A Copa da Raíña da tempada 2019/2020 terá un gañador galego. Tanto o Pescados Rubén Burela como o Poio Pescamar FS superaron aos seus respectivos rivais este venres, na final four, e disputarán unha final galega.
O partido celebrarase no Martín Capena de Málaga, o domingo, ás 14:00 horas. Nel, o Burela intentará revalidar o seu título de raíñas e o Poio loitará por acadar o seu primeiro título nacional.
🏆 La #CopaDeLaReina y la Supercopa tendrá final gallega, tras vencer el @PoioPescamarfs al @UAfutsafemenino en la semifinal 🤗#Burela #Futsal @futgal @SomosFutsal #FutsalHeart🧡 pic.twitter.com/6LmNSwt07s
— Pescados Rubén Burela FS (@burelafs) December 18, 2020
O Burela gaña outra vez máis á AD Alcorcón
As Guerreiras Laranxas demostraron porque son as vixentes campioas da Copa e impuxeron o seu fútbol ao Alcorcón logrando un 5-3 no marcador. O acerto nas transicións e de cara á porteria serviulles para levarse a semifinal e ter o billete directo á final.
O técnico Julio Delgado optou por unha estratexia de media pista para darlle máis protagonismo ás rivais, logrando un rápido 4-1 nos primeiros 11 minutos de partido.
Un gran traballo en defensa, e un gol na segunda parte, permitiron ancorar o resultado no electrónico. O Alcorcón xogaba cunha presión alta e agresiva, pero sen poder loitar contra a intensidade das laranxas.
A xogadora galega do equipo madrileño, Vane Sotelo, tivo a primeira ocasión do encontro, que non foi fructífera, e o cadro galego colleu o mando do partido con Cami. Despois de dous intentos ante a porteira rival, a xogadora do Burela venceuna á terceira, abrindo o marcador.
Unha xogada de Elena Cantero e Irene Samper poñía o empate, pero esa sería o último tanto anotado polo Alcorcón. En menos de tres minutos, as Guerreiras marcaron outros tres goles, deixando clara a súa superioridade sobre a pista.
Un tanto de Cami precedeu o dobre acerto de Bea Matos antes e despois do descanso. Unha defensa férrea impediu o xogo rival, cunha actuación moi destacada de Jozi.
O cadro dirixido por Raúl Castro quixo reaccionar e pelexou polo resultado, pero sen éxito. Samper e Sotelo creaban xogadas de perigo, e esta última foi autora dun gol pola escuadra tras a recuperación ante unha posible falta sobre Cilene. A falta de cinco minutos para o pitido final, o Alcorcón seguía apretando e conseguiu o terceiro gol sobre a bocina.
Non foi suficiente, e o Pescados Rubén Burela proclamouse primeiro clasificado para a final.
O Poio precisou unha prórroga para vencer
Ás 16:00 horas foi o turno do Poio, saía á pista con Caridad, Irene, Ana Rivera, Luci e Dani Sousa como quinteto inicial. Nos primeiros minutos xa demostrou a súa pegada e nivel, logrnado varías chegadas perigosas á portería rival, do Universidad de Alicante.
No minuto 8, foi necesaria unha gran intervención de Cari na portería, cunha triple parada que impedía que as alicantinas se adiantaran. Un par de minutos despois, a ocasión estivo nas botas de Rivera, pero a gardameta rival freou as súa aspiracións.
Xa a cinco do descanso, Luci a tivo para poner por diante ao Poio, pero o seu disparo saíu desviado por moi pouco. O descanso chegou un 0-0 no marcador.
Á volta de vestiarios, unha moi boa xogada de Rivera case consegue un gol para as galegas, pero o disparo non foi entre os tres paos defendidos por Ana Romero. Uns intres despois, a tivo Dani Sousa, pero a defensa alicantina seguía forte e sen deixar paso ás galegas.
Aos seis minutos da reanudación, Lara Terrés case consegue bater a porteria de Cari pero sen éxito. Pasados os minutos a tensión no ambiente aumentaba, ao non conseguir ningún dos dous combinados atopar o gol. No minuto 33, Ana Rivera recibiu unha tarxeta amarela, que se repetiu no 37, pero para Antía. Despois dunha falta realizada por Luci a favor das alicantinas, con 35 segundos restantes no marcador, foi necesario un tempo morto.
O encontro finalizou sen gañador, polo que foi necesaria unha prórroga de dúas partes de tres minutos cada unha. O duelo seguiu sendo un pulso completamente igualado entre galegas e alicantinas, con ocasións para ambos conxuntos. Finalmente, a segundos do final do tempo engadido, Rivera destacouse como salvadora do Poio cun gol que as levará ata a final da Copa.
❗️❗️SOMOS FINALISTAS DE COPA❗️❗️
Seguimos haciendo historia y nos metemos en nuestra primera final de la #CopaDeLaReina 💯#PoioPescamar 1 – 0 @UAfutsafemenino
📆 Domingo | 14:00h | TDP 📹
Ahora, más que nunca, necesitamos sentir a la #MareaRojilla#FinalFourMálaga2020 pic.twitter.com/g8KZ8UGuUj
— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) December 18, 2020
A final terá acento galego e celebrarase o domingo, 20 de decembro, ás 14:00 horas. O partido, que celebrarase en Málaga, retransmitirase por Teledeporte.