• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Marta Bobo, primeira olímpica galega, homenaxeada como pioneira polo Consello da Cultura Galega

O  Consello da Cultura Galega dedicou unha nova xornada da súa serie ‘De pioneiras e Andainas’ á ourensá | A vida da deportista galega está ligada intrinsicamente á ximnasia rítmica como deportista, adestradora, xuíza, docente e investigadora.

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
27/10/2023
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Marta Bobo xunto coas súas fillas, Paula e Candela, maila súa parella no Consello da Cultura Galega / SABELA MOSCOSO

Marta Bobo xunto coas súas fillas, Paula e Candela, maila súa parella no Consello da Cultura Galega / SABELA MOSCOSO

1k
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A figura de Marta Bobo Arce (Ourense, 1966) foi protagonista dunha nova xornada do ciclo ‘De pioneiras e Andainas’ do Consello da Cultura Galega (CCG). A cita, co lema: ‘Marta Bobo, mulleres e deporte: a paixón por defender o noso’, tivo lugar en Santiago de Compostela en sesións de mañá e tarde o xoves 26 de outubro. A xornada estivo coordinada por Carme Adán e Cristina López Villare puido seguirse presencialmente e a través da transmisión en liña.

Marta Bobo foi Diploma olímpico nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984 na modalidade de ximnasia rítmica, é adestradora e coreógrafa nesta disciplina, ademais de xuíza internacional. Na súa faceta como docente, Bobo dá clase na Facultade de Ciencias do Deporte da Universidade da Coruña e ten realizado un extenso traballo coma investigadora.

Marta Bobo e Rosario Álvarez, presidenta do CCG / SABELA MOSCOSO
Marta Bobo e Rosario Álvarez, presidenta do CCG / SABELA MOSCOSO

A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, participou na inauguración da actividade que, segundo explicou: “É unha homenaxe a todas as mulleres que estiveron neste campo, cos seus éxitos e dificultades”. Pola súa parte, Carme Adán, directora do CDIF e organizadora da cita xunto con Cristina López Villar, puxo a atención en: “ter presente a importancia do deporte para mudar estereotipos”.

Son xa 14 anos os que leva o Consello da Cultura Galega (CCG) realizando estas xornadas polas que pasaron, músicas, filósofas, xornalistas… Desde o seu inicio en 2009 mulleres sobranceiras nas súas áreas teñen sido protagonistas desta serie ‘De pioneira e Andainas’. Antes de Marta Bobo, elixida para esta edición en representación das mulleres pioneiras no deporte, analizáronse as figuras de Tereixa Navaza, María Wonenburger, Mercedes Goicoa, Carmela Porteiro, Mabel Rivera, entre doutras. A lista completa pode consultarse na web do CCG 

No primeiro chanzo desta xornada Mercé Barrientos, presidenta de Mudegá (Mulleres Deportistas Galegas), docente de ensino secundario e licenciada en Educación Física, compartiu co público na sesión científica ‘Logros deportivos e dereitos das mulleres: un camiño de esforzo” a ponencia: ‘Mulleres nos Xogos Olímpicos’.

Mercé Barrientos: “Desde Ana Peleteiro ata Sofía Toro pasando por Alicia Fernández Fraga, Julia Vaquero… todas as deportistas galegas lle deben moito a Marta Bobo, porque ela foi a primeira”

“Desde Ana Peleteiro ata Sofía Toro pasando por Alicia Fernández Fraga, Julia Vaquero… todas as deportistas galegas lle deben moito a Marta Bobo, porque ela foi a primeira”, afirmou Mercé Barrientos no marco desta xornada adicada á deportista ourensá.

Cartografía de Marta Bobo

Logo desa intervención presentouse unha Cartografía que camiñou pola vida da ximnasta en imaxes e fitos e que elaborou a técnica do CDIF (Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos) do Consello da Cultura Galega (CCG), Mariám Mariño.

A Cartografía, feita pública no marco da xornada consiste nun espazo web que fai un exhaustivo percorrido pola súa traxectoria vital e persoal e que xa se pode consultar na web do CDIF nesta ligazón. 

A visión das mozas no deporte

A xornada de mañá pechábase coa mesa de debate ‘A visión das mozas no deporte’. Claudia López, redactora deportiva cun mestrado en xornalismo e comunicación deportiva, así como doutoranda e graduada en Ciencias do Deporte pola UDC, coordinou esta interesante mesa de debate na que mulleres galegas do deporte actual verbalizaron as súas inquedanzas e pensamentos.

Homenaxe a Marta Bobo no CCG / SABELA MOSCOSO
Homenaxe a Marta Bobo no CCG / SABELA MOSCOSO

Neste debate participaron a campioa olímpica en Londres 2012 Sofía Toro, actualmente xerente do Clúster da Industria do Deporte Galego, e graduada en Ciencias do Deporte, en representación das mulleres no alto rendemento.

Raquel Béjar Castro, unha das dúas primeiras xogadoras con contrato profesional no RC Deportivo, e tamén graduada en Ciencias do Deporte, aportou a visión das mulleres no fútbol.

