O Dépor ABANCA afronta unha semana cunha axenda apretada. O equipo de Miguel Llorente xogará este mércores, ás 19:30 horas, a primeira eliminatoria da Copa da Raíña, e deberá xogar de novo o domingo ás 12:00 horas ante o Zaragoza CFF, desta vez a xornada da Reto Iberdrola.
De cara a estas intensas xornadas, e especialmente coa vista posta no partido ante o Pozuelo en Copa, o preparador asegura que “sabemos que non haberá partido fácil salvo que saiamos fortes desde o inicio”.
Atentas ao Pozuelo
O duelo deste mércores enfronta ao CF Pozuelo co Dépor ABANCA, un rival que segundo Llorente “recórdame ao Sporting no tema de idade. Eu enfronteime a elas hai un par de tempadas co Barça B alí e recordo que eran bo equipo, que nos custou a primeira parte e logo na segunda xa metimos primeiro e foi diferente. É un rival que non ten nada que perder, porque parte como equipo de categoría menor e coa ilusión de pelexar ata o último minuto e a ver se poden pasar a eliminatoria. Será un partido seguro que complicado”.
Miguel Llorente: “É un rival que non ten nada que perder”
Así mesmo, o adestrador non lle quita importancia á Copa da Raíña e non ve esta competición como secundaria. “Dámoslle a importancia que ten un torneo no que participas. Ao final creo que todos e todas queremos gañar todo o que se nos poña por diante, entón o partido de mañá o queremos gañar sexa como sexa”, afirma contundente.
A convocatoria de Llorente
De cara ao listado de convocadas, asegura que “os minutos posiblemente se repartan, pero porque consideramos que todas as xogadoras son igual de importantes e están adestrando moi ben, as ideas as teñen na man e pode xogar calquera. Depende do partido”, apunta. “É importante a cita e todas son importantes e todas poden participar”, engade Llorente.
Miguel Llorente: “Todas as xogadoras son igual de importantes e están adestrando moi ben”
Unha baixa asegurada será a de Alba Merino, aínda con molestias no xeonllo. Porén, Sampalo volve á convocatoria. Llorente adianta poucos cambios no xogo do Dépor ABANCA, argumentando que “unha parte boa que ten o ter sempre o mesmo plan e non ter un plan B é que sempre ofrecemos o mesmo, sempre xogamos ao mesmo e adestramos da mesma maneira. Veña o rival que veña os axustes son mínimos. Imos ser fieles ao noso e a partir de aí atopar os espazos o antes que podamos para facer o noso xogo”.
Miguel Llorente: “Imos ser fieles ao noso”
Boas sensacións tras o empate ante o Osasuna
Ademais, o equipo chega con boas sensacións da última xornada da Reto Iberdrola, na que empataron ante o Osasuna. “Fago unha valoración moi boa. Sabiamos que era un rival moi difícil, leva todo o 2021 sen perder, así que ter ganado alí trería sido épico”, asegurou Llorente.
As branquiazuis non cambiaron o gran momento do Osasuna, pero rascaron dous puntos que poderán ser determinantes. “A valoración é moi positiva, pero facendo autocrítica para quen vira o partido, creo que non podemos renunciar ao que vimos facendo desde que estou eu, ao que adestramos e xogamos non podemos renunciar e no momento no que renuncias, o prezo que pagas é bastante alto. Pero a valoración é moi positiva”, explicou o adestrador.