• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Iris Arnaiz: “Esta é a nosa última oportunidade de seguir enganchadas á permanencia”

A capitá do Dépor ABANCA fala xa de final ante o vindeiro partido contra o Espanyol, rival directo pola salvación

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
13/05/2021
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Iris Arnaiz en rolda de prensa do Dépor ABANCA / RCD

Iris Arnaiz en rolda de prensa do Dépor ABANCA / RCD

107
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O Dépor ABANCA xogará este sábado, 15 de maio, contra o RCD Espanyol, un rival directo pola permanencia. Esta é unha das últimas balas na recámara das branquiazuis, polo que a súa capitá, Iris Arnaiz, non dubida xa en falar do duelo como unha final. “Esta é a nosa última oportunidade para estar enganchadas aí e conseguir a permanencia”, declaraba a futbolista.

A asturiana afirma que o equipo afronta o partido ante as catalás “como unha gran final, que é o que é”, xa que o encontro do sábado é “o partido máis importante que temos”, pero con “moitísima ilusión e moitas ganas porque é o que queremos todas, sacar isto adiante e canto antes mellor”.

A dificultade deste reto non desanima a Iris, quen se mostra optimista e asegura que “creo que vai saír ben porque estamos acostumadas a xogar baixo esa presión, por así dicilo, e estamos con ganas de sexa xa sábado para que chegue o partido para gañar e, se podemos gañar o goal average a favor contra o Espanyol, moito mellor”.

A exdeportivista Maya é un dos puntos fortes do Espanyol

No partido de ida as futbolistas do Dépor ABANCA reencontraronse coa exbranquiazul Maya, unha das xogadoras claves na vitoria catalá. Para Iris Arnaiz, a ex do club herculino e “a xogadora diferencial do Espanyol”.

Nas súas palabras, a xaponesa “tecnicamente é espectacular, sabe protexer moi ben o balon e ten unha visión de xogo incrible. Malia ser baixa vai ben de cabeza. Encantariame que estivera no meu equipo, pero por desgracia non é así”.

Maya / WYKAZSZKOWSKI
A ex xogadora do Dépor ABANCA Maya / WYKAZSZKOWSKI

Con todo, esta non é a única futbolista que destaca do equipo rival. A asturiana recoñece que outras pezas importantes do xogo perico son Baudet, “unha xogadora incrible”, ou Anaïr Lomba, “que está a un nivel espectacular”. En resumo, o Espanyol “ten xogadoras moi interesantes, que imos ter que tapar e sufrir con elas e creo que estamos todas preparadas para iso”.

Abegondo é o “noso pequeno fortín”, segundo Iris

Como punto a favor o Dépor ABANCA poderá contar co factor campo. Abegondo sempre é un terreo de xogo favorecedor para As Nosas, pero especialmente se conta coa presenza de público.

“Sen dúbida Abegondo é o noso pequeno fortín. Desde que hai público os resultados foron moitísimo mellores para nós e nótase. O día do Valencia foi incrible e o Madrid tamén. Incluso contra o Huelva e os partidos que gañamos en casa foi grazas á afección”, salienta a capitá.

Iris Arnaiz: “Entre todos conseguiremos a vitoria”

Por estes motivos, Iris Arnaiz pide un esforzo extra para esta xornada: “Esta fin de semana necesitamos á afección e que apreten porque nós o imos facer. Entre todos conseguiremos a vitoria, que é o que quere todo o deportivismo e sobre todo o que queremos nós”.

Os erros a balón parado pasaron factura en Sevilla

Na última xornada o Dépor ABANCA perdeu o fol acumulado das citas anteriores e caeu derrotado ante o Sevillla por un 3-1. Este resultado foi “un palo bastante duro” para as deportivistas, xa que a súa capitá admite que o partido “non saiu como esperabamos”.

O Dépor ABANCA recibe de novo o castigo dunha derrota inmerecida, esta vez en Sevilla (3-1)

Os goles a balón parado foron demasiado castigo para as galegas, que aínda teñen pendente corrixir estes erros. “Non estamos sendo duras a balón parado, en total fannos 7 ou 8 en contra en balón parado. É un punto débil no que estamos traballando. Somos conscientes de que é unha acción colectiva, que temos que estar todas concentradas durante o tempo que dure a xogada e sobre todo gañar as segundas xogadas que é o que máis dano nos fai”, analiza Iris Arnaiz.

A centenaria Peke, fundamental no vestiario deportivista

Iris Arnaiz xa forma parte do club das xogadoras centenarias, e recentemente uniuse a el Peke. A dianteira leva xa cen partidos defendendo a camiseta branquiazul desde que chegou ao club no 2017, e convertiuse “nun referente para nós”, en palabras da asturiana.

Iris Arnaiz: “Peke é unha xogadora que te pode solucionar partidos”

“O ano pasado en 7 dias ou 10 días marcou 10 goles e esa é Peke”, recorda a capitá, quen asegura que “é o estado de ánimo de todas. Cando estamos ben nótaselle que está ben, cando estamos mal non aparece moito. Peke é unha xogadora que te pode solucionar partidos, pensas que non está e marca dous goles de repente. É súper competitiva e sempre quere marcar gol e é das mellores cousas que nos pode pasar. Ter unha xogadora así, sobre todo arriba, que sempre quere marcar goles e gañar sempre é o bo”.

Pero a vasca tamén é importante fóra do campo. Segundo Iris Arnaiz, a dianteira é fundamental no vestiario: “Todas levámonos moi ben e Peke é das míticas que sempre fai bromas no vestiario e fóra del para manter isto con alegria. Ao final, faise duro estar todas as fin de semanas aí abaixo e o que non podes facer é afundirte. Hai que sacar o mellor de cada unha e Peke é desas xogadoras que saca o mellor de cada unha para os adestramentos e para os partidos”.

Gol de Peke para o Dépor ABANCA en Abegondo / RCD
Gol de Peke para o Dépor ABANCA en Abegondo / RCD

Nesta situación tan delicada que está a vivir o Dépor ABANCA, outras dúas futbolistas con experiencia son parte vital no banco branquiazul. A centrocampista sinala que tanto Alba Merino como Villegas están a levantar os ánimos do equipo, xa que pasaron con anterioridade por situacións similares.

Iris Arnaiz confesa que tras as derrotas é habitual que o plantel vexa “todo negro”, pero “ao día seguinte xa tes que estar lista para afrontar un novo reto”. A chave para saír desta dinámica é estar sempre dando o máximo, sexa a situación que sexa, porque se non, se estás psicoloxicamente mal, irá peor. Nós preferimos afrontalo da mellor maneira posible”.

As malas sensacións do campo compénsanse co desfrute nas sesións de traballo: “É verdade que o pasamos ben adestrando, con intensidade e contundencia, e con todo o que conleva un adestramento, pero intentamos pasalo o mellor posible porque ao final creo que será a diferenza de estar cos outros equipos aí abaixo, que pode pesar psicoloxicamente”, resume Iris.

Etiquetas DéporDépor ABANCAdeportivofútbolIrisIris ArnáizLiga Iberdrola FútbolRC DeportivoRCDRCD EspanyolSevilla FC
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Coñece o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

A tempada 2026-2027 comezará cun tinte favorable para as herculinas do Dépor ABANCA: xogarán o primeiro partido en casa. A...

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.