Candela Martínez Bobo, ximnasta e filla de Marta Bobo, medalla de ouro en cinta e bronce en mazas na categoría senior no Campionato de España de Ximnasia Rítmica 2022, representou ás mulleres na ximnasia.

Laura Santos Iglesias, subcampioa de España de bádmintón e medalla de prata por equipos no Campionato de Europa 2023, ademais de graduada en Ciencias do Deporte, sumou á conversa a mirada das mulleres na competición.

Todas elas con formación universitaria ligada ao deporte e deportistas (en activo ou non), compartiron as súas experiencias no deporte actual. Falouse de igualdade, de recursos, de esforzo, da necesidade de demostrar continuamente que vales para facer o teu traballo como deportista ou como adestradora. Do cansazo que produce a xustificación e a defensa constante da valía da muller como profesional no deporte.

Claudia López moderou unha mesa na homenaxe a Marta Bobo no CCG na que participaron Raquel Béjar, Candela Martínez Bobo, Laura Santos e Sofía Toro / SABELA MOSCOSO
Claudia López moderou unha mesa na homenaxe a Marta Bobo no CCG na que participaron Raquel Béjar, Candela Martínez Bobo, Laura Santos e Sofía Toro / SABELA MOSCOSO

Nesta mesa comentouse tamén a importancia dos referentes, aportándose unha interesante visión que apuntaba que, ás veces, as referentes non son grandes deportistas, se non as propias compañeiras coas que adestras acotío.

Sofía Toro: “Máis que deportistas profesionais, somos emprendedoras do deporte”

Sobre a falta de recursos e a necesidade de xestionar de maneira global as súas carreiras sen moitas axudas, Sofía Toro trasladaba unha reflexión bastante clarificadora: “Máis que deportistas profesionais, somos emprendedoras do deporte”, dixo a campioa olímpica de vela.

Entrevista

Na tarde Marta Bobo conversaba nunha entrevista coa xornalista e directora de As Nosas, Silvia Carregal. Xuntas debullaron diferentes facetas da vida da deportista homenaxeada, desde os seus inicios vitais nas rúas de Ourense, o paso por Madrid, Canadá, os diferentes retos deportivos aos que fixo fronte como os Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984 aos que case queda sen ir logo de ter gañado a súa praza, chegando a momentos vitais máis próximos nos que exerce como adestradora, xuíza, docente e investigadora.

Tamén a preguntas de Silvia Carregal, Marta Bobo reflexionou sobre a situación actual da muller no deporte e a igualdade.

A Marta Bobo máis próxima

A mesa redonda ‘Experiencia vivida e afectos’ foi outra das propostas desta xornada na que a figura de Marta Bobo foi debullada da man de persoas moi próximas a ela como a súa primeira preparadora, Aurora Martínez, a súa compañeira de adestramentos nos primeiros tempos en Madrid e coa que continúa en contacto, Sonia Conde, ou o seu compañeiro na Facultade de Ciencias do Deporte da Universidade da Coruña, Alberto Oro. A mesa foi coordinada polo xornalista e historiador Héctor Pena.

Héctor Pena moderou unha das mesas de debate da homenaxe a Marta Bobo do CCG nas que participaron Alberto Oro, Sonia Conde e Aurora Martínez / SABELA MOSCOSO
Héctor Pena moderou unha das mesas de debate da homenaxe a Marta Bobo do CCG nas que participaron Alberto Oro, Sonia Conde e Aurora Martínez / SABELA MOSCOSO

Sonia Conde, adestradora de ximnasia rítmica, ex ximnasta da Selección Española e compañeira en Madrid de Bobo, lembrou anécdotas como cando ela perdera un Campionato de España e fora Marta Bobo quen gañara. Sonia Conde puxo en valor a xenerosidade e empatía da deportista galega que cando baixou do podio o primeiro que fixo foi ir onda a súa compañeira e entregarlle o ramo de flores que lle acababan de dar para demostrarlle que estaba xunto da súa amiga. “Marta Bobo ten moita calidade humana”, explicaba Sonia Conde que tamén asegurou que a olímpica galega “foi unha revolución da rítmica española”.

Sonia Conde: “Marta Bobo foi unha revolución da rítmica española”

Aurora Martínez, primeira adestradora de Marta Bobo, e introdutora da ximnasia rítmica en Galicia, doutora, directora de departamento e profesora xubilada da UVigo, explicou como naceu o Ximnasio 2000 nos finais do 70, onde a ourensá entrou en contacto coa ximnasia rítmica. “Daquela o deporte e a muller non ían da man”, explicaba.

Héctor Pena moderou unha das mesas de debate da homenaxe a Marta Bobo do CCG nas que participaron Alberto Oro, Sonia Conde, Aurora Martínez e Paula Martínez Bobo / SABELA MOSCOSO
Héctor Pena moderou unha das mesas de debate da homenaxe a Marta Bobo do CCG nas que participaron Alberto Oro, Sonia Conde, Aurora Martínez e Paula Martínez Bobo / SABELA MOSCOSO

Lembrado as diferencias con respecto ao deporte actual, Aurora Martínez comentou: “Fixemos algo pola vestimenta da muller no deporte. Daquela tiñamos que usar o pololo, unha prenda tipo bombacho. E cando empezamos con ximnasio empezamos a usar o maillot”.

