O bo momento do Dépor ABANCA quédase en pausa. Despois de tres vitorias consecutvias, as branquiazuis tropezaron no Tajonar ante o Osasuna, volvendo a casa só cun punto tras un empate 2-2. Os goles de María Ruiz e Laura Fernández facían soñar cunha nova vitoria galega, pero as locais non se quedaron atrás e da man de María González e Patri Zugasti tamén golearon a portería coruñesa.
Cun total de 10 puntos, o equipo herculino mantense na zona alta da clasificación da división de prata, ocupando a terceira posición despois do Levante Las Planas e do RCD Espanyol.

Reacción branquiazul
Coa baixa de Alba Merino por lesión, Llorente realizou un par de cambios no seu once para este novo reto ligueiro. O adestrador deu entrada a Laura Fernández emudou a Aroa Guerra por Adule na zona de ataque.
Na primeira metade do encontro as visitantes colleron o control do partido, pero o acerto non estaba do seu lado. A primeira ocasión foi para Laura Fernández cun disparo alto que marcharía fóra. Co paso dos minutos, a igualdade era cada vez máis patente no terreo de xogo, con defensas fortes que obrigaban a disparos lonxanos.
No minuto 30, Ainhoa tamén estivo preto de anotar, e pouco despois Laura estivo preto de golear co esférico, pero sen éxito. María Ruiz, unha das estrelas do ataque do Dépor ABANCA tamén tivo a súa, peor acabou co balón no traveseiro.

Xusto entón, o Osasuna seguiu o refrán “a mellor defensa é un bo ataque” e sobrepúxose ás ofensivas coruñesas cun tanto por mediación de María González para marcar o 1-0. Lonxe de rendirse, as herculinas seguiron pelexando ada balón para non deixar escapar os puntos.
Aroa tivo a súa ocasión, pero o gol galego chegaría con María Ruiz, quen demostrou o seu taltneto desde o balón parado para anotar desde os tres cuartos de campo e poñer as táboas no electrónico antes do descanso.
Igualdade entre o Dépor ABANCA e o Osasuna
Tras a reanudación, ambos conxuntos mantiveron a igualdade sobre o campo, a través de defensas fortes e organizadas que non cedían ocasións ás contricantes. O man a man rompeurse a favor das deportivistas con Laura Fernández como protagonista, que facía o 1-2. A futbolista recibiu entre liñas o esférico para acomodalo na zurda e anotando cun disparo cruzado.

Nos minutos seguintes, o Dépor ABANCA lograba manter a raia ao Osasuna, que buscaba desesperadamente o empate. Os 90 minutos cumpríronse sen máis ocasións locais, pero o cambio chegaría no tempo de desconto. No 90+1, Zugasti anotaría o definitivo 2-2, deixando o encontro en táboas e repartindo os puntos entre ambas escuadras.
A galería do Osasuna – Dépor ABANCA
FICHA TÉCNICA
OSASUNA: Silvia, Fresneda (Torras, min. 85), Josune, María (Ochoa, min. 61), Patri Zugasti, Herrero (María Blanco, min. 85), Lara, Leyre, Vilariño (Amancay, min. 61), Anita (Vanessa Rodríguez, min. 71) e Aitana
DÉPOR ABANCA: Ana Valles, Cris Martínez, Raquel García, Inés Altamira, Goretti Neira, Paula Gutiérrez, Jone Ibáñez, Laura Fernández (Adule, min. 76), Ainhoa Marín (Carlota, min. 68), María Ruiz e Aroa Guerra (Ale Serrano, min. 79)
MARCADOR: 1-0 María González (min. 32); 1-1 María Ruiz (min. 41); 1-2 Laura Fernández (min. 75); 2-2 Patri Zugasti (min. 90+1)
ARBITRAXE: Azcona Aizcorbe (c. Navarro). Amonestou a Josune (min. 53), Leyre Fernández (min. 63), Urbani (min. 83) e Cris (min. 90+5)
INCIDENCIAS: Partido da cuarta xornada de Reto Iberdrola disputado na Ciudad Deportiva de Tajonar.