A liña de ataque do CD Burela FS seguirá sendo un perigo para todos os que se enfronten ó equipo da Mariña grazas a Jenny Santos. En tres tempadas a portuguesa converteuse nunha figura crave do bloque de futbolistas, e demostra en cada xornada todo o que está disposta a dar polo equipo.
Os éxitos de Jenny Santos falan por si mesmos, e foi unha peza fundamental dos logros alcanzados polo equipo os últimos anos, incluíndo os da recente tempada: Supercopa de España, Copa da Raíña e a Futsal Women’s European Champions.
Desde a directiva do CD Burela FS non dubidamos en afrontar a renovación de Jenny, que un ano máis seguirá dándoo todo no 40×20 para seguir acumulando momentos espectaculares xunto ó resto do persoal das Guerreiras Laranxas.
A súa traxectoria comezou en Portugal e cruzou o Mediterráneo ata o Pescara Calcio, equipo italiano no que estivo media tempada ata que fichou polo Pescados Rubén Burela no mercado de inverno de 2018. Desde entón, a 9 laranxa gañouse con suor o agarimo da afección.
Na súa traxectoria co Pescados Rubén Burela non deixou de demostrar a súa valía ata conseguir dous Campionatos de Liga, tres Supercopas de España, tres Copas de S.M a Raíña, dúas Copas Galicia e dous torneos internacionais como son a 4 Nations Futsal e o Futsal WEC.