o comezo, cunha Ana Rivera que abriría a lata goleadora no minuto 3. Pouco antes do descanso, a brasileira Dani Sousa anotaba o segundo nunha xogada a balón parado.

Despois da pausa, Jane aproveitou unha falta para ampliar a vantaxe galega e pouco despois Ana Rivera repetía como anotadora cun gol de vaselina. Nos intres finais, o Alcorcón loitou polo gol da honra, que conseguiu grazas a Laura, pouco antes do final. O pitido final chegaría co 1-5 no marcador, grazas a un último tanto para o Poio, obra de Lucía.

Nada mellor que un domingo saboreando a vitoria 😜#PoioPescamar #ReEvoluciónVermella pic.twitter.com/ZtwyPpbhdM

— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) September 19, 2021

As Guerreiras Laranxas estrean tempada en Vista Alegre con vitoria

As vixentes campioas da Primera División, as Guerreiras Laranxas, tamén estrearon o curso con vitoria en casa. O Burela recibía en Vista Alegre ao Torreblanca Melilla e antes do inicio do encontro ofreceu á súa afección o título obtido na pasada campaña.

Ofrecemento da Liga 2021 en Vista Alegre ao comezo da tempada 21-22 / PRBFS
Ofrecemento da Liga 2021 en Vista Alegre ao comezo da tempada 21-22 / PRBFS

Nesta xornada inaugural, o Burela colleou o mando do partido desde os primeiros minutos, controlando a un Melilla desbordado. O marcador abriuse no minuto catro grazas ao tanto de Ale de Paz e minutos despois as laranxas case fixeron o segundo, despois de recompoñerse dunha acertada ofensiva de Jhennif sobre a rede de Sandra Buzón.

Cami, Elena Aragón e Ale rondaban a portería rival de maneira constante, ameazando co segundo gol do partido. Este chegaría finalmente no ecuador da primeira parte, grazas a unha xogada das dúas primeiras. Peque e Leti tamén buscaron o terceiro, pero sen acerto.

Despois do descanso, o Melilla aumentou o nivel e o partido igualouse, pero chegado o minuto 35 Dany aumentaría a vantaxe laranxa cun dos seus clásicos xiros. As visitantes apostaron polo xogo de cinco, con porteira xogadora, pero de nada serviu. O Burela anotou o cuarto grazas a Emilly, para rematar o duelo nun 4-0.

Lucas: “O importante eran os tres puntos”

“O importante eran os tres puntos. Foi un partido lento, por momentos contaxiámonos do pouco ritmo que quería imprimir o rival. En defensa traballamos cada vez mellor pero temos que seguir facendo fincapé sobre o ataque e na rapidez en circulación de balón; imos avanzando pero aínda temos moito por diante”, reflexionaba así Lucas á fin do encontro.

O Marín Futsal trata de ti a ti ao poderoso Futsi Atlético

O Marín Futsal tivo a oportunidade de debutar na máxima categoría na pasada fin de semana, cun duelo ante un grande do futsal como o Futsi Atlético. As galegas, malia o nivel do rival, aguantaron o ritmo do encontro, apostando por unha férrea defensa.

A estratexia seguida polas locais foi a de ceder o mando ás madrileñas, apostando por esperar ás súas oportunidades para atacar. Así, o primeiro gol da tarde foi o de Laura Córdoba aos tres minutos, pero instantes despois as galegas reaccionaban poñendo o empate grazas a María León. O descanso chegaría coas táboas.

Tras o paso por vestiarios, o Futsi volveu controlar o tempo do partido, anotando o 1-2 nunha contra, pero Café fixo de novo o empate nunha xogada estratéxica de falta. Nos últimos compases o duelo mantívose igualado, pero con dominio madrileño. Finalmente, a superioridade das visitantes fíxose patenete cun último gol no minuto 35, que levaría os tres puntos a Madrid.

O Ourense Envialia cede ante o Móstoles

Tamén con derrota comezou o Ourense Envialia un novo curso. As ourensás visitaban ao Móstoles, equipo que demostrou ser máis efectivo en ataque. Xa nos primeiros minutos, as locais adiantáronse no marcador, pero un par de minutos despois Iria Saeta asinaría o empate.

Despois da pausa, as locais non ían deixar escapar a vitoria, e apostando pola presión arriba lograron facer o segundo. As de Morenín intentaban contrarrestar os ataques do Móstoles, pero sen acerto e cunha defensa máis feble, as locais anotarían o terceiro. O cuarto chegaría un par de xogadas despois, sentenciando finalmente o encontro.

⚽LIGA // 1DIV // J.01 // FINAL (4-2)

Goles: @Iriasaeta10 y @JudithPedreira

Esperamos que las lesiones de Iria y María Arias de nuestro lado y Celia por Móstoles queden en nada. El fustal tiene esto, pero…a ver si podemos respirar un poquito

¡Ánimo chicas!
🆚@FSFMostoles pic.twitter.com/6r5zYaAgaK

— Ourense Envialia FSF (@OUenvialiaFSF) September 18, 2021

Etiquetas BURELA FSENCE Marín FutsalMarínMarín Futsalourenseourense envialiaPescados Rubén BurelaPoiopoio pescamarPrimeira División de Fútbol SalaPrimera División de Fútbol Sala
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación do XII Torneo de Seleccións Autonómicas minibasket en Marín / FEGABA

O mellor minibasket de catro comunidades dáse cita en Marín no “XII Torneo de Seleccións Autonómicas”

por Redacción As Nosas
11/02/2026
0

O mellor minibasket de catro comunidades dáse cita en Marín no XII Torneo de Seleccións Autonómicas. Concello de Marín e Federación Galega...

FSF Castro Bloques Cando na Copa da Raíña de fútbol sala / FSF CASTRO IG

Poio Pescamar e Castro Bloques Cando selan o pase a cuartos de final na Copa da Raíña 25-26

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  Poio Pescamar e FSF Castro Bloques Cando continúan na Copa da Raíña de fútbol sala, mentres que o Ourense...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem / POIO PESCAMAR

MUNDIAL FUTSALFEM | O Poio Pescamar, o club con máis representantes en Filipinas con 7 futbolistas

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

  O Poio Pescamar converteuse no equipo con maior presenza no Mundial de Filipinas. O conxunto galego achegou sete xogadoras...

CD Burela Fútbol Sala vs Penya Esplugues / PENYA ESPLUGUES

Xornada de contrastes entre os equipos galegos na 1.ª Iberdrola de Fútbol Sala

por Redacción As Nosas
03/11/2025
0

  A novena xornada na Primera Iberdrola de Fútbol Sala remata con dúas vitorias entre os conxuntos galegos da máxima...

CD Chiloeches vs CD Burela Fútbol Sala / CD CHILOECHES

Pleno de vitorias para o fútbol sala galego na máxima categoría

por Redacción As Nosas
20/10/2025
0

  Despois de sete xornadas disputadas na Primera Iberdrola de Fútbol Sala, os cadros galegos que militan na máxima categoría...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

12/05/2026
Representación de Galicia no podio da proba de 5.000 mts do Campionato de España categoría Sub-18 feminina, na que foi primeira Sabela Castelo, do Sanysec-Ourense e segunda, Paula Fernández da Sociedad Gimnástica de Pontevedra / RFEA

Cinco medallas para Galicia no Campionato de España de atletismo de 5.000 e 10.000 metros

12/05/2026
Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO

O Mecalia Atlético Guardés cae na final da Copa da Raíña diante do Super Amara Bera Bera (26-21)

10/05/2026
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés métese na súa segunda final copeira contra vento e marea (20-24)

09/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.