A Liga Galega de Fútbol Gaélico disputou a súa segunda xornada co encontro entre Fillas de Breogán e Herdeiras de Dhais, con vitoria para as branquiazuis.
As locais impuxéronse por un 23-15, mentres que o outro duelo da xornada, que enfrontaba a Auriense e o Independiente / Turiona tivo que ser adiado.
No duelo disputado na Coruña, as xogadoras do Fillas de Breogán adiantáronse rapidamente no marcador, con goles de Alba Fontán, Cristina Monteserín, Vanesa Puente, Iria Quiroga, Leticia Zapata, Olalla García e Jenny González.
No bando rival, entre as Herdeiras, os tantos non chegarían ata os acertos de Laura Nercellas, Claudia Piñeiro e Lorena Pereiro, que lideraron as ofensivas visitantes. Co seu menor acerto, a vitoria sería finalmente para as herculinas, por un 23-15.
Ademais de resultar a volta á competición do fútbol gaélico para estes dous clubs, o partido tamén resultou especial por celebrarse nos campos da Torre once anos despois do primeiro encontro desta modalidade deportiva disputado en Galicia.