Empezar a tempada vencendo na casa por un marcador tan rotundo como un 7-1 é, sen dúbida un estupendo xeito de dar o primeiro paso competitivo. O Poio Pescamar vencía por ese marcador ao Joventud D´Elx na Seca esta fin de semana.
Desde o principio do choque as galegas do Poio Pescamar fixéronse co partido superando aoJoventud D´Elx na pista e, axina, no marcador.
O gol que abría o electrónico na Seca neste curso ligueiro 2022-23 asinábao Laura Uña aos cinco minutos de xogo a pase de Elena Aragón. A mesma Laura Uña subía o 2-0 ao marcador dous minutos despois. Desta volta a súa ‘complice’ foi Marta Peñalver.
Martita úniase á festa segundos despois co 3-0. A futbolista remataba un saque desde o curruncho que botara Luci Gómez.
A avalancha conserveira facía que as locais superan na cancha e no resultado ás visitantes. O cuarto gol chegou no minuto 8 de partido da man de Luci Gómez, que xustamente dera o terceiro a Martita.
No tramo final da primeira metade, Elena anotaba en propia porta o que, finalmente, sería o tanto da honra das visitantes. Ambos os dous equipos puxeron rumbo a vestiarios para descansar cun 5-1 (Dani Sousa marcou o quinto a pase de Rocío) no marcador e un claro dominio local na Seca.
O Poio dominou tamén a segunda metade
Moito lle tiña que dar a volta ao pertido o Joventud D´Elx para saír airoso do choque. Non cambiou o guión na segunda metade. O Poio Pescamar seguiu dominando o esférico, o xogo, o tempo e o marcador. Por moito que o Joventud D´Elx trataba de mudar as cousas sobre a cancha, nada puido facer.
Para colmo de males das visitantes, Judit era expulsada con cartón vermello por cortar un balón coa man. A superioridade numérica do Poio Pescamar serviu para que as vermellas aumentasen a súa diferencia ata o 7-1 final con goles de Dani Sousa e Julia Dupuy.
Fotos da estrea en liga e ante a nosa afección, con vitoria ante o @Joventutdelx 😍
Tedes a galería completa aquí 👇https://t.co/Fj1OVNMFBB
Pilar Soliño Ucha ©️#PoioPescamar #25AnosDePoioFS pic.twitter.com/3iTXtkacR1
— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) September 12, 2022
FICHA TÉCNICA
7) POIO PESCAMAR: Elena; Luci Gómez, Dani Sousa, Marta Peñalver e Martita – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Rocío, Irene, Laura Uña, Elena Aragón e Dupuy.
1) JOVENTUT D’ELX: Ceci; Judit, Sara, Aitana e Sasha – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Trini, Bianca, Eli, Maite e María.
GOLES: 1-0, min. 5 Laura Uña. 2-0, min. 7 Laura Uña. 3-0, min. 7 Martita. 4-0, min. 8 Luci Gómez. 4-1, min. 19 Elena (propia porta). 5-1, min. 20 Dani Sousa. 6-1, min. 37 Dani Sousa. 7-1, min. 39 Julia Dupuy.
EQUIPO ARBITRAL: Ferrero Carballal e Orbegozo Cantón. Recibiron cartón amarelo Dupuy, Marta Peñalver nas filas do Poio Pescamar e viu o cartón vermello Judit no conxunto do Joventut D’Elx.
INCIDENCIAS: Partido disputado no pavillón da Seca correspondente á primeira xornada da Primeira División da RFEF.