No palmarés de Marta Bobo, Aurora Martínez salientou o Premio Reina Sofía. “Os méritos de Marta son de dominio público, pero quería facer mención a dous momentos, un cando Francisco Humbral lle dedica un texto, e outro cando o Carrabouxo lle adicou unha simpática viñeta”, comentou a primeira adestradora de Marta Bobo Arce, quen, ademais foi a directora da tese doutoral de Marta Bobo: ‘O xuízo deportivo na ximnasia rítmica: unha proposta de avaliación baseada en indicadores de rendemento’.

Alberto Oro, compañeiro de Marta Bobo na Facultade de Ciencias do Deporte da UDC ata a súa xubilación, médico de formación e escultor, leu unha emotiva semblanza da súa compañeira na Universidade da Coruña.

 

1 de 3
- +
Marta Bobo xunto a súas filla Candela no Consello da Cultura Galega / SABELA MOSCOSO
Candela Martínez Bobo durante unha exhibición de ximnasia rítmica no Consello da Cultura Galega / SABELA MOSCOSO
Candela Martínez Bobo durante unha exhibición de ximnasia rítmica no Consello da Cultura Galega / SABELA MOSCOSO

1. Marta Bobo xunto a súas filla Candela no Consello da Cultura Galega / SABELA MOSCOSO

Marta Bobo xunto a súas filla Candela no Consello da Cultura Galega / SABELA MOSCOSO

2. Candela Martínez Bobo durante unha exhibición de ximnasia rítmica no Consello da Cultura Galega / SABELA MOSCOSO

Candela Martínez Bobo durante unha exhibición de ximnasia rítmica no Consello da Cultura Galega / SABELA MOSCOSO

3. Candela Martínez Bobo durante unha exhibición de ximnasia rítmica no Consello da Cultura Galega / SABELA MOSCOSO

Candela Martínez Bobo durante unha exhibición de ximnasia rítmica no Consello da Cultura Galega / SABELA MOSCOSO

Pechouse a xornada adicada a Marta Bobo unha performance realizada por unha das fillas de Marta, Candela Martínez Bobo, que tamén practica a ximnasia rítmica e que escolleu a pelota para a súa exhibición.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de As Nosas Xornal Deportivo (@asnosasdeportes)

Etiquetas Alberto OroAurora MartínezCandela Martínez BoboCarme AdánCentro de Documentación en Igualdade e FeminismosClaudia LópezConsello da Cultura GalegaCristina López VillarHéctor PenaLaura SantosMariám Mariño CostalesMarta BoboMercé BarrientospioneirasRaquel BejarRosario ÁlvarezSilvia CarregalSofía ToroSonia CondeXimnasia rítmica
Comparte4Chía3
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación do documental 'Mamá, futbolista quero ser' sobre a figura de Irene González Basanta / CONCELLO DA CORUÑA

Estrea no Centro Ágora da Coruña do documental ‘Mamá, futbolista quero ser’ que repasa a vida da porteira coruñesa Irene González Basanta

por Redacción As Nosas
02/10/2024
0

  Hoxe, mércores 2 de outubro terá lugar a estrea do documental 'Mamá, futbolista quero ser' que narra a vida...

O K4 500 integrado por Sara Ouzande, Estefanía Fernández, Carolina García e Teresa Portela compite ao máis alto nivel/ RFEP

O número de deportistas galegos recoñecidos no alto nivel segue medrando e chega aos 1.256

por Redacción As Nosas
03/07/2024
0

  O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución do 21 de xuño de 2024 pola que se...

Presentación do documental 'Mamá, futbolista quero ser' sobre a figura de Irene González Basanta / CONCELLO DA CORUÑA

O documental ‘Mamá, futbolista quero ser’ repasa a vida da porteira coruñesa Irene González Basanta

por Redacción As Nosas
25/06/2024
0

  A vida da porteira coruñesa Irene González Basanta repásase na peza documental audiovisual 'Mamá, futbolista quero ser' que se presentaba...

Silvia Carregal, xornalista e directora de As Nosas

Ese único latexo do Dépor ABANCA hoxe sentímolo no corazón

por Silvia Carregal
19/04/2024
0

  No mundo do fútbol adoita decirse que estamos ante un deporte que é un sentimento. E avísase co "non...

Conxunto senior do club Ximnasia Rítmica de Carral categoría prebase / DEPORTES CONCELLO CARRAL

Carral celebra o IX Torneo Club Ximnasia Rítmica Carral e do XXI Certame Municipal de Ximnasia Rítmica

por Redacción As Nosas
15/03/2024
0

  Carral acolle a celebración do IX Torneo Club Ximnasia Rítmica Carral e do XXI Certame Municipal desta modalidade. Ambas...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.