• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

O equipo do Melmac Rally Factory prepárase para o 25 Rallye A Coruña

Falamos con Ruth Ortega, piloto e creadora do conxunto, o único equipo 100% feminino deste deporte

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
28/05/2021
en Máis Deporte, Sobre rodas
O equipo do Melmac Rally Factory antes do 25 Rallye A Coruña / CARMEN G. MARIÑAS

O equipo do Melmac Rally Factory antes do 25 Rallye A Coruña / CARMEN G. MARIÑAS

511
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Este sábado, 29 de maio, a cidade da Coruña celebra o 25 Rallye, no que competirá o Melmac Rally Factory, o único equipo 100% feminino a nivel galego e español.

A piloto Ruth Ortega é a mente detrás desta escudaría, coa que competirá na Coruña con Esther Gutiérrez como co piloto e co dorsal 72. Co número 71 participarán Leti López como piloto e María Martínez como copiloto, a outra parella do Melmac Rally.

As orixes do Melmac Rally Factory

Este equipo feminino leva en marcha desde o 2019 e desde entón está integrado exclusivamente por mulleres. Ruth Ortega levaba xa un par de anos dándolle voltas á idea de fundar un conxunto só feminino, para animar a outras mozas interesadas no mundo do automóbil a competir e participar nas copas.

A galega foi pasando por varios institutos de Formación Profesional en busca das súas futuras mecánicas, e atopounas en Sandra Vázquez e Nadia Dono. “Desde aquela seguimos as mesmas e imos aumentando pouco a pouco”, engade a piloto.

No mesmo ano compezaron a competir, pero o embarazo de Ortega aparotouna dos circuítos, polo que tivo que parar a tempada. As mecánicas pasaron a traballar con outros equipos para seguir formándose e aprendendo durante a súa baixa, polo que agora, “volvemos a empezar”.

Para a tempada 2021 no Melmac Rally Factory teñen programadas dez carreiras, sendo a primeira o 25 Rallye A Coruña.

Ruth Ortega: “Non está tan normalizado que compitan mulleres”

O 25 Rallye A Coruña, un torneo dobremente especial

A competición coruñesa suporá a volta ao voltante de Ortega e a primeira competición en Galicia desde a pandemia. Un rally dobremente especial porque “A Coruña é casa”.

Ruth Ortega: “Teño moitas ganas porque ten moito nivel. Os rallys de aquí son alucinantes”

A galega non competiu nunca no circuíto herculino, só en categoría nacional, polo que “teño moitas ganas porque ten moito nivel. Os rallys de aquí son alucinantes”. A emoción pálpanse na voz de Ruth Ortega, quen confesa que “estou moi nerviosa pola volta, porque é un ano difícil, e sobre todo polos rivais, porque hai rivais de moitísima calidade”.

No relativo aos tramos da competición, a piloto admite que ten respecto ao de Coirós, porque “é un tramo moi complicado, técnico, pero tamén considero que é perigoso. Non é que o vexa só complicado por correlo, senón que é perigoso”.

No extremo contrario, o favorito de Ortega é o de Aranga, “porque é máis cercano á miña casa e é o que vou ver cando hai rallys. Faime ilusión facelo e está chulísimo o tramo”.

Os coches de Ruth Ortega e Leti López

Para o 25 Rally A Coruña, como a proba entra no Volante FGA, os coches non poden ter modificacións. “É unha copa promoción, na que imos todos en igualdade de condicións”, explica Ortega.

O seu coche é un 206 que vai de serie completamente, só ten uns freos novos e unha nova amortiguación por motivos de seguridade. O da súa compañeira Leti López é un 107 da Copa de Cataluña, tamén de serie, pero con menos cabalos que o da piloto naronesa. “Pero tamén é un coche que vai poder ir moi rápido se quere e sen modificación ningunha”, engade.

O coche do Melmac Rally Factory antes do 25 Rallye A Coruña / CARMEN G. MARIÑAS
O coche de Ruth Ortega e Esther Gutiérrez, do Melmac Rally Factory, antes do 25 Rallye A Coruña / CARMEN G. MARIÑASC

Compañeiras e rivais no mesmo equipo

Respecto ao resto de equipos participantes, Melmac Rally Factory ten no resto de debutantes aos seus principais rivais. A proba do 25 Rallye A Coruña puntúa dobre, para o Volante FGA e para o novo Open Donas Gadis.

Ruth Ortega: “Leti e eu, ademais de ser compañeiras de equipo, seremos rivais directas”

Nesta última competición están inscritos os dous coches da escudaría feminina, polo que, “ademais de ser compañeiras de equipo, seremos rivais directas”. Ruth Ortega, que volve aos circuítos tras o seu embarazo e a pandemia, e Leti López, piloto debutante, enfrontaranse entre si en nome do mesmo equipo. “Logo está o Top 3 inalcanzable. Pero ninguén di que a final de tempada non o poidan ser, non se sabe”, engade a primeira.

Tamén figuran como copilotos da proba coruñesa outras mulleres. Estes son os seus nomes: Raquel Rodríguez Triñanes, Sara Fernández Palazuelos, Nuria Rebollido Castro, Carmen González Montenegro, Yadira de Diego Gómez, Bárbara Gómez Oubel, Tamara Díaz Allegue, Lucía González González, María Adelaida Porta Pérez, Enma Santos Vidal, Lara Gómez Rodríguez, Elena Fernández Amor, María Teresa López Hospido, Lucía Pérez López, Rosa Isabel Rivas Núñez, Berta Pan Cambón, Vanessa Monterroso Manteiga, Jessica Piñeiro Castro, Cristina Torres Pintos, Mara Pellón Andrade, Lorena Maroño Souto, Paula Vázquez Salgado.

Os obxectivos de Ruth Ortega nesta tempada

O primeiro obxectivo que se marca Ruth Ortega na súa volta co Melmac Rally Factory é o Open Donas Gadis, “por medirme e saber onde estou despois de tanto tempo parada”.

Para o resto da tempada, a súa intención é a de manterse na metade superior da táboa “e sobre todo, seguir aprendendo e sumando quilómetros, e que todo saia ben, acabar rallys, puntuar e levarnos a experiencia”.

Etiquetas A CoruñaAutomobilismococheEsther GutiérrezMelmac Rally FactorymotorOne SevenRallyRally da CoruñaRallye da CoruñaRuth Ortegavehículo
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentacion Autocross Carballo / XUNTA DE GALICIA

A 18.ª edición do Autocross Carballo terá lugar do 10 ao 12 de xullo

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Presentouse a 18.ª edición do Autocross Carballo, terceira cita do Campionato de España de Autocross (CEAX Loterías). A proba vaise...

Imaxe de arquivo do programa Coruña en Forma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello converte a cidade nun ximnasio ao aire libre cunha nova edición de “Coruña en forma”

por Redacción As Nosas
27/06/2026
0

A Coruña volverá facer do deporte un dos grandes protagonistas do verán cunha nova edición de Coruña en forma, o programa...

Gala da AFAC en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA

Un milleiro de futbolistas de base celebran o remate da tempada 2025/2026 na Gala da AFAC

por Redacción As Nosas
25/06/2026
0

O Palacio Municipal dos Deportes de Riazor acolleu esta tarde a gala de entrega de trofeos das competicións de fútbol-8...

Cea do Deporte da Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

A Cea do Deporte da Coruña recoñece a 15 deportistas e entidades polos seus éxitos e traxectoria

por Redacción As Nosas
29/05/2026
0

ExpoCoruña acolleu esta noite a Cea do Deporte que organiza o Concello da Coruña. Esta tradicional celebración foi recuperada no...

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.