Dentro dos actos vencellados ao 8M, a Deputación da Coruña organiza hoxe xoves, 14 de marzo, a partir das 19.30 horas, na sede da Fundación Luís Seoane da cidade herculina, a xornada ‘Brecha de xénero no Deporte’ coa colaboración da Fundación Real Club Deportivo de La Coruña.
A actividade é gratuíta e aberta ao público ata completar aforo. Non é necesaria inscrición previa e poderá seguirse en liña a través da canle de YouTube da Deputación da Coruña.
Nesta xornada a xornalista deportiva e investigadora da UDC, Claudia López, impartirá a conferencia inaugural sobre “A linguaxe sexista na comunicación deportiva”.
Logo desa intervención haberá unha mesa redonda centrada na temática ‘Brecha de Xénero no deporte’ que contará coa participación de mulleres do deporte coruñés ocn diferentes roles: adestadoras, directivas, deportistas e xornalistas. En concreto intervirán:
A adestradora do Dépor Abanca, Irene Ferreras
A campioa de España de xavelina, Carmen Sánchez Parrondo Menchu
A cofundadora e directiva do Hockey Club Coruña Feminino, Mar Barcón.
A xogadora do Dépor Abanca Lía Muíño.
A ex xogadora internacional de rugby, directora técnica e vicepresidenta do CRAT A Coruña, Elena Roca
E a xornalista e directora do xornal deportivo As Nosas, Silvia Carregal, que moderará o encontro.